
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O informe da ponencia da Lei de Orzamentos Xerais do Estado xa inclúe a emenda sobre os Beneficios Fiscais aplicables aos actos de celebración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago de Compostela (1214-2014). A Xunta de Galicia solicitou que os actos citados puideran acollerse aos incentivos fiscais establecidos na Ley 49/2002, de 23 de decembro, de Réxime Fiscal das Entidades sen Fins Lucrativos e dos Incentivos Fiscais ao Mecenado.
A solicitude tramitouse a través dunha emenda de adicción ao articulado da Lei de Orzamentos Xerais do Estado na que se especifica o seguinte:
-Os actos relacionados coa celebración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago de Compostela terán a consideración de acontecemento de excepcional interese público aos efectos do disposto no artigo 27 da Ley 49/2002 de 23 de decembro, de Réxime Fiscal das Entidades sen Fins Lucrativos e dos Incentivos Fiscais ao Mecenado.
-A duración do programa de apoio a este acontecemento abarcará dende o día 1 de xullo de 2013 ao 30 de xuño de 2015.
-A certificación da adecuación dos gastos realizados aos obxectivos e plans do programa efectuarase conforme ao disposto na citada Lei 49/2002.
-As actuacións a realizar serán as que aseguren o axeitado desenvolvemento do acontecemento. O desenvolvemento e concreción en plans e programas de actividades específicas realizaranse polo órgano competente en conformidade ao disposto na citada Ley 49/2002.
-Os beneficios fiscais deste programa serán os máximos establecidos no artigo 27.3 da devandita Ley 49/2002.
A celebración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago promoverá congresos, exposicións e publicacións de gran calidade, no período comprendido entre mediados de 2013 e mediados de 2015.
A partir do 2 de agosto de 2013 o Comune di Assisi irmandado coa cidade de Santiago- organizará unha peregrinación colectiva Asís-Compostela, a realizar por tramos, en Italia, Francia e España, acompañada de accións culturais e promocionais, conferencias, exposicións itinerantes e concertos de música medieval e/ou clásica. Estas accións organizadas pola Xunta de Galicia, coa colaboración do Consorcio de Santiago e a Orde franciscana, poderán contar co patrocinio privado.
O evento terá repercusión mundial, con actuacións concretas en Italia, Francia e España, integrando participantes de todo o mundo nos congresos que se realizarán en Santiago en 2014. Isto conseguirase coa colaboración da Orde franciscana e o apoio da Custodia de Xerusalén.
En Santiago de Compostela organizaranse diversos congresos internacionais, un deles sobre a historia das peregrinacións.
Contémplase a edición das actas como instrumento promocional e memoria do evento. Haberá tamén exposicións e concertos de música medieval e clásica. Unha destas mostras estará centrada no legado de San Francisco e a Orde que funda, e a súa relación cos camiños da peregrinación e as súas metas: Santiago, Xerusalén e Roma. Como complemento editarase un catálogo de gran calidade e referencia.
A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.