Noticias

La Cidade da Cultura presenta las creaciones de 70 artistas menores de 35 años

La Cidade da Cultura de Santiago de Compostela acoge la obra de 70 artistas de toda España, todos ellos creadores de menos de 35 años, que buscan conocer y darse a conocer a través de una experiencia para jóvenes que esperan poder profesionalizarse en una actividad de "altibajos" de la que la mayoría "no puede vivir".

La iniciativa que acoge la Cidade da Cultura consiste en un encuentro entre artistas jóvenes, que les permitirá conocer a otras personas interesadas en el mismo tema. Un espacio de intercambio, del que, han coincidido varios de los participantes, esperan que puedan surgir ideas nuevas, proyectos nuevos y amistades.

En la jornada están participando personas de todas partes de España, como en el caso de Beatriz Pellez, que ha llegado desde Zaragoza con el objetivo de vivir "una experiencia" y con la esperanza de "ver si puede surgir algo" con otros artistas. De esta forma ha asegurado que le gustaría "poder vivir del arte", aunque por el momento prefiere vivir el presente ante la incertidumbre de lo que pueda pasar.

A lo largo de una semana realizan distintas actividades en el marco de este programa, donde cada artista dispone de 12 minutos diarios para exponer sus respectivos proyectos. Entre los participantes se encuentran, además de los jóvenes creadores seleccionados entre los 250 que se presentaron, cuatro artistas consolidados -que ofrecen sus ponencias- y cuatro críticos y comisarios fijos -a los que se pueden unir otros interesados en la iniciativa-.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, saudou e intercambiou opinións cos participantes no Encontro de Artistas Novos Cidade da Cultura, que celebra a súa terceira edición no Gaiás, consolidándose como un referente artísticos. Neste encontro internacional, onde o 50% dos asistentes proceden de fora de Galicia e de outros países, o conselleiro subliñou a importancia de artistas, creadores, críticos, comisarios e xestores culturais como parte da cultura.

Pola súa banda, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e a directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura, Beatriz González, déronlles a benvida aos setenta creadores e creadoras emerxentes que desde hoxe e ata o venres participarán no encontro.

Acompañado polo director do encontro e unha das figuras destacas no mundo da arte contemporánea, Rafael Doctor, e pola directora de Acción Cultural da Cidade da Cultura, María Pereira, o secretario xeral de Cultura convidou os 70 participantes a aproveitar catro días de convivencia para favorecer a reflexión creativa e o intercambio de coñecementos. Estou convencido de que esta terceira edición do Encontro de Artistas Novos contribuirá á dinamización da vida artística de Galicia e do resto de España”, asegurou Anxo Lorenzo durante a recepción celebrada na Sala Eisenman.

Tras o presentación, participantes e relatores realizaron unha visita guiada pola Cidade da Cultura de Galicia antes de dar comezo ao programa formativo/expositivo, tarefa que recaeu na figura do madrileño Fernando Sánchez Castillo, artista conceptual con gran proxección internacional como demostra a súa presenza en mostras coelctivas da Tate Modern de Londres, o MoMA de Nova York ou a 50 Biennale di Venezia.

A través destes catro días de convivencia, os setenta alumnos e alumnas poderán entrar en contacto con outras traxectorias e procesos de produción artística a través dunha serie de conferencias impartidas por artistas de recoñecido prestixio nos circuítos nacionais e internacionais da arte contemporánea, como Rogelio López Cuenca, Nuria Güell ou a viguesa Carme Nogueira.

Xunto cos artistas, os participantes convivirán con observadores que apoian os novos creadores e que queren estar ao corrente das novidades do artista emerxente e dos seus proxectos artísticos. David Barro, Cristina Anglada ou Mariano Mayer serán os críticos ou comisarios que, neste evento, actuarán “art followers”, aos que se sumará o xornalista cultural e comisario independente Guillermo Espinosa en lugar de Pablo Flórez, que finalmente non poderá asistir por problemas de axenda.

Os setenta artistas emerxentes seleccionados obteñen unha bolsa que inclúe a matrícula de inscrición no III Encontro de Artistas Novos, estancia en réxime de pensión completa no complexo do Monte do Gozo de Santiago de Compostela desde o luns 9 de setembro ata o venres 13 de setembro (ambas as dúas inclusive) e transportes diarios desde o Monte do Gozo ata a Cidade da Cultura.

Como complemento, a Cidade da Cultura de Galicia pon en marcha un concurso entre os participantes do III Encontro de Artistas Novos para a realización dunha intervención artística nas Torres Hejduk, co obxectivo de darlle a oportunidade a un deles de ocupar un espazo polo que xa pasaron figuras consagradas como Pamen Pereira ou Ramón Conde. Desta forma, os participantes desta edición terán un mes –desde o 14 de setembro ao 14 de outubro– para presentar un proxecto expositivo para as Torres Hejduk, que será producido pola Cidade da Cultura e exposto durante tres meses no complexo.

Con esta iniciativa, a Cidade da Cultura quere seguir prestándolles o seu apoio aos artistas emerxentes e contribuíndo na difusión da súa obra, obxectivo que se recolle na celebración do propio encontro e que contou con iniciativas previas como ContainerInside, proxecto colectivo composto por traballos dos participantes da primeira edición do encontro e que formou parte da exposición ‘Inside’ en 2012.

O nome do proxecto gañador darase a coñecer o 28 de outubro e a intervención artística abrirase ao público a primeira semana de decembro deste ano.

R., 2013-09-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (jose-precedo.jpg) O xornalista galego de elDiario.es José Precedo, que defendeu o dereito ao segredo xornalístico ante o Tribunal Supremo, é o gañador do XXII Premio Xornalistas de Liberdade de Prensa, convocado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia coa colaboración do Concello de Pontevedra. Precedo recibirá o premio en Pontevedra o vindeiro 9 de maio na Casa Consistorial. A sala de prensa do Concello de Pontevedra acolleu o anuncio da candidatura gañadora da vixésimo primeira edición do Premio Xornalistas de Liberdade de Prensa, organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia coa colaboración do Concello de Pontevedra. O acto contou coa presenza do alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, a decana do Colexio Belén Leal e o secretario do premio Darío Janeiro.
Foto de la tercera plana (cdc-ean.jpg) Esta edición do Encontro de Artes Novas contará coa participación de talentos recoñecidos como a escritora, comisaria e podcaster Sonia Fernández Pan, que realiza desde 2021 a serie de podcasts The Tale and The Tongue co Instituto de Arte, Xénero e Natureza da Escola Superior de Deseño e Arte de Basilea. Ou a dupla artística Clo-Plas, unha proposta sonora única e radical da poeta e xornalista Xiana Arias e o artista e investigador Berio Molina, que fusionan versos e electro-pop minimalista coa oralidade popular da Fonsagrada. O programa inclúe tamén cunha conversa co profesor e investigador en Filosofía da Tecnoloxía, Pablo Sanguinetti, autor do libro Tecnohumanismo. Por un diseño narrativo y estético de la inteligencia artificial e de numerosos artigos académicos e divulgativos sobre a intersección entre tecnoloxía, humanidades e creatividade.

Notas

Normal, o Espazo de Intervención Cultural da Universidade da Coruña, acollerá entre os días 15 e 29 de abril o ciclo de cinema feminista “E ti que miras?”, unha proposta coordinada por Bea Saiáns que reúne unha selección de filmes realizados por mulleres e de especial relevancia no panorama audiovisual nacional e internacional. A programación foi deseñada baixo o criterio de visibilizar obras que abordan temáticas inherentes ao patriarcado, ao tempo que se pon en valor o papel das creadoras no ámbito cinematográfico.
Creatividades híbridas, entre o virtual e o matérico é o lema escollido polo Campus Crea como eixe vertebrador da semana de actividades que impulsa cada ano con motivo da conmemoración do Día Internacional da Creatividade, co propósito de servir como escaparate do proxecto de especialización do campus pontevedrés. Promovida co apoio da Deputación de Pontevedra, a programación da Semana Crea 2026 desenvolverase entre o 20 e o 24 de abril e permitirá reflexionar sobre a evolución da creatividade en diferentes eidos, nuns tempos marcados polas tecnoloxías dixitais.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES