
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O programa Galicia a todo tren converteuse no gran protagonista da programación de Turismo de Galicia na segunda xornada da Feira Internacional de Turismo de Madrid, Fitur.
O expositor de Galicia acolleu, en presenza da Ministra de Fomento, Ana Pastor, a firma entre a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, o presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, e o presidente de Renfe, Pablo Vázquez, do convenio de colaboración para a promoción conxunta de actividades relacionadas co ferrocarril e co sector turístico de Galicia.
Deste xeito, grazas a este convenio un ano máis poñerase en marcha neste 2015 o programa Galicia a todo tren que incluirá o tren Al-Ándalus, os Trens Turísticos de Galicia, o Galicia Rail Pass e o Train and Breakfast Camiño de Santiago.
A directora de Turismo de Galicia afirmou que Galicia a todo tren é un proxecto diferencial do destino con grandes dosis de competitividade no mercado turístico. Así mesmo, Nava Castro afirmou que esta iniciativa proporciona ao viaxeiro un novo modo de descubrir algúns dos recursos turísticos máis singulares de Galicia.
A responsable de Turismo de Galicia sinalou o gran éxito co que cerrou a campaña dos Trens Turístico o pasado ano ao rexistrar máis de dos mil viaxeiros e unha ocupación do 81,71%. Nesta liña, Nava Castro destacou a creación de sinerxias entre os diferentes sectores e axentes, a conciliación do aproveitamento turístico dos territorios e a preservación do medio como factores fundamentais no éxito deste produto.
Así mesmo, nesta xornada, o produto Trens Turísticos de Galicia foi galardoado na XX Edición dos Premios de Turismo Activo de Fitur como Mellor Produto de Turismo Activo Nacional na modalidade de cultura.
O premio, concedido pola organización de Fitur en colaboración coa Revista Aire Libre, recoñeceu así o traballo de Turismo de Galicia no desenvolvemento de proxectos que amplían a oferta turística da comunidade a través da adopción de políticas turísticas que fomentan o desenvolvemento sostible.
O expositor de Galicia acolleu nesta segunda xornada 14 presentacións
A directora de Turismo de Galicia participou tamén ao longo do día en diversos actos e presentacións de promoción turística da Comunidade.
O expositor de Galicia acolleu nesta segunda xornada de Fitur un total de catorce presentacións organizadas por Turismo de Galicia, o Concello de Laracha, o Concello de Lugo, Área Santiago, Turismo de Santiago, Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, o Inorde da Deputación de Ourense, o Grupo de Acción Costeira (GAC4), a Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Camariñas, Expourense a Eurocidade Chaves-Verín, o Concello de Catoira, a Mancomunidade do Salnés e a Asociación Solpor.
A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.