
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria renova o seu compromiso co teatro amador galego a través do convenio que ten previsto asinar este ano a Secretaría Xeral de Cultura e a Federación Galega de Teatro Afeccionado (Fegatea). Para concretar o novo marco de colaboración, o responsable de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, reuniuse coa presidenta da federación, María Consuelo Pampillón, e co vicepresidente, Xosé León, nun encontro no que iniciaron a planificación das actuacións que se incluirán no novo convenio.
En 2013, a Secretaría Xeral de Cultura apoiou a realización do Circuíto Galego de Teatro Amador, promovido por Fegatea, unha entidade cultural sen ánimo de lucro dedicada a impulsar o teatro afeccionado, facilitar o intercambio de experiencias entre os grupos que a conforman máis de 50 agrupacións e traballar a prol da dinamización cultural e lingüística de Galicia.
Fegatea conta cunha programación estable que abrangue actividades formativas e de intercambio, así como mostras e festivais que levan o teatro máis alá das fronteiras galegas. Neste sentido, a Xunta de Galicia recoñece e valora a gran capacidade e dimensión do teatro afeccionado en Galicia, favorecendo a súa continuidade a través dunha colaboración continua que se manifesta en accións concretas como o convenio de colaboración entre a federación e a Secretaría Xeral de Cultura, dotado en 2013 dunha contía económica de 25.000 euros.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.