
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que acompañou ao ministro do Interior no acto de homenaxe aos membros do Corpo Nacional de Policía falecidos na praia do Orzán e a todos os caídos en acto de servizo, referiuse aos Heroes do Orzán como un espello no que todos os galegos e españois podemos mirarnos.
Esta homenaxe é unha proba máis de que a sociedade española non esquece os seus heroes. José Antonio, Rodrigo e Javier deron a súa vida pola causa máis elevada: a defensa duns valores que todos os cidadáns admiramos, aseverou, ao que engadiu que estes tres axentes quedarán para sempre na nosa memoria como exemplos de valentía, de cumprimento do deber e de xenerosidade.
Durante a súa intervención, o responsable do Goberno galego incidiu en que co seu xesto os tres axentes demostraron unha xenerosidade extrema, e expresou o seu convencemento de que todos os galegos e todos os españois do futuro estarán profundamente orgullosos do que fixeron.
Fotografía: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia
A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.