Noticias

La Fundación Penzol homenajea en Vigo a Francisco Fernández del Riego

Galicia conmemora el centenario del nacimiento de Francisco Fernández del Riego con la exposición "Cos ollos do espírito" que se exhibe en la Casa Gallega de la Cultura de Vigo hasta el 26 de enero de 2014. La muestra es uno de los actos de homenaje que promueve la Fundación Penzol poniendo en valor el legado del escritor.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, participou en Vigo na inauguración da exposición ‘Fernández del Riego, cos ollos do espírito’, que se poderá visitar na Casa Galega da Cultura ata o 26 de xaneiro de 2014.

A mostra, que conta co apoio da Xunta de Galicia e que se realiza no marco do centenario do nacemento de Francisco Fernández del Riego, está promovida pola Fundación Penzol, entidade que recibiu a semana pasada a Medalla de Galicia 2013 e que tivo como director a Del Riego desde o ano da súa fundación, en 1963, ata practicamente o final da vida do ilustre galeguista.

Anxo Lorenzo destacou na inauguración que a mostra contribúe á posta en valor do legado de Del Riego, así como do seu exemplar percorrido vital dedicado a Galicia, á súa lingua e á súa cultura. O secretario xeral estivo acompañado, entre outros, polo presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero; polo tamén académico Henrique Monteagudo; así como por representantes da Penzol e do Concello de Vigo.

Integrada por diversos paneis e vitrinas, a exposición amosa documentos fundacionais de Galaxia, cartas con diversos autores, o mecanoscrito da referencial ‘Historia de la literatura gallega’, numerosas instantáneas do laurentino con diversa xente de letras e un vídeo documental que completa a información dos varios paneis que conforman a exposición. A exposición está comisariada por María Dolores Cabrera Iglesias e María Dolores Villanueva, baixo a coordinación de Xosé Manuel Soutullo coa axuda de Mercedes Rosón.

O Concello de Lourenzá tamén acolle a inauguración dunha mostra sobre a figura de Del Riego. A iniciativa enmárcase nos actos que promove a localidade lucense, vila natal do galeguista, como peche do ano do centenario do seu nacemento e que tamén conta coa participación do secretario xeral de Cultura.

A Xunta de Galicia vén apoiando esta efeméride co obxectivo de seguir recoñecendo o seu traballo por Galicia e poñendo en valor o seu legado. O legado dun persoeiro cun grande espírito de construción cultural que o levou a impulsar numerosas tarefas no ámbito da creación e da edición en beneficio da cultura e da literatura galegas.

R., 2013-11-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
Una ducia de proxeccións e cinco persoas convidadas conforman o menú da 34ª edición da Semana de Cine Submarino da UVigo, que se celebrará entre os días 3 ao 5 de novembro no auditorio da Afundación. Producións internacionais e nacionais volverán encher de público o auditorio vigués, que acollerá nunha sesión matinal a centos de escolares da provincia, e que poderá somerxerse nas profundidades das augas das Maldivas, do Caribe ou da costa norte galega.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES