
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou que a nova achega do Goberno de España de 17 millóns de euros para as obras e restauración da Catedral de Santiago, xunto co Plan director elaborado desde 2009 e cun amplo horizonte temporal de 12 anos, permitirán que siga sendo a nosa grande obra colectiva, ao tempo que sitúa este monumento onde merece estar, na elite das máis excelsas catedrais europeas.
Durante a sinatura do protocolo de colaboración para actuacións de restauración no conxunto catedralicio de Santiago no que participaron, ademais do titular da Xunta, o presidente do Goberno español, Mariano Rajoy, o alcalde da cidade, Agustín Hernández, e o deán-presidente do Cabido da Catedral, Feijóo aseverou que a implicación do Goberno central marcará un antes e un despois no desenvolvemento do Plan director do conxunto patrimonial que mellor representa o destino internacional da cultura galega. E faino dixo-, a través deste protocolo que acabamos de asinar hoxe, no que todos nos comprometemos a colaborar na conservación da Catedral de Santiago, para poñela á disposición da humanidade enteira.
A Catedral deunos moito, moitísimo, a todos os galegos, e por iso estamos aquí, facendo gala dunha magnífica colaboración institucional, para expresar con feitos o noso agradecemento para sempre, incidiu, logo de lembrar o compromiso da Xunta con este monumento, reflectido nos máis de seis millóns de euros que os distintos gobernos galegos destinaron, desde 1.985 e ata o ano 2008 a obras de conservación e restauración deste histórico edificio, en zonas como a fachada de Praterías ou no enreixado do Obradoiro.
Feijóo referiuse, tamén, ao Plan director da Catedral, para cuxo desenvolvemento o Executivo autonómico e a Fundación Catedral xa achegaron, entre o que se leva executado e o comprometido, preto de 6 millóns, investidos en actuacións como a restauración da fachada da Acibechería ou a Torre do Reloxo, xa realizadas; a restauración das torres da fachada central, en execución; ou a da Peineta, prevista para 2015. E destacou que debido á dureza do pasado inverno, que afectou seriamente o edificio, a Xunta acaba de revisar o plan de actuacións de restauración.
Se ben nunca saberemos como terían sido nin a historia de Galicia, nin boa parte da historia de España, nin unha boa parte da historia de Europa e o mundo sen a existencia da Catedral e do Camiño, o presidente autonómico aseverou que si sabemos que a Catedral axudou decisivamente a conformalos e a darlles nobres obxectivos, que se renovan con cada peregrino que chega a Compostela.
A Galicia, a nosa Catedral estalle lembrando sempre que é unha terra-pórtico, onde os muros son contrarios á súa natureza. A nosa vocación é recibir, é acoller culturas, é servir de nave central a unha coral de sentimentos e identidades, aseverou. Grazas á herdanza xacobea, sentímonos máis libres formando parte de grandes ideas, formando parte de grandes realizacións e, en consecuencia, formando parte de grandes horizontes, dixo, para engadir que a España, a nosa Catedral lémbralle que os momentos de incerteza son superables cando o rumbo está claro.
Ao longo da súa intervención, Feijóo afirmou que se agora podemos admirar unha obra completa e harmónica, é porque houbo homes e mulleres que non se resignaron. Xurdiu entón un incipiente galeguismo, que non se conformaba con imaxinar un país, senón que quería algo máis; quería crealo, lembrou, insistindo en que é ese compendio entre pensamento e acción o que fai que un pobo sexa forte, que non se perda nin na especulación estéril, nin no pragmatismo frío.
O presidente da Xunta referiuse á Catedral de Santiago como unha vitoria sobre o tempo, o triunfo da vontade humana e demostra que a tenacidade pode ser invencible. Foi e seguirá a ser a nosa grande obra colectiva, a demostración do noso desexo de perdurar e de estreitar a man cos demais pobos do mundo, concluíu.
A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.