
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O Instituto Galego de Estatística (IGE) vén de publicar hoxe a Estatística sobre os nomes máis frecuentes da poboación, a través da cal pódese por primeira vez coñecer a evolución histórica dos nomes en función da localidade, o xénero ou a década (dende antes de 1930 ata a década actual).
A estatística ofrece información relativa aos nomes da poboación que ten fixada a súa residencia na Comunidade Autónoma de Galicia, e permite tamén coñecer a distribución comarcal de calquera nome.
Se o usuario realiza unha comparativa entre os nomes máis frecuentes das mulleres na década de 1930 e na de 2010, comprobará que entre os dez máis usados nesas dúas épocas, só un deles coincide e é o de María. E comprobará tamén que no 1930 ocupaba o segundo lugar, mentres que no 2010 pasou a situarse en novena posición.
Con respecto aos nomes masculinos, a mesma comparativa mostra que entre os dez primeiros máis frecuentes só coincide o de Manuel, e ao igual que sucedía no caso das mulleres a posición que ocupa na listaxe é moi diferente: o segundo lugar nos anos 30 e o décimo na década de 2010.
Entre os dez nomes de mulleres máis frecuentes na década vixente, destacan aqueles que son curtos, na súa maioría de dúas sílabas como Sara, Noa, Carla ou Paula. Todo o contrario do que ocorría en 1930, cando os nomes eran longos coma Purificación e compostos, coma María del Carmen, María Luísa ou María Dolores.
No caso dos homes, na actualidade sobresaen os nomes de orixe bíblica ou cristiá como Mateo, Pablo, Daniel ou Nicolás, fronte aos longos e compostos da década dos 30 coma Francisco, Fernando, José María ou José Manuel.
Por outra banda, se se amplía a mostra e se teñen en conta os 20 primeiros nomes, pódese ver como na actualidade medra a tendencia a empregar nomes galegos tanto para as nenas (Noa, Antía, Uxía ou Sabela) como para os nenos (Brais, Iago ou Anxo).
A estatística pódese consultar no seguinte enlace:
http://www.ige.eu/igebdt/esq.jsp?idioma=gl&ruta=onomast/nomdecadas.jsp
Fotografía: archivo GD/Xunta de Galicia.
A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.