
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, participou na presentación do filme A Esmorga que comezará a rodarse nas vindeiras semanas na cidade de Ourense. O conselleiro desexou que o proxecto cinematográfico presentado hoxe sexa un éxito e permita a moitas máis persoas de dentro e fora de Galicia coñecer un gran clásico da literatura de nós como é a Esmorga.
A obra de Eduardo Blanco Amor chegará á gran pantalla da man do director Ignacio Vilar e da produtora Vía Láctea Filmes. A Consellería de Cultura e Educación, a través da AGADIC, destina a este proxecto preto de 335.000 euros en concepto de axudas á produción ou coprodución audiovisual en lingua galega con decidido contido artístico e cultural.
Segundo Vázquez Abad, esta produción é cinema galego, rodado en galego e localizado en Galicia, concretamente nunha gran capital cultural da nosa terra como é Ourense, unha cidade que se transformará de novo na Auria do Cibrán, o Bocas e o Milhomes.
Para o titular de Cultura e Educación, o cine é un traballo de moitos, unha creación cooperativa na que cada achega conta decisivamente para o resultado final. Neste longo e complexo proceso de creación dun produto cultural que nace coa cultura de masas, pero que debe procurar ao tempo a arte, o filme A Esmorga conta cun gran equipo de profesionais e polo tanto, estou seguro de que lograrán crear unha película á altura que a obra de Blanco-Amor merece.
Ao acto de presentación asistiron tamén o presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar; o director do filme, Ignacio Vilar; o director da Editorial Galaxia, coprodutora do filme, Víctor Freixanes; e representantes da Agadic, a TVG e a TVE, entre outros.
Fotografía: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.