
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, inaugurou a exposición Soñando un futuro, organizada por Manos Unidas e que permanecerá exposta no edificio administrativo da Xunta en Lugo ata o día 11.
A mostra presenta, a través dunha vintena de fotografías, diferentes situacións de abuso e explotación ás que se ven sometidos nenos e nenas en países en vías de desenvolvemento. A delegada territorial subliñou a importancia de transmitir esta mensaxe para que neste primeiro mundo sexamos conscientes daquelas realidades e respondamos con solidariedade.
As fotografías denuncian a imposibilidade de acceso dos menores á educación e á sanidade, así como as condicións de explotacións nas que se ven obrigados a traballar dende moi pequenos. Ao respecto, Arias reivindicou o dereito de todos os nenos e nenas a ter unha vida digna independentemente do país no que vivan, e incidiu en que a cooperación é responsabilidade de todos.
A delegada agradeceu a Manos Unidas o seu labor e a oportunidade que nos deron de implicarnos neste proxecto, para sensibilizar á sociedade de que con un pequeno esforzo contribuímos a facer moito polos máis débiles.
Así mesmo, lembrou que a Xunta de Galicia actúa a través da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e Unión Europea desenvolvendo o II Plan Director da Cooperación Galega 2010-2013, a través do cal se teñen financiado 136 intervencións en 28 países, cun promedio de 94.000 euros por proxecto a través de todos os instrumentos de axuda.
Este plan tense revelado como un instrumento de planificación coherente e cun deseño adecuado ás particularidades e dimensións da cooperación galega de xeito que, aínda cos axustes orzamentarios que condicionaron o pleno despregamento dos seus efectos, satisfaga as expectativas dos actores de cooperación.
A exposición pode ser visitada no edificio administrativo de 11 a 13.30 horas e de 17.00 a 19.00 horas. Neste horario, haberá colaboradores de Manos Unidas para explicar o contido e o motivo desta mostra, que segundo explicou no acto a presidenta da organización en Lugo, Amalia Hermida, non é outro senón ser un revulsivo para as conciencias.
Fotografía: www.manosunidas.org
A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.