Noticias

La Xunta dice que apoyará a las Universidades y se compromete a evaluar la situación de las titulaciones antes de abordar los precios de máster

El nuevo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de la Xunta, Román Rodríguez, ha mantenido su primera reunión con los rectores de las tres universidades gallegas durante la que han acordado varias llamadas al trabajo conjunto para afrontar los retos que deben abordar ante la reforma de grados y la adaptación al sistema de tres años de carrera y dos de Máster, frente al modelo actual de 4+1. Se han comprometido a iniciar un proceso de evaluación de las titulaciones para buscar el mejor modelo.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González, reuniuse cos reitores das tres universidades do Sistema Universitario de Galicia co fin de acordar unha acción coordinada na aplicación voluntaria do Real Decreto polo que se modifica o Real Decreto 1393/2007 que establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, así como o Real Decreto 99/2011 polo que se regulan as ensinanzas oficiais de doutoramento; un texto que permite flexibilizar a duración dos graos entre os 180 e os 240 créditos. Esta primeira xuntanza serviu para abrir un proceso de diálogo, en aras de conseguir o mellor resultado para o alumnado do SUG neste proceso. “Agardamos que este proceso, que aínda ten certo tempo para implementarse nos permitan chegar a puntos de encontro que redunden na mellor universidade e formación posible, e que os titulados de hoxe nos posibiliten ter unha Galicia mellor no futuro”, sinalou o conselleiro.

Neste momento a Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE) ten en marcha un proceso de avaliación da totalidade das titulacións, co fin de sinalar as que serían susceptibles de acurtar a súa duración a 3 anos sen prexuízo de manter a calidade da docencia e a posibilidade de acceso ao mundo laboral, así como a conveniencia académica e profesional da transformación en cada caso. Unha vez rematado o traballo da CRUE, a Consellería abordará de novo cos 3 reitores a aplicación concreta do Real Decreto en Galicia, respectando as decisións que as universidades tomen neste sentido no desempeño da súa autonomía.

Na xuntanza o conselleiro considerou factible e axeitado o prazo acordado pola CRUE para comezar a impartir os primeiros graos con esta nova duración no curso 2017-2018. Neste sentido cómpre lembrar que un grao que se implantara en setembro de 2017 tería que presentar a solicitude de envío a verificación en xullo de 2016, polo que o prazo suxerido pola CRUE é necesario para que cada universidade poida traballar na adaptación dos graos que considere conveniente mudar.

Outro dos temas abordados na reunión foi a posibilidade de reducir o prezo dos créditos dos máster universitarios, titulacións que neste momento só representan o 8,55% do alumnado do SUG, polo que baixar a duración dos graos un ano suporá un gran aforro para as familias, así como de tempo para o estudantes. Neste sentido a Consellería recordoulles aos reitores que, de respectar os prazos acordados pola CRUE, os máster vinculados aos graos de 3 anos comezarían a impartirse no curso 2021-2022, polo que aínda existe unha ampla marxe temporal para abordar esta cuestión. En calquera caso, cómpre lembrar que Galicia é actualmente a Comunidade cos prezos de matrícula máis baixos en graos universitarios e que o prezo medio do crédito de máster na nosa comunidade está moi por debaixo da media de España.

Polo tanto, unha vez definidos os títulos susceptibles de transformación, será o momento de abordar a posibilidade de modificar os prezos públicos dos máster para continuar garantindo o acceso do alumnado á universidade en igualdade de condicións.

Fotografía: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia

R., 2015-02-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (vacina-gripe-2026.jpg) A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
Foto de la tercera plana (empresas-transformacion.jpg) O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.

Notas

Anne L'Huillier, Premio Nobel de Física en 2023, visita esta semana Santiago de Compostela no marco do Programa ConCiencia da USC e do Consorcio de Santiago. Entre o extenso programa de actividades previsto, a profesora da Universidade de Lund (Suecia) pronunciará o 2 de outubro, ás 19.30 horas, no Auditorio ABANCA (Rúa Preguntoiro, 23. Santiago), a conferencia ‘O mundo dos átomos á escala de tempo do attosegundo’, aberta ao conxunto da cidadanía.
Como 'unha selección de miradas' a un 'territorio híbrido entre arte e ciencia' preséntase un libro editado polo grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes, en colaboración co grupo AF4, da Escola de Enxeñaría Forestal, que fai balance das reflexións xurdidas nas tres primeiras edicións do ciclo de encontros científicos Art at the Edge of Nature, que puñan o foco nas conexións da creación artística co medio ambiente, a sustentabilidade, os novos materiais ou as humanidades dixitais.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES