
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou a aprobación do texto do decreto polo que se regula o dereito a pedir unha segunda opinión médica, que será remitido agora ao Consello Consultivo. Segundo sinalou, trátase dun decreto co que se garante aos cidadáns a posibilidade de contrastar un primeiro diagnóstico ou unha indicación terapéutica en relación a determinados supostos de enfermidades, tanto desde o punto de vista do diagnóstico, como da posible evolución e tratamento, ou das potenciais consecuencias que poida ter para a saúde.
Na rolda de prensa posterior á reunión do Consello da Xunta, Feijóo explicou que con este decreto preténdese, en definitiva, facilitar ao paciente unha maior información que afiance a seguridade da decisión que tome, de xeito informado, consciente, participativo e autónomo. Neste momento, proseguiu, o Sergas xa está ofrecendo o dereito á segunda opinión médica no caso das enfermidades neoplásicas malignas, neurolóxicas e dexenerativas invalidantes, en doenzas graves con causa hereditaria, e naquelas chamadas enfermidades raras, que rexistran un índice de afección de cinco casos por cada dez mil habitantes, observou.
Como novidades principais que se inclúen no texto, salientou a redución dos prazos para a tramitación administrativa da solicitude de segunda opinión, que antes era de 30 días e agora pasará a ser de 10 días hábiles para achegar unha resposta. E, tamén, a ampliación dos procesos aos que será aplicable. Sobre este segundo aspecto, o responsable do Goberno galego resaltou que con esta iniciativa inclúese a totalidade da neoplasia maligna, fronte á situación anterior, onde se excluían os cancros de pel que non foran melanomas.
Así mesmo, precisou que o decreto establece expresamente a posibilidade de solicitar unha segunda opinión no caso de recidivas tumorais malignas, e no caso de que aparezan novos tratamentos de curación ou mellora da calidade de vida daquelas persoas que padezan unha enfermidade incluída nos supostos do decreto.
Feijóo referiuse a este texto como a proba do compromiso do Goberno galego para seguir ampliando as prestacións do sistema galego de saúde, incrementando os supostos nos que os pacientes teñen dereito a unha segunda opinión, e reducindo os prazos nos que se resolve.
Nesta liña, lembrou que para avanzar a prol dunha mellor atención sanitaria para todos os galegos, a Xunta está a levar a cabo medidas no ámbito dos medios materiais como, por exemplo, a aprobación dun investimento de 88 millóns de euros para a renovación da tecnoloxía do Sergas, o maior plan renove de tecnoloxía dos últimos 25 anos. Tamén, no eido das infraestruturas, finalizando os hospitais novos, ampliando os actuais, e ampliando e finalizando os centros de saúde comprometidos. E, no ámbito normativo, destacou as medidas encamiñadas a cumprir coa folla de ruta establecida coa aprobación da Lei de Garantía Sanitarias.
No tocante a isto, Feijóo resaltou a aprobación definitiva do decreto que regula o funcionamento do Rexistro galego de instrucións previas sobre os coidados e tratamento de saúde, ou o inicio da tramitación do decreto que regula o sistema de garantía de tempos máximos de acceso ás prestacións sanitarias públicas.
A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.