
Al finalizar el Consello de la Xunta, ha dado por finalizado el trabajo interno para desarrollar estas directrices y ha subrayado que ahora se inicia el periodo de alegaciones y consultas con el objetivo de involucrar a los ciudadanos "a través de los ayuntamientos", que son las autoridades urbanísticas más próximas. El objetivo principal, según Feijóo, es contar con un mejor conocimiento y diagnóstico de las áreas de paisaje existentes en Galicia para poder acometer una "mejor" gestión y protección. Para lograr un mejor conocimiento y diagnóstico se está trabajando en el Atlas de los Paisajes de Galicia, en el que se integrarán 50 catálogos.
Feijóo ha aludido a la creación de un sello de reconocimiento para distinguir a aquellos proyectos o actuaciones que sean destacables por su adecuada integración paisajística. "Estamos hablando de crear una marca de calidad que ponga en valor que existen formas de hacer bien las cosas desde el punto de vista paisajístico", ha resumido el presidente gallego.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
Logo da aprobación do Plan do litoral, aprobadas as directrices de ordenación do territorio e a piques de rematarse a nova Lei do solo, o presidente do Goberno galego destacou, tras o Consello, a incorporación a esta estrutura dun cuarto piar: a estratexia da paisaxe para os próximos anos. A Consellería de Medio Ambiente presentou ao Goberno a folla de ruta que permitirá a Galicia ser a primeira comunidade en contar cunhas Directrices da paisaxe. Unha folla de ruta que damos por rematada a nivel interno e que, agora, inicia o período de alegacións e consultas co obxectivo de involucrar aos cidadáns a través dos concellos, que son as autoridades urbanísticas máis próximas, aseverou.
O obxectivo principal, segundo precisou Feijóo, é contar cun mellor coñecemento e diagnóstico das áreas de paisaxe existentes en Galicia para poder levar a cabo unha mellor xestión e protección. Así, para lograr un mellor coñecemento e diagnóstico, xa se está a traballar no Atlas das Paisaxes de Galicia, no que se integrarán 50 catálogos da paisaxe.
Así mesmo, a Xunta asume o obxectivo final de lograr unha mellor xestión da paisaxe como elemento central da garda e custodia do territorio que temos que legar, a través de dúas decisións: incrementando a oferta docente na Egap que permita formar a técnicos especialistas nesta materia; e integrando a paisaxe en todas e cada unha das decisións que adopte o Goberno galego, é dicir, que a integración paisaxística sexa un criterio en todas as actuacións que se fagan desde a Administración, do mesmo xeito que o é, por exemplo, a viabilidade económica.
Feijóo destacou ademais a necesidade de seguir afondando na concienciación e sensibilización dos galegos nun dobre sentido: cunha labor de divulgación, que asente unha nova cultura paisaxística en Galicia; pero tamén cunha labor de incentivación, cun selo de recoñecemento que será outorgado a aqueles proxectos ou actuacións que sexan salientables pola súa axeitada integración paisaxística. Estamos a falar de crear unha marca de calidade que poña en valor que existen formas de facer ben as cousas desde o punto de vista paisaxístico, explicou o presidente da Xunta, en relación a este último aspecto.
A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.