Noticias

Una travesía náutica conmemora el VIII Centenario de la peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago

La primera Travesía Náutica Xacobea conmemora este verano en Galicia el VIII Centenario de la peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago de Compostela. El recorrido por la Ruta Mediterránea incluye 14 puertos en Italia, Francia, España y Portugal. Le seguirá la Ruta Atlántica por Irlanda e Inglaterra.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro Domínguez, presentou a celebración da primeira travesía náutica Xacobea, unha das actividades centrais do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago que percorrerá máis de 1.500 millas náuticas na súa Ruta Mediterránea e que recalará en 14 portos de Italia, Francia, España e Portugal, antes de chegar a Galicia.

Turismo de Galicia, en colaboración con Asnauga – A Asociación de Clubs Náuticos de Galicia - organiza esta peregrinación náutica que se celebrará no mes de xullo e que ten por obxecto rememorar a Traslatio do corpo do Apóstolo Santiago ata Galicia por mar, así como a propia peregrinación do santo de Asís, ao tempo que se realiza esta viaxe única en Europa polas súas características.

A iniciativa contribúe, segundo explicou a directora de Turismo de Galicia á promoción da cultura, do patrimonio marítimo da Comunidade e da protección do medio ambiente apoiando a posta en valor turística dos portos deportivos galegos; así como a difusión internacional da Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Río Ulla e mais de Galicia como destino turístico.

A primeira Travesía Náutica Xacobea forma parte dos actos do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago que se conmemora en Galicia dende mediados de 2013 a mediados de 2015. Neste 2014, Galicia brinda a oportunidade de coñecer, a través da organización de múltiples actos expositivos, congresuais, artísticos e culturais a figura de San Francisco e a súa vinculación coa cultura xacobea.

A peregrinación estará formada por dúas rutas que confluirán nas Rías Baixas galegas: unha Ruta Atlántica –que sairá de Inglaterra, Irlanda e Francia- e mais unha Ruta Mediterránea que partirá de Xénova, en Italia. A ruta de maior percorrido será a Mediterránea. Así, no mes de xullo, dúas flotas de 30 embarcacións e goletas percorrerán máis de 1.500 e 210 millas, respectivamente, así como 14 dos máis importantes portos de Italia, Francia, Portugal e España. Así, as dúas rutas náuticas confluirán nas ría de Arousa, dende onde os seus participantes se desprazarán para chegar a Santiago de Compostela, percorrendo a Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla.

A Ruta Mediterránea conta con 14 etapas, que se percorrerán a unha velocidade media de 5 millas por hora, cun percorrido total aproximado de 1.542 millas náuticas. Partirá de Xénova e continuará por Toulon (Francia), Palma de Mallorca, Torrevieja, Cartagena, Roquetas, Marbella, Cádiz (España), Portimao, Sines, Cascais, Figueira da Foz, Porto (Portugal) e xa por último en Galicia, onde recalará en portos como o de Portonovo ou Cabo de Cruz.

Dado que Galicia lidera o segmento de Q de Calidade Turística en instalacións náutico-deportivas en toda España, este será o criterio de selección das estacións náuticas escollidas para acoller as embarcacións da peregrinación náutica.

A Ruta Atlántica ten un percorrido de 210 millas náuticas e comezará no punto de reunión, que será o porto de Ribadeo. Nel, aproveitando os fluxos marítimos, concentraranse embarcacións procedentes de Irlanda, Inglaterra ou Francia. Estas embarcacións baixarán ata as Rías Baixas, pasando por Ortigueira, Ares, Camariñas, Portosín e a Ría de Arousa. O percorrido no territorio galego constará de 5 etapas, a velocidade media será de 5 millas por hora, cun total aproximado de 210 millas náuticas. Dispoñerase tamén de embarcacións guía duns 50 pés.

A peregrinación está aberta a dous tipos de flota: embarcacións a vela de particulares que poidan realizar a viaxe en todo ou en parte, e goletas que levarán pasaxeiros durante a travesía. En total mobilizaranse máis de 170 participantes nas embarcacións que realicen o percorrido entre Xénova e Galicia, ademais dos que participen no segundo percorrido entre Ribadeo e as Rías Baixas.

A duración da travesía será de entre 18 e 24 días na ruta entre Xénova e Galicia – a Ruta Mediterránea- e de entre 5 e 8 días na Ruta Atlántica. Durante a travesía desenvólvense actividades e particípase en diferentes labores, integrándose na tripulación con monitores e mariñeiros expertos que ensinarán procedementos das diferentes tarefas que se levan a cabo nunha embarcación de vela de gran eslora.

As dúas flotas chegarán ata a ría de Arousa e as tripulacións recolleranse en catamaráns para remontar e realizar o último tramo da peregrinación a Santiago de Compostela. E celebrarase a Misa do Peregrino.

Así, a travesía unirá tamén as vilas e portos con tradición Xacobea e promoverá a participación nestes eventos con grandes veleiros, axudando a preservar e conservar as embarcacións clásicas. Segundo explicou tamén a directora de Turismo de Galicia, a administración turística galega aposta pola náutica a través da segunda liña do Plan Integral de Turismo. Esta liña céntrase na oferta turística baseada no patrimonio e nos recursos endóxenos buscando a desestacionalización e os novos públicos. Nela inclúense accións relativas ao aproveitamento das sinerxías existentes entre o turismo mariñeiro e o turismo náutico, así como o desenvolvemento de produtos turísticos especializados dirixidos a segmentos de público específico. No marco desta acción inclúese a organización, mellora e promoción da oferta relacionada co turismo náutico e o seu acondicionamento para a recepción e atención de visitantes e comercialización de experiencias turísticas complementarias.

Nava Castro engadiu tamén que “a posta en valor do noso territorio e dos recursos asociados a esta práctica deportiva repercutirá positivamente na nosa imaxe como destino multiexperiencial e versátil, adaptado aos diversos segmentos da demanda”. E dixo que “a Travesía Náutica Xacobea é unha acción pioneira, que descubrirá aos viaxeiros un novo xeito de coñecer Galicia e unha forma singular de achegarse ás rutas xacobeas”.

A inscrición na Travesía Náutica Xacobea é gratuíta para as embarcacións e poderase obter máis información sobre o evento na páxina web de Asnauga (www.asnauga.com [nova venta] ) e mais en http://turismo.xunta.es [nova venta] .

R., 2014-03-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (vacina-gripe-2026.jpg) A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
Foto de la tercera plana (empresas-transformacion.jpg) O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.

Notas

Anne L'Huillier, Premio Nobel de Física en 2023, visita esta semana Santiago de Compostela no marco do Programa ConCiencia da USC e do Consorcio de Santiago. Entre o extenso programa de actividades previsto, a profesora da Universidade de Lund (Suecia) pronunciará o 2 de outubro, ás 19.30 horas, no Auditorio ABANCA (Rúa Preguntoiro, 23. Santiago), a conferencia ‘O mundo dos átomos á escala de tempo do attosegundo’, aberta ao conxunto da cidadanía.
Como 'unha selección de miradas' a un 'territorio híbrido entre arte e ciencia' preséntase un libro editado polo grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes, en colaboración co grupo AF4, da Escola de Enxeñaría Forestal, que fai balance das reflexións xurdidas nas tres primeiras edicións do ciclo de encontros científicos Art at the Edge of Nature, que puñan o foco nas conexións da creación artística co medio ambiente, a sustentabilidade, os novos materiais ou as humanidades dixitais.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES