Noticias

Termina en Santiago de Compostela la gira del espectáculo Criaturas, sobre una obra de Roberto Vidal Bolaño

Hasta el domingo 15 de diciembre se celebran en el Salón Teatro de Santiago de Compostela las cuatro últimas funciones del montaje teatral Criaturas, basado en una obra de Roberto Vidal Bolaño al que se dedicó el Día das Letras Galegas 2013. Teatro do Aquí y el Centro Dramático Galego cierran la gira de este espectáculo.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria programa esta semana no Salón Teatro de Santiago as catro últimas funcións de ‘Criaturas’, obra de Roberto Vidal Bolaño que regresou este ano aos escenarios da man de Teatro do Aquí e en coprodución co Centro Dramático Galego. A compañía na que o autor ao que se lle dedicou este ano o Día das Letras desenvolveu a última parte da súa traxectoria profesional finaliza en Santiago o percorrido deste espectáculo, co que durante os últimos oito meses homenaxeou por toda Galicia ao seu fundador e director.

Esta fin de xira foi presentada por Manuel Guede Oliva, director do CDG-Salón Teatro; Belén Quintáns, viúva de Vidal Bolaño e titular de Teatro do Aquí; e Marcos Orsi e Vicente de Souza, en representación do elenco. A montaxe, que se exhibe en Santiago desde mañá e ata o vindeiro día 15 con funcións ás 20.30 horas o xoves, venres e sábado e ás 18.00 horas o domingo, insírese á súa vez na programación promovida pola Consellería de Cultura e Educación para a divulgación e difusión da figura e da obra do dramaturgo compostelán.

Evaristo Calvo foi o encargado de dirixir esta reposición de ‘Criaturas’, obra que Teatro do Aquí xa representara en 1999 con grande éxito e ás ordes de Vidal Bolaño. Xunto con Marcos Orsi e Vicente de Souza, cóntase tamén coas interpretacións de Belén Constenla e Xoán Carlos Mejuto, dous dos actores que participaran naquela primeira posta en escena.

En ‘Criaturas’, peza recoñecida co Premio Eixo Atlántico 1999, co Premio María Casares 2000 ao mellor Texto Orixinal e co Premio Max para textos en galego en 2001, Roberto Vidal Bolaño indaga e pon de manifesto o que a razón ou a civilización pode ter producido de monstruoso nas persoas ou no que nas rodea. Así, a través de personaxes anónimos e cotiáns, perfílanse criaturas que veñen suxeridas da observación da propia realidade e como pretexto para poñer ao descuberto trazos insospeitados a partir da súa aparente normalidade.

Vidal Bolaño válese do mito de Frankestein como recurso dramático, cando o monstro, antes de se illar definitivamente da civilización, achégase ao noso presente para observalo por derradeira ocasión, nunha viaxe feita dende o humor, a ironía e o sarcasmo.

Roberto Vidal Bolaño fundou xunto con Belén Quintáns Teatro do Aquí en 1992, compañía coa que puxo en escena a unha destacada parte súa produción dramática e coa que, ata a súa morte en 2002, se dedicou con plenitude non só como dramaturgo, senón tamén como actor e director, iluminador ou escenógrafo.

Desta época son as montaxes ‘Saxo Tenor’ (1993), ‘Días sen gloria’ (1993), ‘A ópera de a patacón’ (1994), ‘Touporroutou da lúa e do sol’ (1994), ‘O desengano do prioiro’ (de Ramón Otero Pedrayo, 1995), ‘Anxeliños’ (1996), ‘Rastros’ (1997), ‘Doentes’ (1998), ‘Sen ir máis lonxe’ (1999), ‘Criaturas’ (1999) e ‘Os papalagui’ (2000), entre outras. En 2002 Teatro do Aquí presenta ‘Animaliños’, o derradeiro traballo dramático de Vidal Bolaño, no que el mesmo achega o texto, a dirección, o espazo escénico e a iluminación.

A pesar da morte do seu fundador, a compañía mantense activa ata 2006 estreando os espectáculos ‘O cabodano’ (de Euloxio R. Ruibal, 2002), ‘Camiño longo’ (de Luís Rei, 2004), ‘Farois vermellos’ (de Martín Descalzo, 2003) e ‘A ópera de a patacón’ (de de Roberto Vidal Bolaño, 2005); e este ano 2013, co gallo da dedicación do Día das Letras a Vidal Bolaño, regresou aos escenarios con esta reposición de ‘Criaturas’.

A exhibición deste espectáculo no Salón Teatro serve, ademais, como homenaxe na recta final da programación bolañana que o Centro Dramático Galego vén desenvolvendo desde primeiros de ano e dentro da que se insire, así mesmo, outra das coproducións centradas este ano na reivindicación do autor: BailadELAS de Teatro Antroido, que poderá verse neste mesmo escenario compostelán do 19 ao 21 de decembro.

As entradas para as últimas catro funcións de ‘Criaturas’ poden adquirirse de xeito anticipado no despacho de billetes do Teatro Principal hoxe entre as 18.00 e as 21.00 horas, mentres que os días de representación estarán á venda na billeteira do Salón Teatro desde dúas horas antes do comezo do espectáculo. O seu prezo é de 10 euros para o xoves, venres e sábado (cun desconto do 40% para estudantes, xubilados, usuarios do carné xove e desempregados) e de 5 euros para o domingo, día do espectador.

Fotografía: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia

R., 2013-12-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
Una ducia de proxeccións e cinco persoas convidadas conforman o menú da 34ª edición da Semana de Cine Submarino da UVigo, que se celebrará entre os días 3 ao 5 de novembro no auditorio da Afundación. Producións internacionais e nacionais volverán encher de público o auditorio vigués, que acollerá nunha sesión matinal a centos de escolares da provincia, e que poderá somerxerse nas profundidades das augas das Maldivas, do Caribe ou da costa norte galega.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES