Noticias

Galicia es la tercera comunidad autónoma en incorporar viviendas de la Sareb que se destinarán en alquiler a afectados por ejecuciones hipotecarias o en riesgo de exclusión social

Galicia, después de Cataluña y Aragón, es la tercera comunidad autónoma española que ha decidido incorporar viviendas procedentes de la Sociedad de Gestión de Activos Procedentes de la Reestructuración Ordenada Bancaria (Sareb), ubicadas en grandes ciudades y sus entornos, con el fin de destinarlas a la inserción social de las familias gallegas más necesitadas. Según las cifras facilitadas por la Xunta, la Sareb se deshizo en la comunidad gallega de un total de 480 inmuebles en el año 2014.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Xunta de Galicia xestionará, nunha primeira fase, cincuenta vivendas cedidas pola Sociedad de Xestión de Activos Procedentes da Reestructuración Bancaria (Sareb, S.A.), segundo establece o convenio de colaboración asinado entre a dita sociedade e o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), cunha duración de catro anos prorrogable. Despois de que o Consello da Xunta autorizara este convenio, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, e o director xeral da entidade, Óscar García Maceira, acompañado pola directora de Patrimonio, Olga Guitián, rubricaron o convenio de cesión destes inmobles de xeito inmediato e aos que se sumarán de forma progresiva nos novas vivendas.

A sinatura deste acordo supón a posta en marcha efectiva do Plan rehaVIta, aprobado o pasado mes polo Consello da Xunta co obxectivo prioritario de facilitar o acceso á vivenda e evitar situacións de risco de exclusión social.
Durante o acto de sinatura do convenio, Ethel Vázquez salientou que unha vez que as vivendas cedidas sexan debidamente analizadas polos técnicos do Instituto Galego da Vivenda e Solo, procederase a adxudicalas a familias afectadas por execucións hipotecarias ou a aquelas que estean en situación de emerxencia social.

A conselleira de Medio Ambiente explicou que esta adxudicación farase en condicións semellantes as que se empregan coas vivendas de promoción pública propiedade da Xunta, xa que será en réxime de alugueiro e cunha renda mensual que en ningún caso poderá superar o 30% dos ingresos da unidade familiar adxudicataria.

Os adxudicatarios das vivendas pagarán unicamente o importe do alugueiro das mesmas e os consumos que orixinen (enerxía, auga, etc.), pero non lles corresponderá aboar os gastos de comunidades e taxas ou impostos da vivenda, que serán por conta de Sareb, así como os gastos extraordinarios de mantemento da habitabilidade e reparacións das vivendas. Pola súa parte, o IGVS farase cargo dos gastos correspondentes á obtención do certificado de eficiencia enerxética se a vivenda non dispón del, gastos de mantemento e reparacións ordinarias e de xestión e administración dos alugueiros.

O convenio entre o IGVS e a Sareb terá unha duración de catro anos prorrogables por períodos dun ano. Unha vez que finalice o convenio, o IGVS devolverá á Sareb as vivendas baleiras ou con contratos en vigor. Os técnicos do IGVS comprobarán o estado das vivendas cedidas pola Sareb para determinar as actuacións necesarias previas á súa adxudicación.

Este acordo coa Sareb supón materializar unha das primeiras medidas recollidas no Plan de vivenda de Galicia, aprobado polo Consello da Xunta e presentado no Parlamento de Galicia pola conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, como unha planificación estratéxica que guiará as políticas públicas en materia de vivenda nos próximos cinco anos.

O Plan rehaVIta é o primeiro plan de vivenda que elabora integramente a Xunta de Galicia e ten como obxectivo principal de facilitar o acceso á vivenda ás persoas que máis o necesitan e previr a exclusión residencial. As medidas recollidas no plan suporán un investimento de preto de 600 millóns de euros, dos cales 307 millóns serán fondos públicos, e cunha previsión de beneficiar máis de 152.000 galegos.

Fotografía: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia

R., 2015-03-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (vacina-gripe-2026.jpg) A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
Foto de la tercera plana (empresas-transformacion.jpg) O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.

Notas

Anne L'Huillier, Premio Nobel de Física en 2023, visita esta semana Santiago de Compostela no marco do Programa ConCiencia da USC e do Consorcio de Santiago. Entre o extenso programa de actividades previsto, a profesora da Universidade de Lund (Suecia) pronunciará o 2 de outubro, ás 19.30 horas, no Auditorio ABANCA (Rúa Preguntoiro, 23. Santiago), a conferencia ‘O mundo dos átomos á escala de tempo do attosegundo’, aberta ao conxunto da cidadanía.
Como 'unha selección de miradas' a un 'territorio híbrido entre arte e ciencia' preséntase un libro editado polo grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes, en colaboración co grupo AF4, da Escola de Enxeñaría Forestal, que fai balance das reflexións xurdidas nas tres primeiras edicións do ciclo de encontros científicos Art at the Edge of Nature, que puñan o foco nas conexións da creación artística co medio ambiente, a sustentabilidade, os novos materiais ou as humanidades dixitais.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES