Noticias

Galicia se acerca al objetivo marcado por Europa para 2020 de reducir un 50% las víctimas mortales en carretera, partiendo de los datos de 2010

Galicia se aproxima al objetivo fijado a nivel europeo en materia de seguridad viaria para 2020 que pasa por reducir en un 50% el número de víctimas mortales en los estados miembros de la Unión Europea (UE). La proximidad con este objetivo se refleja en el programa de seguimiento y adecuación del Plan de Seguridad Viaria de Galicia 2011-2015 que publicará en su página web la Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de la Xunta.

Este reto implica que el número de fallecidos debe disminuir de los 237 registrados en 2010 en las carreteras gallegas a 118 en 2020. Así, en 2012 en Galicia se registraron 157 fallecidos, lo que supone una reducción de un 33 por ciento en los dos primeros años de vigencia de este plan. Así se recoge en el programa de seguimiento y adecuación del Plan de Seguridad Viaria de Galicia 2011-2015, que la Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas publicará la próxima semana en su página web.

La política de seguridad viaria de la Unión Europea se detalla en el documento "Towards a European road safety area: policy orientations on road safety 2011-2020", que marca reducir a la mitad el número de víctimas mortales, tomando como base las cifras de 2010.

En el programa de seguimiento se analiza el grado de cumplimiento de los objetivos de este plan, que son reducir el porcentaje de muertos y heridos graves en accidentes de tráfico por millón de habitantes, de manera que la Comunidad gallega se aproxime a la media española. Durante los dos primeros años de aplicación se consiguió reducir la diferencia con la media nacional, de forma que si en 2010 existía una diferencia de 32 fallecidos por millón de habitantes entre Galicia y la media española, en 2012 este desfase se redujo a 17.

En cuanto a los heridos graves también se concluye que Galicia se acerca a la media española puesto que si en 2010 presentaba 370 heridos graves por millón de habitantes frente a los 255 del conjunto de España -una diferencia de 115-, en 2012 esta distancia se redujo al presentar 295 frente a los 222 heridos graves por millón de habitantes en España -una diferencia de 73-.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Comunidade galega achégase cada día ao obxectivo fixado a nivel europeo en materia de seguridade viaria para o 2020, reducir un 50% o número de vítimas mortais nos estados membros da unión europea.

Así se recolle no Programa de seguimento e adecuación do Plan de Seguridade Viaria de Galicia 2011-2015, que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, fará público a vindeira semana na súa páxina web.

A política de seguridade viaria da Unión Europea encóntrase detallada no documento Towards a European road safety area: policy orientations on road safety 2011-2020, neste documento marcase reducir á metade os número de vítimas mortais tomando como base as cifras de 2010.

No caso de Galicia, este reto supón que o número de falecidos debe diminuír dos 237 rexistrados en 2010 a 118 en 2020. Observando as cifras de 2012, na Comunidade galega rexistráronse 157 falecidos, o que supón unha redución dun 33% en tan só dous anos de vixencia deste plan.

No documento de seguimento, analízase o grao de cumprimento dos obxectivos do Plan, que son reducir a porcentaxe de mortos e feridos graves en accidentes de tráfico por millón de habitantes de maneira que Galicia se sitúe na contorno da media española.

No gráfico, obsérvase que durante os dous primeiros anos de aplicación conseguiuse reducir a diferenza coa media nacional, de maneira que se en 2010 existía unha diferenza de 32 falecidos por millón de habitantes entre Galicia e a media española, en 2012 este desfase reduciuse a 17.

O plan de seguridade viaria de Galicia é o resultado de ter asumido como obxectivo esencial mellorar a seguridade viaria na Comunidade Autónoma, polo que representa unha oportunidade para acadar numerosos avances na mellora da seguridade nas estradas do sistema viario.

Tamén se concibiu como un documento flexible, capaz de adaptarse á realidade e circunstancias cambiantes da situación da seguridade viaria, polo que se priorizaron unha serie de actuacións, cuxa eficacia e oportunidade quedaba demostrada, e se eliminaron aquelas medidas cuxa aplicación non fose prioritaria ou cuxo impacto sobre a seguridade viaria non estivese contrastado.

Así, incorporáronse accións importantes que permitiron acadar os seguintes fitos no período 2011-2013 como 70,65 KM de vías de altas prestacións, un investimento de case 40 millóns de euros na eliminación de tramos de concentración de accidentes, máis de 100 millóns de euros en reforzos de firme e conservación ordinaria e a instalacións de máis de 8.000 sinais verticais.

Cómpre destacar o grado de cumprimento das accións propostas, especialmente nun momento onde a conxuntura económica nacional e internacional provocou a limitación dos recursos económicos, o cal non foi obstáculo para desenvolver a maiorías das medidas e situar a Galicia en disposición de acadar o o obxectivo xeral.

Non obstante, hai que facer un chamamento á responsabilidade cidadá para seguir traballando pola seguridade vial, aportando prudencia á hora de desprazarse polas estradas.

Dende a Axencia Galega de Infraestruturas as actuacións e previsións para os vindeiros anos seguirán facendo seguimento do plan actual e no 2015 se iniciará a redacción do novo plan para o período 2016-2019.

R., 2014-05-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (libros-biblioteca.jpg) Ferrol é a primeira das 13 citas co libro e a lectura que terán os galegos e galegas en diferentes vilas e cidades das catro provincias. Tras esta cidade, recollerá o relevo Santiago de Compostela, do 2 ao 10 de maio; Lugo, do 13 ao 17 de maio; O Porriño, do 14 ao 17 de maio; Redondela, do 11 ao 14 de xuño, e Ourense, do 17 ao 20 de xuño. Xa no mes de xullo, Vigo abrirá o día 1, prolongándose ata o día 7, continuando en Ponteareas, desde o día 9 ata o 12, e en Rianxo do 23 ao 26. Finalmente, en agosto, as Feiras do Libro viaxarán ata A Coruña, do 1 día ata o 10; Viveiro, do día 13 ao 19; Foz do 20 ao 23, e rematarán en Monforte de Lemos, onde se celebrará do día 26 ao 29 de agosto.
Foto de la tercera plana (libros.jpg) O número de persoas en Galicia que le ocasional ou habitualmente na nosa lingua medra en case nove puntos ata acadar o 72 %, isto é, sete de cada dez galegos. Ademais deste incremento do 13 por cento na lectura ocasional ou habitualmente en galego con respecto ao ano anterior, o estudo de 2025 tamén revela a consolidación dunha Galicia lectora, reflectida no sindicadores que sinalan que o 96,5 % da poboación maior de 14 anos le en calquera medio e soporte, o que sitúa a nosa Comunidade nun 1,4% por enriba da media de España. Ademais, o 70 % destas lecturas son de libros.

Notas

Un espazo de encontro entre academia, arte e sociedade. Arrancou no edificio Redeiras da UVigo o congreso internacional 'Escrituras potenciais: o ordinario e o infraordinario', unha cita coorganizada entre as universidades de Vigo e Sorbonne Nouvelle polos especialistas Hermes Salceda e Alain Schaffner, figuras claves no estudo da narrativa contemporánea francesa e, máis concretamente, da obra de Raymond Roussel, toda unha referencia nas chamadas literaturas potenciais.
O Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da Universidade da Coruña acolleu a inauguración da exposición 'A Miraxe Dixital'. A mostra é o resultado do traballo e da convivencia da artista británica Louise Ward Morris en colaboración co persoal investigador do centro, tras seis meses de traballo pola residencia artística concedida a través do Ministerio de Cultura.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES