Noticias

Carlos Blanco y Luis Davila estrenan Menú do día en el Salón Teatro de Santiago de Compostela

El espectáculo Menú do día, protagonizado por el actor Carlos Blanco y el humorista gráfico Luis Davila, se presenta en la capital gallega el 31 de mayo, en una original propuesta en la que Davila irá dibujando en directo las historias que cuenta Carlos Blanco como "Dora A Desbrosadora", "Os kiwis" y "As bravas do país". Jepa Kunkera y Budiño componen la banda sonora de esta propuesta donde las viñetas suben a escena.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O Salón Teatro da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acolle o sábado 31 de maio unha sesión dobre de ’Menú do día’, o novo espectáculo do actor Carlos Blanco xunto ao debuxante Luis Davila, para a que xa están esgotadas as entradas. Con estas dúas funcións no espazo compostelán, programadas ás 20.00 e ás 22.30 horas, ambos os humoristas rematan a xira de presentación da súa montaxe tras visitar diferentes localidades de toda Galicia.

‘Menú do día’ é unha orixinal proposta e aposta técnica, na que Luis Davila debuxa en directo as historias que Carlos Blanco lles conta aos espectadores e que estes poden ver convertidas en imaxes a través dunha gran pantalla. Para a conxunción destes dous talentos humorísticos con numerosos seguidores en toda Galicia cóntase, así mesmo, cunha banda sonora de luxo composta para a ocasión por Kepa Junquera e Budiño.

Trátase, en definitiva, dun espectáculo no que as viñetas soben a escena e as historias se converten en debuxos co obxectivo de garantir as risas do público asistente, que terá a oportunidade de ver e escoitar en directo as historias de ‘Dora A Desbrosadora’, ‘As bravas do país’ ou ‘Os kiwis’, entre outras.

‘Meu ben’ por Eme2

A programación do Salón Teatro continúa co espectáculo ‘Meu ben’, produción de Eme2 a partir da obra da irlandesa Elaine Murphy, que se representará en Santiago do 4 ao 8 de xuño. Baixo a dirección de Álvaro Lanvín, Rocío González, Elina Luaces e Mercedes Castro interpretan tres xeracións de mulleres de clase media que rememoran un ano extraordinario de amor, sexo, vida, morte e clases de salsa.

As entradas para as súas cinco funcións no Salón Teatro están xa á venda a través da billeteira da web www.entradas.novagaliciabanco.es [nova venta] e no despacho de billetes do Teatro Principal, aberta de martes a sábado en horario de 18.00 a 21.00 h.

R., 2014-05-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
Una ducia de proxeccións e cinco persoas convidadas conforman o menú da 34ª edición da Semana de Cine Submarino da UVigo, que se celebrará entre os días 3 ao 5 de novembro no auditorio da Afundación. Producións internacionais e nacionais volverán encher de público o auditorio vigués, que acollerá nunha sesión matinal a centos de escolares da provincia, e que poderá somerxerse nas profundidades das augas das Maldivas, do Caribe ou da costa norte galega.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES