
El presidente del Gobierno, Mariano Rajoy, asistirá el lunes 29 de julio al funeral por las víctimas del accidente ferroviario registrado el miércoles 24 de julio que se celebrará en la Catedral de Santiago de Compostela. El jefe del Ejecutivo acudirá a la misa funeral que acogerá la Catedral compostelana a partir de las 19.00 horas del lunes 29 de julio, según figura en la agenda del presidente facilitada por Moncloa.
Rajoy, de procedencia gallega, acudió el pasado jueves a Santiago de Compostela para conocer de primera mano las últimas novedades sobre el accidente de tren y visitar a las víctimas y sus familiares.
Fuentes de Zarzuela consultadas por Europa Press han indicado asimismo que Casa Real estará representada en la misa funeral aunque todavía no se ha cerrado qué miembro o miembros de la familia real acudirán.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O vicepresidente da Xunta e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, avanzou, nunha rolda de prensa, que a Xunta traballa na organización dun funeral oficial nos vindeiros días por todas as vítimas do accidente ferroviario. "O prioritario é atender os feridos, as familias e identificar as vítima. E toca empezar a plantexarse actos de homenaxe, de recoñecemento e de recordo, dixo, logo de valorar como data probable o vindeiro luns para celebrar o acto en honor ás vítimas do accidente.
Así mesmo, Rueda reiterou o seu agradecemento polas mostras de apoio e respaldo que se están a recibir, non só de toda Galicia, puntualizou, senón de toda España e doutros países; non só coma mostras de solidariedade senón con ofrecementos de apoio e de medios. Agradecemos moitísimo esas mostras de solidariedade, enfatizou.
De igual xeito, volveu agradecer o traballo de todos os profesionais e voluntarios que sen descanso e desde o primeiro momento, estiveron ao pé do terreo: os efectivos de Emerxencias, as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, os profesionais sanitarios, os psicólogos, e todas aquelas persoas que estiveron traballando desde o primeiro momento, e o van seguir facendo mentres sexa necesario. Grazas moi sinceras en nome da Xunta de Galicia, manifestou.
No tocante ós traballos xa rematados- do Imelga en materia de autopsias, o vicepresidente da Xunta apuntou o importante esforzo que está a permitir axilizar ao máximo o que sempre é un proceso laborioso e complicado. Por iso, quixo insistir no seu agradecemento aos profesionais do Instituto de Medicina Legal que foron facendo quendas sen descanso desde o primeiro momento, e que permitiron que houbera 16 profesionais traballando ao mesmo tempo. Este intenso labor, precisou, ten permitido que, xunto ao traballo da Policía Científica, haxa identificadas xa 72 persoas. Segundo avancen os traballos da Policía Científica e rematen poderá fixarse o número definitivo de vítimas que, provisionalmente se move no entorno das 80.
Rueda sinalou que xa se puxeron a disposición das familias máis de 60 corpos das persoas que resultaron falecidas no accidente posto que xa se foron achegando paulatinamente ao Multiusos Fontes do Sar para poder recoller os corpos do seus seres queridos. E confiou en que este proceso se complete nas vindeiras horas.
No tocante aos feridos, a conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, subliñou que, neste momento, hai 81 persoas ingresadas nos hospitais galegos e precisou que nas unidades de críticos hai 28 adultos e 3 pediátricos, logo de que unha nena de oito anos saíse da UCI pediátrica para ser trasladada a planta.
Así mesmo, explicou que dos pacientes ingresados: 31 son galegos, 38 doutras comunidades e 8 doutras nacionalidades Arxentina, Colombia, Perú, EEUU e Reino Unido-; e catro pacientes dos que non se puido rexistrar aínda a súa nacionalidade pero de cuxo estado tamén teñen coñecemento xa os seus achegados como no caso das restantes persoas hospitalizadas.
A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.