Noticias

Las universidades gallegas disponen hasta el día 15 para alcanzar el mínimo de alumnos en 25 másteres, o no se impartirán

Un total de 24 másteres del sistema universitario gallego están pendientes de una decisión final sobre su impartición final durante este curso dado que todavía no han alcanzado el mínimo de alumnos exigidos para su impartición. Para ello, tendrán de plazo hasta el 15 de octubre, fin del plazo de matrícula.

El último Consello Galego de Universidades de la legislatura se ha reunido en Santiago de Compostela para abordar los requisitos para la oferta de másteres del sistema universitario gallego, además del balance del trabajo de los últimos años.

"Con el consenso de todos los implicados", informa la Xunta, se ha decidido hacer una interpretación de la redacción de la Disposición transitoria tercera del Decreto de Titulaciones, con el objetivo de rebajar a 10 la exigencia mínima de matriculados en el caso de aquellos másteres que destacan en su memoria su carácter "mixto académico y profesional y no exclusivamente el carácter investigador". Está flexibilización de los criterios se aplicará durante el presente curso académico, y estos estudios tendrán que afrontar las modificaciones que consideren oportunas para alcanzar el mínimo de 20 alumnos para poder impartirse, que fija la citada normativa.

Otra de las excepciones acordadas se refiere a aquellos máster que, a pesar de no alcanzar el mínimo, habiliten para el ejercicio de una profesión regulada, así como aquellos que sean la única continuación natural de formación de post grado para una titulación. Un total de 122 títulos de máster están ya en condiciones de iniciar el curso, según los citados parámetros, salvo los 25 que quedan a la espera de alcanzar el mínimo en el periodo de matrícula.

Unas 30 titulaciones de este tipo de enseñanzas no se impartirán durante el presente curso escolar, la mitad "por petición expresa de las universidades respectivas", asegura Educación. El resto no se han impartido durante dos cursos consecutivos y, por tanto, incumplían la normativa.

En concreto, son el de Aplicacións de Procesado de Sinal en Comunicacións (UVIGO); Ciencia e Tecnoloxía Ambiental (UDC); Computación (UDC); Consultoría de Software Libre (UVIGO); Dirección e Planificación do Turismo (Interuniversitario da UDC, USC e UVIGO); Economía, Avaliación e Xestión do Medio Mariño e os Recursos Pesqueiros (UVIGO); Edición (Interuniversitario da USC e UVIGO); Enxeñaría da Auga (UDC); Enxeñaría de Sistemas Informáticos (UDC); Enxeñaría Marítima (UDC); Intervención Logopédica na Infancia e na Adolescencia (UDC); Investigación en Tecnoloxías da Información (Interuniversitario da UDC e USC); Lingüística Galega (Interuniversitario da UDC, USC e UVIGO); Química Ambiental e Fundamental (UDC); y Renovación Urbana e Rehabilitación (USC).

Se recordó que el límite para la total adaptación de los programas de doctorado a la nueva normativa es el curso 2013-2014, dado que desaparece la diferenciación del carácter de lso máster entre investigador, académico y profesionalizante. En declaraciones a Europa Press, el rector de la USC, Juan Casares Long, ha destacado que la administración gallega "entendió" la petición de las universidades para considerar este curso como un año "de transición" de cara el próximo periodo académico en este sentido, y respetando los acuerdos previos alcanzados con las vicerrectorías de Titulaciones. "Pienso que avanzamos mucho", ha destacado Casares Long, quien ha considerado que con estos requisitos se reducen "significativamente" las primeras cifras que se habían anunciado con carácter provisional hace unas semana, y a las espera de dar "el número exacto en los próximos 15 días".

Durante el CGU se ha realizado balance de las 16 reuniones celebradas durante la legislatura y de los proyectos avanzados, como el PLan de Financiación 2011-2015, el Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento o la regulación de titulaciones de grado.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O Consello Galego de Universidades (CGU) celebrou o seu último encontro da lexislatura, no que informouse sobre unha flexibilización dos requisitos para o desenvolvemento das titulacións de máster do Sistema Universitario de Galicia, no relativo ao número de alumnos mínimos.

Así, e tendo en conta que os diferentes prazos de matriculación fixados por cada universidade non rematarán ata o vindeiro 15 de outubro, os membros do Consello foron informados dos acordos adoptados polo grupo de traballo de seguimento de titulacións, composto por representantes das universidades, a axencia da calidade do SUG, e maila secretaría xeral de universidades.

Co consenso de todos os implicados, e segundo confirmaron nas diferentes reunións realizadas datas, decidiuse facer unha laxa da redacción da Disposición transitoria terceira do Decreto de Titulacións, no senso de rebaixar a esixencia de número mínimo de alumnos matriculados a 10, nos casos de máster que na súa memoria tiñan destacado o seu carácter mixto académico e profesional e non exclusivamente o carácter investigador. O vindeiro curso estes mesmos estudos deberán afrontar as modificacións que estimen oportunas para acadar o mínimo de 20 alumnos para poder impartirse.

Ademais lembrouse que o 2013-14 é o límite para a total adaptación dos programas de doutoramento á nova normativa reguladora dos mesmos, o Real Decreto 99/2011, desaparecendo a diferenciación de carácter dos máster universitarios entre investigador, académico e profesionalizante.

Outra excepción acordada foi a de permitir a impartición daqueles máster que, aínda que non chegaran ao mínimo de estudantes matriculados esixidos pola norma, sexan habilitantes para o exercicio dunha profesión regulada así como aqueles que sexan a única continuación natural de formación de posgrao para unha titulación.

Deste xeito o CGU informou de que 122 títulos de máster están en condicións de iniciar a súa impartición no curso 2012-13, por ter acadado o número mínimo esixido de alumnos matriculados, segundo estes parámetros.

Por outra banda neste encontro informouse tamén das 15 titulacións de máster que serán revogados xa que non se tiveron impartidos durante dous cursos consecutivos e polo tanto incumprían coa normativa. Outros 15 son retirados da oferta para este curso, por petición expresa das universidades respectivas.

Finalmente, quedan pendentes dunha decisión final sobre a súa impartición neste curso, un grupo de vinte e cinco máster que aínda non acadaron a demanda mínima establecida no decreto. Deberán acadala antes do remate do respectivo período de matrícula en cada universidade (entre o 10 e o 15 de outubro). De non ser así, non poderán impartirse no presente curso 2012-13.

Durante o desenvolvemento do CGU realizouse un balance dos preto de catro anos, nos que o conselleiro resaltou o alto grado de consenso logrado na eido universitario así como do traballo realizado por todos os implicados no Sistema Universitario Galego a prol da educación.

Deste xeito destacou que “chegados ao día de hoxe non podo máis que manifestar o meu sincero agradecemento polo traballo que nestes anos desenvolveu o Consello Galego de Universidades grazas ao esforzo realizado por cada un dos seus membros. Débenme tamén permitir manifestar a miña satisfacción polas metas acadadas, consciente, iso si, de todo o que queda por facer e que deberá afrontarse nun futuro próximo”.

En relación aos acordos resaltou que nas 16 xuntanzas do consello desta lexislatura, se tomaron acordos e se emitiron informes que determinarán o futuro inmediato do noso sistema. Entre elas destacou o Acordo sobre o Plan de Financiamento do Sistema Universitario de Galicia 2011-2015: un documento novo, que cambiou as premisas sobre as que se debe fundamentar o financiamento do sistema para permitir que, malia estar vivindo nun contexto económico adverso, o noso ensino universitario poida acadar os máis altos niveis de calidade, co compromiso de satisfacer as necesidades e demandas do seu contorno social e económico mediante o exercicio dunha xestión eficiente dos recursos dispoñibles.

Ademais neste tempo Vázquez Abad sinalou que “a Consellería mantivo a aposta pola educación superior universitaria mediante as convocatorias anuais de bolsas e axudas destinadas aos estudantes do SUG, das que no período comprendido entre 2009 e 2012 beneficiáronse un total de 7.934 estudantes das nosas universidades públicas” e dixo que “puxéronse en marcha novas liñas de axudas, como as destinadas a grupos de alumnos universitarios para o desenvolvemento de actividades de formación académica de curta duración, desenvolvidas fóra da comunidade autónoma. Por último, para este curso académico, vense de convocar unha liña de bolsas complementarias ás do Ministerio, co fin de paliar os efectos dos cambios nos requisitos de acceso ás axudas que entraron en vigor recentemente e das que informarei máis adiante”.

Ademais grazas ao traballo realizado neste tempo o SUG conta cunha regulación sobre titulacións e desde maio de 2009, foron autorizados un total de 114 títulos de grao que, unidos aos 5 xa existentes, configuraron a actual oferta do SUG de 119 graos. En canto aos máster, autorizáronse un total de 175 e 128 programas de doutoramento. E, do mesmo xeito, foron revogados da autorización de impartición dun total de 14 máster e dun programa de doutoramento. Deste xeito o SUG queda estruturado en titulacións de tres ciclos: grao, máster universitario e doutoramento, tal e como establece o Espazo Europeo de Educación Superior.

No eido da investigación tamén foi fundamental a actuación do CGU a cuxo informe sometéronse tanto o Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento (I2C) 2011-2015 , actualmente en vigor, como o anteproxecto de Lei de Fomento da Investigación e a Innovación en Galicia, cunha organización competencial encaixa na filosofía de emprender un proceso coordinado de modernización das universidades galegas. Unha circunstancia que posibilitou a vinculación dos fondos destinados á investigación no ámbito universitario, ao Plan de Financiamento do SUG, que define un marco estable de financiamento, fundamental para avanzar de cara ao futuro.

Neste último encontro da lexislatura o CGU foi presidido polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e estiveron presentes; o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro; a subdirectora xeral de Universidades, Beatriz Soutelo; e a xefa do servizo de Coordinación do Sistema Universitario, Lourdes Rodilla. Así mesmo estiveron os reitores de Santiago, Coruña e de Vigo; Juan Casares Long, Xosé Luis Armesto e Salustiano Mato respectivamente.

Xunto a eles asistiron ao CGU o director da Axencia da Calidade do Sistema Universitario Galego, José Eduardo López Pereira; os presidentes dos consellos sociais das universidades, Manuel Puga (USC) e Ernesto Pedrosa (UVIGO), mentres que Antonio Abril (UDC) desculpou a súa presenza; tamén asistiron os membros designados polo Parlamento: Maite Cancelo, Manuel Ladra, José Manuel Cid e Carlos Pajares. Asemade tampouco puido estar presente o director xeral de I+D+I, Ricardo Capilla.

R., 2012-10-01

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

A Real Filharmonía de Galicia presenta a súa programación de verán de 2026 cun percorrido que reafirma o compromiso da institución coa difusión da música clásica, a apertura a novos públicos e a proxección da orquestra dentro e fóra de Galicia. Entre xuño e agosto, a RFG ofrecerá varios concertos en Santiago e participará en citas destacadas como o Festival Internacional de Música de Espinho, o Noia Harp Fest, o Galicia Clarinet Fest ou o Festival Bal y Gay.
O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías aspira a coordinar a construción do prototipo dunha parte esencial para o FCC, o futuro colisionador de partículas do CERN. A construción do prototipo será unha iniciativa estratéxica para a I+D+I en Galicia, xa que implicará tanto á academia como ao tecido industrial especializado no ámbito dos aceleradores de partículas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES