
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:
A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, reclamou o cese da conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, por ética logo de ter secuestrado un informe elaborado pola Comisión de Bioética do Sergas para analizar o impacto dos recortes de Feijóo na equidade do sistema sanitario público, e que provocou a dimisión en cascada de 9 dos 17 membros do órgano consultivo.
Reprochoulle a Feijóo que se poña de perfil, cruzado de brazos fronte á xestión despótica, caciquil e censuradora de Mosquera, que pon a guinda ao rosario de recortes, copagos, privatizacións a favor de empresas amigas e nepotismo no reparto de xefaturas de servizo a maridos e amigos. Alertouno dunha espiral de despotismo coa que hoxe négalle falar sobre estes feitos, pero pronto pode impedirlle que a cese.
Mentres o presidente da Xunta quere pasar de puntillas e mirando a outro lado, dixo, a conselleira de Sanidade, nervosa e chea de soberbia demóstrase incómoda coa ética sanitaria. Así o fixo saber ao secuestrar un informe sobre o impacto do Real Decreto 16/2012, de sostibilidade do SNS na poboación, unha norma que está a provocar o aumento das desigualdades e da mortalidade nos sectores mais desfavorecidos.
Acuña revelou que o debate interno na Comisión de Bioética xa supuxera dúas dimisións no comezo da elaboración do informe, diante da actitude do presidente do órgano, o director xeral de Asistencia Sanitaria, que quixo obstaculizar e prolongar os debates deliberadamente. O traballo continuou coa manipulación e dulcificación dos estudos, mesmo chegando a modificar a denominación do informe.
Isto non impediu que a conselleira confiscara o informe, provocando as outras sete dimisións dos integrantes do órgano logo de agochar un documento que debe ser públicos como tódolos que elabora a Comisión, por moito que Mosquera o cualifique de informe interno e queira converter as renuncias en recambios.
Os socialistas reclaman a comparecencia da conselleira de Sanidade e solicitan a entrega do dito informe, ademais de anunciar unha batería de preguntas, interpelacións e proposicións non de Lei para coñecer por qué a Xunta está tan preocupada en agochar o documento á luz pública. Acuña quere coñecer tamén informe orixinal para comparar o que pasou no seo da Comisión.
A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.