Noticias

A Orquestra Clásica de Xove e a Coral do Hospital Xeral-Calde de Lugo ofrecen un concerto de ópera e cantata

Con motivo do bicentenario do seu nacemento, a Coral do Hospital Xeral-Calde de Lugo e a Orquestra Clásica de Xove ofreceron un concerto de ópera e cantata en homenaxe a Giuseppe Verdi e Richard Wagner, no Auditorio Municipal Gustavo Freire da capital lucense.

Dirixido por Fernando Gómez Jácome, as dúas formacións musicais, a Coral do Hospital Xeral-Calde de Lugo e a Orquestra Clásica de Xove, uníronse un ano máis nun xa tradicional concerto conxunto que nesta edición 2013 estivo adicada a dous grandes compositores mundiais, Verdi e Wagner, con motivo da conmemoración do bicentenario do seu nacemento.

Ante un numeroso público e no Auditorio Municipal Gustavo Freire, a orquestra e a coral interpretaron un programa integrado por pezas como o "Te Deum" de Xoán Montes; "Caro mio ben", de Tomaso Giordani; "Laudate Dominum (Das Vesperae solennes de confessore, k339,5º movemento)" e "Isis und Osiris (da ópera Die Zauberflöte, k620, acto 2º, nº 10), de Wolfgang Amadeus Mozart.

NoticiaAdemáis, no Auditorio lucense soaron o "Vi raviso, o luoghi ameni (da ópera Sonnambula, acto 1º, número 4)" e a "Casta Diva (da ópera Norma, acto 1º, número 5)", de Vicenzo Bellini; o "Entreacto e Bracarolle (da ópera Les contes d'Hoffmann, acto 3º)", "O mio bambbino caro (da ópera Gianni Schicchi)", de Giacomo Puccini; o "Coro de Pelegríns (da ópera Tannhäuser, acto 3º)", de Richard Wagner, e o "Coro de zíngaros (da ópera Il Trovatore, acto 2º, escea 1ª)" e o "Coro de escravos" (da ópera Nabuco, acto 3º), de Giuseppe Verdi.

Acompañando á orquestra e destacando entre o coro, soaron as voces da soprano Inés Rouñada e do baixo Francisco Javier Rodríguez, baixo e batuta de Fernando Gómez Jácome e a ausencia do director da orquestra, Xan Carballal, por motivos de saúde.

Fotografías: Carlos Rodríguez Arias.

R., 2013-12-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
Una ducia de proxeccións e cinco persoas convidadas conforman o menú da 34ª edición da Semana de Cine Submarino da UVigo, que se celebrará entre os días 3 ao 5 de novembro no auditorio da Afundación. Producións internacionais e nacionais volverán encher de público o auditorio vigués, que acollerá nunha sesión matinal a centos de escolares da provincia, e que poderá somerxerse nas profundidades das augas das Maldivas, do Caribe ou da costa norte galega.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES