
Nota de prensa de Queremos Galego:
Miles de persoas e colectivos representativos da ampla diversidade social que defende a lingua galega mostraron por diferentes medios o seu apoio á convocatoria da plataforma cidadá Queremos Galego de manifestación do domingo 8 de febreiro en Santiago de Compostela. Entre os que deron o seu apoio á marcha que partiu desde a Alameda compostelá están os actores e actrices Ricardo de Barreiro, Quico Cadaval, Pepe Penabade, Laura Ponte, Lucho Penabade, Pepe Penabade, Isabel Risco, Teresa Rodríguez e Iria Sobrado.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del BNG:
O BNG participou na manifestación en defensa do galego convocada pola plataforma Queremos Galego baixo o lema Polas fillas dos nosos fillos celebrada en Santiago, para defender a supervivencia e a normalidade dun idioma milenario e de cultura, en palabras do portavoz nacional, Xavier Vence, que encabezaba a ampla representación do Bloque.
Vence lamentou a falla de apoio das institucións para o idioma que é de todos e todas, con independencia de ideoloxía ou cor política, animou a sentir orgullo dunha lingua que forma parte da construción do noso pobo e convidou a desfrutar das súas creacións artísticas, para que siga a ser un idioma vivo e a mellor expresión deste país.
Temos dereito a que o noso idioma siga vivo e non sexa desprezado polas institucións estatais, autonómicas que renegan da defensa dun dos nosos sinais de identidade, e criticou a política lingüística do PP. Non aproveitou o autogoberno para defender o idioma, o autogoberno debe ser un dos principais valedores e axentes de prestixio do idioma e, hoxe por hoxe, non vemos ese compromiso na Xunta, ni no presidente nin no seu goberno.
O portavoz do Bloque deixo claro que defender e reivindicar a lingua propia do país non é politizalo, por contra, politizan o idioma quen lexisla en contra del.
O idioma é a expresión máis xenuína dun pobo porque é o seu vehículo de comunicación, os únicos que politizan o idioma son os que lexislan en contra del, os que fan leis para acortar os espazos de uso do idioma, os que fan leis que en lugar de promover o uso do idioma levantan barreiras e dificultades e emiten mensaxes negativas da nosa lingua, argumentou.
Reivindicar o idioma non é politizalo, senón reivindicar a normalidade dunha das mellores aportacións deste pobo á humanidade, concluíu.
Fotografía: http://www.queremosgalego.org
A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.