Noticias

Cineuropa 2012 incluye la proyección de 180 películas, incorpora conciertos y sube el precio de la entrada para mantener la calidad

La 26 edición del festival de cine independiente europeo Cineuropa arranca el 8 de noviembre con una media de 15 proyecciones al día y tras incorporar a su programación, por primera vez, conciertos relacionados con las cintas que se proyectarán. Bella addormentada y La tierra de la esperanza son las primicias de esta edición.

El Salón Teatro, el CGAC y el Teatro Principal acogen hasta el 30 de noviembre un total de 180 proyecciones en versión original, y conciertos de jazz o artistas como Juan Perro y Najwa Nimri. Los precios de los conciertos oscilarán entre las 6 y los 18 euros. En rueda de prensa, el director de Cineuropa, José Luis Losa, ha explicado que los cambios introducidos han permitido que el festival no pierda "calidad" con respecto a los años anteriores, ya que la financiación desciende en casi 100.000 euros este año. En este sentido, ha reconocido que el IVA también afecta a la subida del precio, si bien el precio permite "que la gente siga yendo".

Como todos los años, Cineuropa estrena películas en primicia en el territorio nacional. Concretamente, en esta edición serán la cinta 'Bella addormentada', de Marco Bellochio, y 'The land of hope', de Sion Sono. Asimismo, los organizadores han destacado el "retorno" de Bertolucci con 'Io e te'. Otros nombres que se podrán encontrar en la cartelera son los hermanos Taviani, Oliveira, Ferrera o Cantet. Además se descubrirán nuevo cineastas como Joao Canijo y Xavier Dolan.

La sección audiovisual gallega incorpora los nombres de Luis Patiño y Ángel Santos, y la cinta 'Arraianos'; así como repite la sección de cine fantástico, que "fue muy demandada" en años anteriores, con filmes que ya acudieron a otros certámenes como Sitges como 'The cabin in the Woods'. Durante la presentación del evento, el alcalde de Santiago, Ángel Currás, ha remarcado que se trata que esta iniciativa constituye un "proyecto educativo y de calidad".

El director del Auditorio de Galicia, Víctor Carou, ha destacado la incorporación del ciclo de conciertos que acogerá esta instalación. Las entradas para las actuaciones musicales se venderán en el Teatro Principal y a través de Novagalicia Banco.

Los premiados en esta edición de 2012 son el cineasta Pedro Costa y la actriz y cantante Najwa Nimri, que recibirá su galardón el día 24, en que protagonizará uno de los conciertos de esta edición.
El lisboeta Pedro Costa empezó en 1997 con 'Ossos', tras lo que filma 'No cuarto da Vanda', llegando su mitificación con 'Juventude en marcha'. La trayectoria de Najwa Nimri, por su parte, pasa por el film de Amenábar 'Abre los ojos' hasta ponerse a las órdenes de Ken Loach o Pedro Almodóvar.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del Concello de Santiago:

O alcalde, Ángel Currás; o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou; e o director de Cineuropa, José Luis Losa, presentaron esta a XXVI edición de Cineuropa que se celebra na cidade do 8 ao 30 de novembro. En total serán 152 filmes os que se poderán ver no Teatro Principal, Salón Teatro, CGAC e Sala Mozart do Auditorio de Galicia. E ademais de cinema teremos actividades complementarias e un programa especial de música: Cineuropa Concerto. A música estará moi relacionada con Cineuropa este ano e de feito unha das premiadas desta edición é Najwa Nimri, actriz e cantante. O outro premio Cineuropa será para o cineasta portugués Pedro Costa.

Aínda que Cineuropa arranca o xoves 8 coa proxección no CGAC do documental Jimi Hendrix, previo ao concerto de Juan Perro no Principal, dentro do programa especial Cineuropa Concerto, as primeiras proxeccións serán o venres día 9. Simbolicamente, o festival inaugurarase ás 21:00 horas do venres 9 no Teatro Principal coa proxección de Bella Addormentata, estrea en España nos festivais internacionais do filme de Marco Bellocchio. E a clausura do festival, o día 30, será tamén especial, xa que o produtor Paulo Branco estará en Compostela para presentar o seu filme Linhas de Wellington. Branco é, en palabras de Losa, "o pater familias do cinema de autor europeo", co cal é un magnífico broche de ouro para o festival.

Entre un e outro filme, outros 150 enmarcados en 12 seccións diferentes: Sección Oficial; Panorama Internacional; Fantastique Compostela; Buenos Aires Connection; Retrospectiva Xavier Dolan; Retrospectiva João Canijo; Cineuropa-Docs (dentro da cal teremos a subsección "O mundo segundo Alexander Kluge: retrospectiva"); Cinefilias; Cineuropa Ten Cult Movies; Cineuropa Concerto; Panorama Audiovisual Galego e o xa tan simbólico Maratón Cineuropa. A través destas sección Compostela converterase na capital galega do cinema xa que será, por exemplo, a oitava cidade en todo o mundo onde se vai a ver a película de Kiarostami, Like someone in love, ou poderemos gozar do ansiado retorno do mestre Bertolucci con ese Io e te que, á parte de en Italia, se estreou universalmente só en Cannes e San Sebastián. E teremos tamén a nosa cita anual co xaponés Sion Sono, co seu The Land of Hope, estreada en Xapón hai dúas semanas.

Estarán en Compostela tamén os irmáns Taviani (Oso de Ouro en Berlín) e Haneke (gañador en Cannes con Amour), á parte das dúas películas máis intelixentemente provocadoras da tempada (Ulrich Seidl e as súas Paradises), mais as tres obras maiúsculas da tempada, Tabú, A noite de enfronte e Holy Motors, xunto co último de Resnais, Oliveira, Ferrara, Cantet ou Bellocchio, e a película revelación do ano, Beast of the Southern Wild. Unido á posibilidade de descubrir dous cineastas que pagan a pena: o enfant terrible Xavier Dolan e o desgarrado Joao Canijo. E convidaremos ao gran cineasta español sobre o que disparan máis que sobre o pianista, Javier Rebollo. Serán varios os cineastas que nos acompañen nas proxeccións dos seus filmes para despois abrir un coloquio: ademais de Rebollo estarán Margarita Ledo, Eloy Enciso, João Canijo…

A todo isto hai que engadir unha case "integral" do Novo Cinema Galego con Arraianos na cabeceira; o verdadeiramente imprescindible do fantastique chegado de Sitges (estará The cabin in the woods). E estas son só algunhas das películas que poderemos ver neste mes na cidade.

O cinema e a música están intimamente ligados e así se reflicte nesta programación, onde Cineuropa se une a outros ciclos da Concellaría como Íntimo & Acústico ou o Compostela Rock e confórmase unha sección moi especial: Cineuropa Concerto. Nove concertos dos cales, sete están relacionados con cadanseu documental; aos que se une un moi especial da Real Filharmonía de Galicia, que colabora unha vez máis con Cineuropa para traernos un atraínte Nosferatu de F.W. Murnau o xoves 22 no Auditorio; e, por último, o concerto dunha das premiadas, Najwa Nimri, o día 24 no Principal.

Ademais da música haberá outras actividades complementarias. Poderemos gozar do Fantabuloso cine ambulante dos irmáns Lumieira os días 16, 17 e 18 na Zona C de Bonaval, onde nos amosaran o funcionamento do cinematógrafo e poderemos ver varios filmes mudos. E tamén está a oportunidade de participar no Obradoiro de Debuxos Animados os días 23, 24 e 25, unha expo-obradoiro dirixida a todos os públicos coa única condición de que gusten do debuxo e o deseño.

As entradas para as proxeccións poden mercarse dende mañá mesmo en Novagaliciabanco (tanto na web, entradas.novagaliciabanco.es como no teléfono 902 434443) ou na Billeteira Única do Teatro Principal, que estará aberta todos os días a partir das 15:00 horas. Os prezos para os filmes son de 4 euros por entrada podendo adquirir una bono para 10 películas ao prezo de 30 euros. As proxeccións do CGAC e da Sala Mozart do Auditorio de Galicia son de entrada libre ata completar aforo. O programa completo do festival custará 2 euros e regalarase coa compra dun bono. O prezo do maratón será de 5 euros e os concertos teñen cada un os seus prezos e lugares de venda específicos.

R., 2012-11-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (20250521-xunta.jpg) Este novo centro, que conta cun orzamento inicial estimado de 2,07 millóns de euros, que será cofinanciado con fondos Feder, localizarase nunha parcela de preto de 24.000 m2, na zona de reestruturación parcelaria de Fisteus, en Curtis. Trátase dunha situación idónea desde o punto de vista loxístico, ao contar con boas comunicacións, e xeográfico xa que está próximo a municipios con menor poboación, que, tal e como incidiu a conselleira, é onde se ten identificado unha maior necesidade deste tipo de infraestruturas. O centro en si terá unha superficie de 2.300 m2 con capacidade para 300 cans e 200 gatos e as súas instalacións incluirán, entre outras dependencias, áreas para corentena, maternidade, illamento infeccioso, hospitalización, animais agresivos ou mantemento habitual de exemplares.
Foto de la tercera plana (apoio.jpg) Segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística, Galicia é a comunidade que máis reduciu en 2024 a taxa Arope, que mide o risco de pobreza e exclusión social. Actualmente, a taxa situase no 18,8%, a máis baixa da que se teñen datos e sete puntos por debaixo da media nacional. No caso concreto da pobreza infantil, os datos da estatística da Plataforma da Infancia revelan que Galicia foi en 2024 a comunidade coa menor taxa de pobreza infantil de toda España. En doce meses, a comunidade galega reduciu esta taxa en 10 puntos, ata quedar no 16%, moi por debaixo da media estatal, que se sitúa no 34,1%. Ademais, Galicia é única comunidade que ten alcanzado o obxectivo marcado polos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible relativos á pobreza infantil.

Notas

120 profesionais participaron este martes en Vigo no XXXI Seminario de Loxística, un encontro profesional que cada primavera reúne na Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo a un destacado número de profesionais que abordan neste encontro os principais retos e oportunidades aos que se enfronta un sector marcado pola chegada das tecnoloxías disruptivas que redefinen as dinámicas tradicionais, entre elas, a IA, unha grande aliada á hora de optimizar procesos e responder ás exixencias dun mercado cada vez máis áxil e globalizado.
Era o 1 de xuño do ano 2015, Día Internacional do Leite, cando a Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias da USC inauguraba as súas novas instalacións en Lugo. Unha década despois e logo de que esta plataforma tecnolóxica chegase aos 30 anos de vida, é o momento de conmemorar este aniversario cunha xornada festiva na que se poderá visitar este centro e coñecer as persoas, tecnoloxías e equipos cos que traballan xa convertidos nun referente europeo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES