Noticias

Carlos Latre y Pepe Viyuela presentan en Ourense sus espectáculos Yes, We Spain is Different y Encerrona

El humorista Carlos Latre y el actor Pepe Viyuela presentan en Ourense, el sábado 6 y el domingo 7 de abril, sus espectáculos "Yes, We Spain is Different" y "Encerrona", respectivamente. Estas actuaciones forman parte del programa cultural municipal que también incluye la obra infantil Bon Apetit.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del Concello de Ourense:

A programación cultural do Concello de Ourense para este semestre ten un dos seus puntos álxidos esta fin de semana, coa actuación de dous recoñecidos artistas do panorama actual: Carlos Latre e Pepe Viyuela.
Carlos Latre estará o vindeiro sábado día 6 a partir das 20.30 h no Auditorio. As entradas teñen un prezo de 20 €. Actor e humorista televisivo, trae ao escenario todo o repertorio de personaxes que o deron a coñecer e abre un novo abano a novas voces e caracterizacións nunca vistas.

Carlos Latre actualizou por completo un guión do seu espectáculo para incluír toda a actualidade política, social, cultural e deportiva do momento, logrando que Yes, We Spain is different continúe sendo a visión máis surrealista e tamén realista do que nos rodea. Con imitacións que van desde Angela Merckel ou Cristobal Montoro ata Belén Esteban e a Duqueda de Alba, para chegar aos 110 personaxes en escea durante os 90 minutos que dura esta divertida e aditiva actuación.

E o domingo día 7, visita o Auditorio o tamén polifacético Pepe Viyuela co seu espectáculo Encerrona. Será ás 20.30 h e cun prezo de 15 € e 13 €.
Encerrona é unha reflexión sobre o cotián desde a perspectiva do paiaso. O personaxe vive a experiencia de quedar atrapado no escenario. Cando entra en escena non sabe onde se está metendo. É un personaxe enganado que entra alí porque lle dixeron que ese é o camiño e, de súpeto, atópase fronte a un público que lle mira e parece esixirlle algo. El non vén actuar pero vese obrigado a iso.

A maiores, como é habitual cada domingo – agás o segundo de mes -, a programación infantil volve ao Auditorio con Bon Apetitt. Esta obra ven da man da compañía de Teatro dos Ghazafellos, unha nova producción na que se mestura a risa coa cociña tradicional. Dirixida a un público familiar, Bon Appetit amosará a historia duns personaxes pintorescos a través da linguaxe universal do clown. Tres chefs que nos van a amosar os segredos da cociña galega seguindo o prestixioso libro de receitas de Álvaro Cunqueiro.

Todas as entradas están á venda en www.servinova.com, ou na billeteira do Auditorio antes de cada actuación.

R., 2013-04-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
Una ducia de proxeccións e cinco persoas convidadas conforman o menú da 34ª edición da Semana de Cine Submarino da UVigo, que se celebrará entre os días 3 ao 5 de novembro no auditorio da Afundación. Producións internacionais e nacionais volverán encher de público o auditorio vigués, que acollerá nunha sesión matinal a centos de escolares da provincia, e que poderá somerxerse nas profundidades das augas das Maldivas, do Caribe ou da costa norte galega.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES