Noticias

El grupo Chévere presenta en la madrileña Plaza de Lavapiés el espectáculo Eurozone

El grupo Chévere permanece en Madrid entre el 30 de octubre y el 24 de noviembre para ofrecer seis funciones semanales de Eurozone, en la sala Francisco Nieva de la Plaza de Lavapiés, y dentro de la temporada del centro dramático nacional en el Teatro Valle-Inclán.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A compañía galega Chévere desenvolve no Teatro Valle-Inclán de Madrid e dentro da temporada do Centro Dramático Nacional (CDN) unha serie de 23 funcións do seu espectáculo ‘Eurozone’, dúas delas en idioma orixinal galego polo apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

A obra escrita por Manuel Cortés con dirección e dramaturxia de Xron a propósito dunha particular interpretación da crise na zona euro, permanecerá na carteleira da Sala Francisco Nieva do Teatro Valle-Inclán, situado na praza de Lavapiés, entre o 30 de outubro e o 24 de novembro, con seis representacións semanais de martes a domingo.

Ademais, e como actividades paralelas de difusión, o CDN organizará un encontro da compañía co público madrileño ao final da función do día 7 e unha mesa redonda o 11 de novembro baixo o título ‘Eurozona. Hai alternativas?’ Este coloquio, que será moderado pola xornalista de Tele 5 Leticia Iglesias, contará coa participación de Carlos Berzosa (catedrático de Economía Aplicada), Alicia González (redactora económica), César Molinas (matemático e economista) e Ricardo Zaldívar (doutor en Economía e Urbanismo).

Manuel Cortés, Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, Borja Fernández, Mónica García, Iván Marcos, Pepe Penabade e Arantza Villar interpretan esta proposta escénica que se estreou o pasado 22 de febreiro no auditorio da Ramallosa (Teo), onde permaneceu cinco semanas e foi vista por 1.700 espectadores. Agora entra na programación do Centro Dramático Nacional con 23 funcións, 21 en idioma castelán e dúas en galego, as correspondentes ao sábado 9 e o domingo 10 de novembro. Deste xeito, o espectáculo poderá verse tamén no idioma orixinal no que foi concibido o espectáculo grazas á colaboración brindada neste sentido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Así o explicou hoxe nun almorzo informativo cos medios de comunicación da capital española o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, quen participou xunto aos creadores de ‘Eurozone’ nun encontro cos xornalistas especializados e no que tamén interveu Ainhoa Amestoy por parte do Centro Dramático Nacional.

O director da Agadic referiuse a estadía de representacións de Chévere en Madrid como un éxito do teatro galego en xeral e felicitou tanto os responsables do CDN como aos membros da compañía por conseguir programar estas funcións no Teatro Valle-Inclán, o que constituirá, segundo dixo, unha excelente oportunidade para amosar diante do público non galego o traballo escénico que se desenvolve actualmente en Galicia.

‘Eurozone’ é unha farsa teatral sobre a crise da zona euro, que mestura referencias directas a ‘Reservoir Dogs’, a mítica primeira película de Quentin Tarantino, na que están presentes a linguaxe da publicidade e o argot económico que ultimamente inunda o día a día dos cidadáns. A montaxe xorde como resposta á última escena do espectáculo anterior da compañía: ‘Citizen’. Se entón Chévere deixaba aberto o final como un xesto escénico de escoita ao público, en ‘Eurozone’, a compañía deixa clara desde o principio a súa visión sobre os conflitos do presente.

Trátase de establecer un diálogo entre a peza teatral e o seu referente no cinema, para amosar aos espectadores cales poden ser os paralelismos entre os personaxes de ‘Reservoir Dogs’ e os principais líderes político-económicos da Europa actual.

Por riba do resultado artístico, ‘Eurozone’ é unha demostración do compromiso da compañía por manter activa unha cultura independente, un teatro de creación contemporánea e un traballo de creación colaborativa. De feito, no proceso de construción de ‘Eurozone’ participou o equipo completo de oito actores e actrices ao longo de dous meses de ensaios.

O resultado é unha obra coral na que todo o elenco comparte escenario durante a representación e na que a escenografía, resultado dun concurso de ideas realizado en colaboración co Colexio de Arquitectos de Galicia ao que se presentaron 32 proxectos españois e portugueses, xoga un papel moi importante.

Fotografía: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia.

R., 2013-10-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
Una ducia de proxeccións e cinco persoas convidadas conforman o menú da 34ª edición da Semana de Cine Submarino da UVigo, que se celebrará entre os días 3 ao 5 de novembro no auditorio da Afundación. Producións internacionais e nacionais volverán encher de público o auditorio vigués, que acollerá nunha sesión matinal a centos de escolares da provincia, e que poderá somerxerse nas profundidades das augas das Maldivas, do Caribe ou da costa norte galega.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES