
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la USC e Ibercom2013:
A Facultade de Ciencias da Comunicación da USC abreu as súas portas ao XIII Congreso Internacional Ibercom que ata o día 31 de maio se desenvolve baixo o lema "Comunicación, cultura e esferas de poder" e coa participación de máis de 700 investigadores. O reitor Juan Casares presidiu a inauguración do encontro no que tamén interviron o secretario xeral de Universidades, Xosé Alberto Díez de Castro; o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato; o vicerreitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde; a presidenta da Asociación Galega de Investigadores e Investigadoras en Comunicación (Agacom), Margarita Ledo; e a presidenta de AssIBERCOM, Inmacolata Vasallo.
Logo da apertura oficial do encontro, Clemencia Rodríguez, profesora da Universidade de Oklahoma (USA), analizou a importancia dos medios de comunicación nos movementos e cambios sociais como a recente Primavera Árabe. Clemencia Rodríguez está especializada na análise de comunicación alternativa, comunitaria e cidadá na que traballa dende hai máis de tres décadas.
O programa do congreso comezou cunha xuntanza da Asociación Latinoamericana de Investigadores de Comunicación (ALAIC), da Asociación Galega de Investigadores e Investigadoras da Comunicación e do Nordic Centre for Media and Communication Research, NORDICOM. Pola tarde, o profesor Miquel de Moragas coordina un panel dedicado á definición dunha axenda Iberoamericana científica e política- de cooperación con AIECS/AIMCR.
A xornada do xoves 30 iniciouse cunha sesión plenaria sobre Comunicación, servizo público e esferas de poder, coordinada polo profesor da Complutense de Madrid, Enrique Bustamante, e continúa con segunda sesión do día dedicada a Comunicación, procesos de cidadanía e esferas de poder. A importancia dos medios de comunicación para a democracia e os cambios sociais é o eixo temático dos debates que se abordarán estes días en Ibercom, evento promovido por Agacom e organizado por unha comisión que, baixo a presidencia da catedrática Margarita Ledo, integra a profesores das tres universidades galegas.
Máis información en: http://www.estudosaudiovisuais.org/lusofonia/?lang=es
https://www.facebook.com/Ibercom2013?fref=ts
A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.