
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, asistiu á presentación do libro Domingo García- Sabell e a fenomenoloxía na Real Academia Galega, na Coruña. No acto de tamén estiveron presentes o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o presidente da RAG, Xesús Alonso Montero. Á presentación tamén asistiron Andrés Torres Queiruga; Xosé Luís Franco Grande, escritor e membro da RAG; Teresa García-Sabell, filla de Domingo García-Sabell; e Ramón López Vázquez, coordinador da obra.
A publicación foi editada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística por medio do proxecto de recuperación de textos do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH), e recompila, baixo a coordinación de Ramón López Vázquez, abondosos ensaios do médico, escritor, político e humanista Domingo García-Sabell, quen foi presidente da Editorial Galaxia, presidente da Real Academia Galega e delegado do Goberno en Galicia.
O volume engloba un bo número de escritos filosóficos da autoría de García-Sabell, artellado en dúas partes que afondan nos principios teóricos, así como na aplicación destes á cultura galega da segunda metade do s. XX.
O CRPIH leva 20 anos impulsando a investigación do idioma propio de Galicia nos eidos lingüístico, literario e antropolóxico. Na súa andaina, deu a lume máis de 200 produtos científicos e contribuíu á formación de máis de 400 investigadores, tanto galegos como estranxeiros, dos que un bo número son hoxe doutores, profesores universitarios ou docentes do ensino medio que, desde os seus postos actuais, continúan a ofrecer importantes achegas ao coñecemento sobre a lingua e a literatura galegas.
Fotografía y más información: http://www.galegos.info/domingo-garcia-sabell
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.