
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
Segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE), no mes de xaneiro de 2015 Galicia rexistrou un crecemento no volume de viaxeiros aloxados nos seus establecementos hoteleiros galegos do 11,9% ata situarse nos 136.110 viaxeiros. Deste xeito, por vez primeira dende o ano 2008 a cifra de viaxeiros aloxados no mes de xaneiro creceu en termos interanuais.
Subiron tamén as pernoitas rexistradas no primeiro mes do ano na nosa comunidade nun 1,9% ata acadar preto de 250 mil neste período.
A nivel estatal rexistrouse tamén un comportamento positivo da demanda hoteleira, con melloras tanto da cifra de viaxeiros aloxados coma das pernoitas incrementáronse nun 7,6% e nun 4,1% respectivamente-. Compre destacar que, en termos de viaxeiros, a nosa comunidade rexistrou no pasado mes a cuarta taxa máis elevada de incremento interanual, só superada por Castela A Mancha, Asturias e Madrid.
O turismo receptor presentou no pasado mes de xaneiro un comportamento positivo na nosa comunidade. Así, o turismo receptor nacional incrementou a cifra de viaxeiros nun 8,4% e as súas pernoitas nun 9,2% e o turismo receptor internacional un 22,5% os seus viaxeiros e un 13,6% as súas pernoitas. Deste xeito, confírmanse neste primeiro mes do ano dúas tendencias: a recuperación do turismo nacional procedente de fóra de Galicia e a continuidade do crecemento do turismo internacional.
A ocupación hoteleira tamén mellorou no pasado mes de xaneiro en 0,3 puntos porcentuais. Neste ámbito o incremento deste ano engádese ao rexistrado nos dous anteriores a ocupación subira en 0,5 puntos en 2013 e en 0,3 puntos en xaneiro de 2014-.
Así mesmo, as tarifas hoteleiras en Galicia subiron tamén no primeiro mes do ano, nun 1,6%, situándose en 46,2 euros de media. A mellora dos niveis de demanda e ocupación neste mes de xaneiro, acontecida nun contexto de subida dos prezos hoteleiros, permitiu aos establecementos hoteleiros da nosa comunidade incrementar os seus niveis de rendibilidade en relación ao mesmo período do 2014 o RevPar subiu un 8,4%-.
Dende o 1 de xaneiro ata o 23 de febreiro chegaron a Santiago un total de 2.447 peregrinos. Deles, o 57,34% foron estranxeiros e o 42,66% restantes eran españois.
Neste período recolleron a Compostela na Oficina de Acollida ao Peregrino de Santiago 844 peregrinos máis que no mesmo período do 2013, o que supón un incremento do 52,65%.
Por nacionalidades destacan os peregrinos procedentes dos seguintes países: España -780-, Corea -213-, Italia -94-, Portugal -71-, Alemaña -55-, Estados Unidos -44-, Francia -37-, Xapón -30-, Australia -29-, Brasil -27-, México -22-, Reino Unido -22-, e China -19-.
Imagen: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia
A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.