
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presentou a sexta edición de Espazos Sonoros, unha cita coa que se pon en valor o rico e diverso patrimonio cultural a través de concertos de diversos estilos e actividades vinculadas coa música que percorrerán diferentes espazos arquitectónicos galegos desde o 8 de setembro ao 27 de outubro de 2013.
Na presentación do ciclo, o conselleiro de Cultura e Educación estivo acompañado polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e pola directora artística do ciclo, Belén Bermejo, no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), un dos escenarios nos que se desenvolverá este proxecto que pon en diálogo a música co patrimonio.
Trátase dunha cita consolidada arredor da música e do patrimonio, sempre na procura da calidade, do valor estético, pero cada vez máis, tamén das novas tendencias musicais e do diálogo entre as artes, en contornos pouco coñecidos e con enorme encanto e valor patrimonial, afirmou o Vázquez Abad. Así, o conselleiro comentou que este festival procura poñer en valor o patrimonio nun sentido amplo e variado, non estritamente arquitectónico, xa que o patrimonio é a nosa tradición musical, son os instrumentos históricos e as exploracións creativas máis recentes; é tamén a vivencia do marco natural no que se desenvolven as actividades paralelas deste ciclo.
A través desta iniciativa, a Consellería desenvolve unha programación musical en espazos de especial interese do patrimonio cultural galego e que está aberta a múltiples manifestacións artísticas e estilos. Desta maneira, Espazos Sonoros favorece o interese e un maior coñecemento dos espazos arquitectónicos de Galicia.
Nesta sexta edición, o ciclo promovido pola Secretaría Xeral de Cultura volve destacar por contar cunha ampla proposta de grupos e artistas de contrastada calidade que representan un amplo abano de estilos. Música de órgano, música antiga ou de cámara, fusións de flamenco ou as percusións máis contemporáneas son algunhas das propostas que conforman a decena de concertos que compoñen o cartel deste ciclo. Un cartel que percorrerá distintos espazos, agora sonoros, de vilas, aldeas e cidades de toda Galicia, entre os que se inclúen igrexas, unha fábrica, museos, muíños e mesmo un castro.
O estilo medieval e barroco abrirá e pechará esta edición coas formacións Il Combattimento, o 8 de setembro na Igrexa de San Salvador de Camanzo, en Vila de Cruces, e Música Acordada, o 27 de outubro no mosteiro de San Rosendo de Celanova. E tamén contará co recoñecido grupo inglés Ghotic Voices, que difundirá os repertorios de música medieval europea, o 6 de outubro, na Igrexa de Santa María de Armenteira, en Meis.
O flamenco virá da man do guitarrista galego Marcos Teira, que presentará o seu novo traballo, Flamenco Translations, o 14 de setembro no Museo Etnolóxico de Ribadavia. Ao día seguinte, Odaiko Percussion Group achegará os ritmos máis contemporáneos ao Museo do Castro de Viladonga, situado en Castro de Rei. O órgano, acompañado doutros instrumentos de vento, será o protagonista do concerto que ofrecerán Marisol Mendive e Andrés Díaz na igrexa de Xunqueira de Ambía, o 22 de setembro, con pezas do repertorio orgánico de destacados compositores ibéricos dos séculos XVI e XVII.
O cartel de Espazos Sonoros 2013 complétano o novo proxecto de Caxade, o 29 de setembro nas Salgadeiras de Moreiras, no Grove; DandyLady, que ofrecerán un recital teatral sobre o desasosego, o 2 de outubro, no IES Lucus Augusti de Lugo; a danza contemporánea de Cía. trasPediante, que chegará o 13 de outubro á fábrica de Sargadelos, en Cervo; e The Delightful Companion, que ofrecerán un concerto de improvisación libre o 19 de outubro no Museo Massó de Bueu.
A captación e formación de públicos segue a ser un dos obxectivos básicos do proxecto e, arredor deste, constrúense os contidos musicais, pero tamén un importante conxunto de actividades que axudan a ampliar o interese do festival. Neste sentido, Espazos Sonoros 2013 aposta por unha oferta de iniciativas complementarias que teñen como finalidade achegarlle a música ao público a través de iniciativas como obradoiros de achegamento á musica antiga e de organería para público infantil, sesións didácticas, espazos de conversa e música, visitas guiadas a muíños e castros e roldas polo patrimonio dos órganos.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.