
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora con Nova Galega de Danza na xira do seu novo espectáculo, Dez, co que a compañía de baile celebra unha década de traxectoria. A produción foi presentada en rolda de prensa no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, onde o 27 de setembro, ás 20:30 horas, inicia o seu percorrido por diversos escenarios de toda Galicia.
A evolución da compañía é o fío condutor deste proxecto co que a Secretaría Xeral de Cultura colabora para que a montaxe poida ser exhibida ante o público galego. Así o asegurou o responsable do departamento, Anxo Lorenzo, que se referiu ao espectáculo como unha celebración e, ao mesmo tempo, unha revisión da creatividade, do compromiso e do traballo realizado nunha década por Nova Galega de Danza, unha compañía que naceu cunha vocación de innovar e tamén de poñer en valor a nosa rica tradición de baile en Galicia.
Agora engadiu abrimos o outono con este espectáculo que estará presente en diferentes espazos do noso territorio, cunha perspectiva innovadora da danza tradicional que esperamos que teña unha excelente acollida e que sirva para seguir difundindo o interese artístico do baile e tamén polas nosas expresións patrimoniais.
Xunto co secretario xeral de Cultura tamén participaron na presentación de Dez a concelleira de Cultura da Coruña, Ana Fernández; o director de Nova Galega de Danza, Jaime Pablo Díaz; o director musical da compañía, Pedro Lamas; e Juan Paz, brand mánager de 1906 Reserva Especial.
Dez inclúe 17 pezas con música en vivo que conteñen a tradición galega máis pura xunto con doses de experimentación, vangarda e mestizaxe. Dez é unha representación de aproximadamente 90 minutos dividida en dous actos. Coa dirección musical a cargo de Pedro Lamas, a proposta do seu director artístico, Jaime Pablo Díaz e mais outros seis bailaríns e sete músicos xunto co equipo técnico, inclúe no programa de man aplaudidas pezas da compañía como Ser é terra ou Introito.
A estrea e inicio da xira será o vindeiro venres 27 de setembro no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, ás 20:30 horas, no ciclo TRCdanza 2013. As entradas están á venda en televenda 902 504 500/ www.servinova.com, na Praza de Ourense ou no despacho de billetes do Teatro Rosalía de Castro os días das funcións, de 12:00 a 14:00h e 18:00 a 20:00 horas ao prezo de 13 euros.
A xira tamén inclúe actuacións noutros territorios da xeografía galega, como Santiago de Compostela, o 15 de outubro; en Vilagarcía de Arousa, o 2 de novembro; en Narón, o 14 de novembro; e en Ourense, o 21 de decembro. O calendario pode consultarse na páxina web da compañía, en www.novagalegadedanza.com.
Fotografía:
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.