Noticias

Lendrone e His Majesty the King abren en la Plaza Central el ciclo Atardeceres no Gaiás

La banda gallega Lendrone y uno de los grupos considerados imprescindibles en el panorama nacional, His Majesty the King, abren el jueves 4 de julio la tercera edición del ciclo Atardeceres no Gaiás que, en la Plaza Central de la Ciudad de la Cultura, ofrece actuaciones de pequeño formato gratuitas.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria celebra o xoves, 4 de xullo, a apertura da terceira edición do ciclo Atardecer no Gaiás a ritmo da banda galega Lendrone e un dos dúos imprescindibles do panorama musical nacional: His Majesty the King.

O concerto inaugural de Atardecer no Gaiás arranca a partir das 21:00 horas na praza central da Cidade da Cultura, que un verán máis se converterá no lugar ideal para escoitar a mellor música en actuacións de pequeno formato e totalmente de balde.

Nesta primeira sesión, o público poderá vivir en directo unha mestura única de rock instrumental, psicodelia espacial e krautrock a ritmo dos galegos 'Lendrone' e o seu primeiro disco: 'Uno, once cortes de rock instrumental que non deixarán indiferente a ninguén'.

Tras eles subirase ao escenario do Gaiás o dúo 'His Majesty the King'. Cun rock que se abre desde Elastica ata The White Stripes, Nacho e Clara amenizarán este primeiro atardecer a través dos temas do seu segundo traballo, con letras e melodías inspiradas nos sons das bandas dos 90.

Este dobre concerto de 'Lendrone' e 'His Majesty the King' co que se abre 'Atardecer no Gaiás' substitúe a actuación prevista dos italianos 'Niagara' que, por motivos alleos á organización, non poderá celebrarse. A Cidade da Cultura lamenta as posibles molestias que este cambio no programa lle poida ocasionar ao público do ciclo.

Tras esta estrea enérxica, o venres 5 de xullo volve á Cidade da Cultura a Orquestra de Cámara Galega, dirixida por Rogelio Groba, que ofrecerá ao longo do verán un miniciclo de catro concertos. O primeiro levará o título de 'Schubertiada' e nel, seguindo a tradición vienesa dos séculos XVIII e XIX, un ensemble de músicos da Orquestra de Cámara Galega interpretará unha selección de obras de cámara e para grupo instrumental dos compositores Schubert e Mozart.

O broche de ouro a esta primeira semana de 'Atardecer no Gaiás' porao a banda viguesa 'Mvnich' e o seu post punk. Tras coquetar con sons escuros e contundentes, 'Mvnich' chega á Cidade da Cultura para ofrecer en directo os temas do seu primeiro disco, 'Ina', unha combinación de sons levados ao límite baixo un patrón de emotividade e funcionalismo abismais.

Todas as actuacións de 'Atardecer no Gaiás' celebraranse ás 21:00 horas e terán unha duración aproximada dunha hora ou hora e media. Para subir á Cidade da Cultura, o público poderá tomar a liña 9 do autobús urbano, que pasa a cada hora por puntos céntricos de Santiago de Compostela como a rúa Senra ou Virxe da Cerca.

Do mesmo xeito, quen desexe baixar da Cidade da Cultura en urbano terá dispoñible un último autobús ás 22:45, cun percorrido circular (C11) que contará con parada no centro de Santiago, na rúa Xeneral Pardiñas.

R., 2013-07-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
Una ducia de proxeccións e cinco persoas convidadas conforman o menú da 34ª edición da Semana de Cine Submarino da UVigo, que se celebrará entre os días 3 ao 5 de novembro no auditorio da Afundación. Producións internacionais e nacionais volverán encher de público o auditorio vigués, que acollerá nunha sesión matinal a centos de escolares da provincia, e que poderá somerxerse nas profundidades das augas das Maldivas, do Caribe ou da costa norte galega.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES