Noticias

El Consello da Cultura Galega digitaliza las publicaciones de los congresos de Rosalía y Cunqueiro para que puedan consultarse desde cualquier dispositivo

Las actas de los congresos sobre las figuras de Álvaro Cunqueiro y Rosalía de Castro, celebrados en 2011 y 2013 respectivamente, son los primeros textos digitalizados que se pueden consultar en la nueva aplicación del Consello da Cultura Galega que permite acceder desde cualquier dispositivo (teléfono móvil, ordenador, tablet...).

Nota de prensa del Consello da Cultura Galega:

Rosalía de Castro no século XXI. Unha nova ollada e Mil e un Cunqueiros comparten o feito de ser congresos que procuraron no seu momento afondar e revisar o legado de dous dos galegos máis senlleiros da nosa cultura. Agora, o Consello da Cultura Galega presenta as que xurdiron desas citas, e faino nun formato dixital que adapta e maqueta os contidos en función do dispositivo de lectura. “Demos un novos salto na edición dixital con dous autores de referencia, dous soñadores como son Rosalía e Cunqueiro, pero queda aínda moito traballo por facer” apuntou Ramón Villares, presidente do CCG, nunha rolda de prensa na que tamén estaban Dolores Vilavedra, Manuel Forcadela, Anxo Angueira e Rosario Álvarez, en representación dos coordinadores desas citas.

“Un congreso se non queda recollido nunha publicación son palabras que leva o vento” apuntou Rosario Álvarez, vicepresidenta do Consello da Cultura Galega ao detallar a súa relevancia académica e social da presentación. As dúas publicacións dixitais anunciadas hoxe superan as dúas mil páxinas, suman máis de cen textos doutros tantos autores que se organizan seguindo a estrutura dos congresos aos que remiten. “Foi un proxecto ambicioso que exhibe un concepto do coñecemento en aberto a partir da difusión na rede” contextualizou Dolores Vilavedra, que alén de editora e organizadora é coordinadora da Sección de Lingua, Literatura e Sociedade do Consello da Cultura Galega.

Estas dúas publicacións, coas que se estrea unha nova forma de presentar os contidos, son de grande importancia para a cultura galega. Manuel Forcadela asegurou que “fan parte do noso tesouro patrimonial”. No caso de Rosalía, a publicación serve para evidenciar a vixencia da súa obra, para poñer de relevo as novas perspectivas de análise que se foron producindo nas últimas décadas, nomeadamente desde o punto de vista dos estudos de xénero e dos poscoloniais. A publicación recolle o testemuño daquela cita en 60 textos, agrupados nos bloques en que se estruturou o congreso do ano 2013. Daquela, a coincidir co 150 aniversario da publicación de Cantares gallegos, o Consello da Cultura Galega organizou este congreso físico, outro virtual, unha exposición e numerosas citas de carácter cultural por toda Galicia, Madrid e Barcelona.

Co gallo doutra efeméride, o centenario do nacemento de Álvaro Cunqueiro, en 2011 o Consello da Cultura Galega organizou un gran congreso que revisou o legado do escritor mindoniense e fixo balance dos estudos cunqueirianos. A publicación dixital presentada hoxe recolle as 7 conferencias e 25 comunicacións presentadas no Congreso, así como as intervencións nas 4 mesas redondas. Os materiais foron organizados en función de criterios temáticos, tendo en conta as áreas temáticas que se lles propuxeron ás persoas participantes, e que serviron para articular as sesións congresuais. Tamén incorpora as achegas dos intervenientes nos faladoiros que o CCG organizou en diferentes vilas e cidades (Madrid, Ferrol, Pontevedra, Barcelona…), a modo de complemento local do Congreso. Esta publicación permite ver olladas desde fóra, é dicir, “estudos de especialistas estranxeiros que poden achegarse ao autor máis ceibes dos prexuízos que ás veces nos condicionan a nós, e as achegas que permiten ir reconstruíndo a cultura do franquista, e o papel xogado nela por Cunqueiro, así como as súas estratexias de construción narrativa” puntualizou Dolores Vilavedra.

As publicacións que agrupan as contribucións sobre Rosalía de Castro e Álvaro Cunqueiro feitas nos dous congresos organizados polo Consello da Cultura Galega serviron de campo de probas para presentar unha nova forma de edición dixital. Manuel Gago, técnico da institución, explicou na rolda de prensa que este novo concepto ten dúas grandes potencialidades. Dunha banda “mellora as posibilidade de difusión científica”; da outra, a ferramenta presentada permite que o contido “recoñeza o dispositivo (tableta, móbil, ordenador e tamén en papel) e o adapta a el”. Todo isto redunda, na súa opinión, “nunha mellora da experiencia de lectura con respecto do papel”.

R., 2015-02-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (proxecto-xenoma-galicia.jpg) O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
Foto de la tercera plana (womex-2026.jpg) A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.

Notas

A Universidade de Vigo acollerá os días 4, 5 e 6 de novembro a 5th European School on Environmental Applications of Advanced Oxidation Processes (5thEPS-AOPs), un encontro científico internacional que reunirá expertos, persoal investigador, estudantes de doutoramento e representantes do sector empresarial para abordar os últimos avances en tecnoloxías de descontaminación ambiental e tratamento sostible da auga.
A UDC pon en marcha InPacto, unha iniciativa que busca achegar a investigación de excelencia á cidadanía e fortalecer a conexión entre universidade, empresa e sociedade. Este programa reúne por primeira vez nun proxecto común ao persoal investigador Ramón y Cajal (R&C) da UDC para desenvolver unha programación de actividades de divulgación, transferencia de coñecemento e participación social.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES