Noticias

Emergencias de la Xunta de Galicia decreta una nueva alerta roja por temporal

El servicio de Emergencias de la Xunta de Galicia alerta de un temporal de nivel rojo por viento que afecta el martes, 4 de febrero, a la costa de la Mariña lucense, especialmente. El Gobierno gallego decide la suspensión de las actividades docentes, transporte escolar, actividades en el exterior y extraescolares en varias zonas de Galicia. Las previsiones meteorológicas apuntan a que se lleguen a registrar rachas de viento de hasta 140 km/h.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia alerta dun temporal de nivel vermello por vento en terra que afecta a partir do mediodía do martes, 4 de febreiro, á zona da Mariña de Lugo; onde poderán rexistrase refachos de ata 140 km/h.

Pola súa banda, a provincia da Coruña, o centro da de Lugo e a zona das Rías Baixas, en Pontevedra, permanecerá en alerta laranxa por vento do suroeste e oeste. Os refachos poderán superar os 90 km/h. no centro de Lugo; os 100 km/h. no suroeste e interior da Coruña e nas Rías Baixas; e os 110 km/h no noroeste e oeste da provincia da Coruña. No extremo norte desta última provincia poderán superarse os 130 km/h.

Ante estes fenómenos meteorolóxicos adversos, a Comisión Escolar de Alertas determinou a suspensión de toda actividade docente, transporte escolar, actividades no exterior e extraescolares para mañá, día 4 de febreiro, nos centros educativos situados nos concellos das zonas de predición meteorolóxica da Mariña lucense.

Así mesmo, acordouse a suspensión das actividades no exterior dos centros educativos situados nos concellos das provincias da Coruña e Pontevedra, así como nas zonas de montaña de Lugo e Ourense, por mor do nivel de alerta laranxa. E se advirte do necesario seguemento ao longo do día das condicións climáticas por se nas localidades onde se sitúe cada centro cambiase o nivel de alerta cara a vermello, no caso do que se lles autorizaría a suspender a actividade docente.

Pola súa banda, nas escolas infantís da rede autonómica suspéndese a actividade, nos centros emprazados nas localidades de Ribadeo, Foz, Viveiro, Burela, Mondoñedo, O Valadouro e Alfoz. Tampouco haberá actividade nos centros de día para persoas con dependencia dos concellos mariñáns de Lourenzá, Ribadeo e Burela. Todos os centros residenciais para persoas maiores da Consellería de Traballo e Benestar continuarán coa súa actividade cotiá, agás no exterior.

No resto de centros da Consellería de Traballo e Benestar, emprazados fóra das localidades sinaladas, manterase a actividade, salvo no exterior, onde se suspende calquera tipo de actuación. Estarase alerta de cara ao que se dispoña desde o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia.


Así mesmo, manterase activa a alerta laranxa en todo o litoral galego por vento en mar e mar combinada. Segundo os datos da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), a partir das 9,00 horas de mañá pódese acadar Forza 9 por vento do suroeste e ondas de ata 8 metros no litoral noroeste da provincia da Coruña. O temporal costeiro estenderase ao resto do litoral galego nas seguintes horas.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou das distintas alertas aos concellos afectados; ás Deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Tamén recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como permanecer alonxado de praias, rompentes, paseos marítimos, espigóns ou todas aquelas zonas susceptibles de seren afectadas por un golpe de mar. E igualmente, revisar os amarres das embarcacións antes da chegada do temporal, evitar realizar prácticas deportivas e náuticas.

Para as zonas en alerta por vento en terra, Emerxencias recomenda retirar todos os obxectos que poidan caer á rúa desde tellados, balcóns e fiestras, así como pechar e asegurar ben as portas, fiestras e persianas; camiñar preto das fachadas dos edificios; circular con precaución polas estradas e aparcar os vehículos en lugares protexidos do vento e ben inmobilizados; entre outras recomendacións.

Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

R., 2014-02-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival.jpg) O ciclo xa ofreceu xa en marzo e abril as actuacións de Andhrea & The Black Cats na Pecera de Vigo e na Pousada da Galiza Imaxinaria, de Sabela King & The Heartbreakers e The Lakazans en La Room, de Ferrol, e continuará mañá venres 22 de maio co concerto de Berlai na sala boirense. A programación seguirá o 30 de maio con Habelas Hainas, na sala Guión de Pontedeume; o 13 de xuño con Cachas & Cousins, no Club Clavicémbalo, de Lugo; o 1 de agosto con Habelas Hainas, na Arca da Noe, de Vilar de Santos; o 11 de setembro con Sacha na Horta, no Club Clavicémbalo; o 10 de outubro con Blues do País e O Sindicato da Verbena, na Arca da Noe; o 24 de outubro con The Lakazans e o 28 de novembro con Habelas Hainas, estas dúas últimas no Pub Gatos, de Melide.
Foto de la tercera plana (lobo-galicia.jpg) A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, denunciou que o Goberno central está a comprometer a viabilidade das explotacións gandeiras coa súa postura sobre a protección do lobo. Durante unha visita que realizou en Vilalba a unha explotación gandeira en extensivo que sufriu varios ataques de lobo, a conselleira explicou que o sector gandeiro está a sufrir as consecuencias do empeño do Ministerio para a Transición Ecolóxica en que o estado de conservación desta especie sexa desfavorable.

Notas

O Concurso Runas 2026, que desde o ano 2000 impulsa a difusión da cultura e da música celta, pechou as súas votacións en liña superando os 100.000 votos emitidos, consolidando esta edición como unha das de maior participación dos últimos anos. O resultado final estivo marcado pola coincidencia entre o voto popular e a valoración do xurado profesional, que seleccionaron a JDC, Aérokorda e Leni Pérez & Sekadra como os tres grupos finalistas que actuarán este verán no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira.
Baixo o título ...miña prenda, desde este xoves e ata o 24 de xullo, a Sala Alterarte acolle unha exposición do artista Xosé Poldras comisariada por Marta García. Con ela pecharase a programación deste curso académico do espazo expositivo do campus de Ourense. A mostra recolle principalmente gravados deste creador pero tamén dá entrada a outro tipo de pezas súas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES