Noticias

Se traslada a Madrid la conmemoración del 150º aniversario de la obra Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro

Se estrenó en el Teatro Español de Madrid el espectáculo musical "A Rosalía de Federico" organizado con motivo de la conmemoración del 150º aniversario de la obra Cantares Gallegos, y en el que el cantautor Amancio Prada propone un diálogo escénico entre dos figuras muy representativas de la poesía española de los siglos XIX y XX: Rosalía de Castro y Federico García Lorca.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, apoiou a proxección da figura rosaliana fóra de Galicia coa súa asistencia á estrea do espectáculo A Rosalía de Federico no Teatro Español de Madrid, co que Amancio Prada propón un diálogo escénico entre dúas das figuras máis representativas da poesía española dos séculos XIX e XX: Rosalía de Castro e mais Federico García Lorca. O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, acompañou ao conselleiro na estrea do recital, que conta coa colaboración da Xunta de Galicia. O espectáculo, dirixido por José Luis Gómez, chegará proximamente a Galicia co apoio da Secretaría Xeral de Cultura, no marco da celebración do 150º aniversario da publicación de Cantares Gallegos.

Sobre unha idea orixinal de José Luís Gómez, o cantautor berciano inclúe en A Rosalía de Federico composicións inéditas, rememorando os versos lorquianos e rosalianos, nun conxunto que compón un acorde rosalorquiano de versos en galego e castelán. Deste xeito retoma o espírito de ambos os autores en temas de tanta actualidade como a vinculación á terra, o reencontro co ausente e a preocupación polos máis humildes.

O recital recupera, ademais, a relación de Lorca con Galicia, terra á que viaxou no 1932, así como a súa admiración pola poeta galega. Así, Prada estreará unha peza inspirada na ‘Salutación elegíaca a Rosalía de Castro’, poema que o granadino lle dedicou en 1919 a Rosalía, así como outras baseadas nos Seis poemas gallegos, entre os que se atopa a ‘Canción de cuna pra Rosalía de Castro, morta’.

A Rosalía de Federico constitúe unha nova aproximación de Amancio Prada ás obras de Rosalía e Lorca, que xa interpretou en traballos como Campanas de Bastabales (1975), Rosas a Rosalía (1997), Sonetos del Amor Oscuro (1986) ou Sonetos y Canciones de Federico García Lorca (2006).

Na celebración do 150º aniversario de Cantares Gallegos, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria programa múltiples actividades da man das principais institucións culturais galegas para conmemorar a publicación dunha obra coa que se iniciaba unha nova etapa de esplendor para a literatura galega e a recuperación cultural de Galicia. Tras a presentación, o pasado 18 de marzo, da actuación musical educativa ‘No bico un cantar. Nenos e nenas cantan a Rosalía’, na que un coro de 400 rapaces de entre 8 e 12 anos cantarán os versos da escritora de Padrón, a Consellería colabora agora coa organización e difusión do espectáculo A Rosalía de Federico.

Este apoio enmárcase na programación que está a impulsar o goberno galego arredor desta efeméride literaria. A Consellería, a través da Secretaría Xeral de Cultura, propón ao longo do ano numerosas actividades para conmemorar esta efeméride. No primeiro semestre, as bibliotecas nodais promoverán diversas actividades, entre as que destaca a mostra bibliográfica arredor de Cantares Gallegos na Biblioteca de Galicia. A Fundación Rosalía de Castro tamén promove a mostra ‘No principio foi o verso. O cantar dos Cantares’, unha exposición que difundirá a obra poética da autora nas principais cidades galegas e que conta, entre outros, co patrocinio da Xunta.

No campo audiovisual, o CGAI organiza o ciclo ‘Paisaxes do Romanticismo. Arredor de Rosalía de Castro’, para entender a época e o ambiente cultural de Europa do século XIX. Así tamén, a CRTVG emitirá espazos dedicados a Cantares Gallegos e á súa autora. Por outra banda, a Consellería convoca o concurso escolar ‘Imaxina Cantares!’ para que os máis novos poidan gozar da obra rosaliana.

Os espectáculos escénicos non faltan nesta programación, o CCG levará por diferentes localidades galegas o espectáculo ‘Rosalía’. A Secretaría Xeral de Cultura tamén promoverá ‘Os cantares das musas’, de Sarabela Teatro. Respecto ás edicións conmemorativas inclúense un facsímile da primeira edición de Cantares Gallegos e unha edición da obra ilustrada por Pepe Barro coa colaboración do goberno galego.

Para difundir no exterior a obra rosaliana publícase unha edición en inglés desta obra de referencia de Rosalía na colección Galician Classics e desenvolveranse actividades en universidades de todo o mundo, coordinadas desde a Secretaría Xeral de Política Lingüística. Por último, a Consellería de Cultura e Educación colabora activamente na conservación da Casa da Matanza, un referente da posta en valor da figura e da obra de Rosalía. Neste sentido, a Xunta investiu 200.000 euros cofinanciados con Fondos Feder para o seu acondicionamento.

R., 2013-04-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
Una ducia de proxeccións e cinco persoas convidadas conforman o menú da 34ª edición da Semana de Cine Submarino da UVigo, que se celebrará entre os días 3 ao 5 de novembro no auditorio da Afundación. Producións internacionais e nacionais volverán encher de público o auditorio vigués, que acollerá nunha sesión matinal a centos de escolares da provincia, e que poderá somerxerse nas profundidades das augas das Maldivas, do Caribe ou da costa norte galega.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES