Noticias

10º aniversario del Prestige:presentado un nuevo plan de contingencia por posible contaminación marina

El nuevo plan de contingencia frente a casos de contaminación marina ve la luz en el décimo aniversario de la catástrofe del Prestige y a pocos días de que se inicie el juicio por el accidente del petrolero registrado en 2002. Feijóo dice que el nuevo plan permitirá ganar en "eficacia, operatividad y anticipación", implicando a "todas" las administraciones en la lucha contra la contaminación.

Según ha explicado el presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, incorpora "importantes novedades" como la obligación de los municipios litorales de articular sus propios planes de emergencias para incorporar al autonómico. Lo ha anunciado en la rueda de prensa posterior al Consello de la Xunta, en la que ha explicado que el nuevo plan permitirá ganar en "eficacia, operatividad y anticipación", implicando a "todas" las administraciones en la lucha contra la contaminación.

Núñez Feijóo ha proclamado que "Galicia está hoy más preparada, sin duda, que en la catástrofe del 'Prestige'", en lo que respecta a los medios para enfrentar una situación similar a la que se produjo en 2002. "Tenemos más barcos, más medios, más experiencia, más recursos informáticos y más recursos tecnológicos", ha sentenciado, antes de aludir a la importancia de contar "con un procedimiento único", con una hoja de ruta actualizada "para los próximos cuatro años", y de dar este paso "de forma paralela" al Gobierno, que también ha anunciado su intención de actuar a su normativa en las competencias estatales.

Entre las principales "novedades" con respecto al anterior plan, el Plan Territorial de Contaminación Mariña Accidental de Galicia (Plan Camgal) incluye "una mayor cobertura del riesgo", al incorporar "por vez primera" puntos específicos en la lucha contra la contaminación marina accidental provocada por sustancias nocivas y peligrosas. En los procedimientos de actuación, también introduce la recogida y regulación de la actuación del voluntariado en las tareas de respuesta, diferenciando entre el voluntariado profesional del mar y el voluntariado no profesional en las operaciones en tierra.

Dice que, "por vez primera", se recoge y fomenta la "correcta" recogida de evidencias para la gestión de compensaciones. Igualmente, incluye un atlas para la limpieza de la costa en estos casos dependiendo del lugar, del tipo de alcance y del vertido. Núñez Feijóo ha explicado, además, que se simplifican los niveles de activación, que pueden ser de "alerta" --cuando se sospeche que una contaminación significativa puede llegar a la costa, tanto si procede del mar como de una instalación en tierra-- o de "emergencia", cuando algún tipo de contaminación significativa llegue a la zona costera, tanto si procede del mar como de instalaciones en tierra.

Dentro de este último nivel, se establecen los niveles mínimo, medio y máximo. Las infraestructuras de datos "también se ven mejoradas" y el Gobierno tiene "balizado, desde el punto de vista informático, todos los perímetros de las bateas de bancos marisqueros y de instalaciones acuícolas", así como un censo de "todas" las industrias del mar "con riesgo de contaminación". Sobre la coordinación de actuaciones, en la estructura de la Xunta, sitúa al titular de Mar como líder en la toma de decisiones. "Hay que saber quién es el responsable, para agilizar la activación".

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que o novo Plan Territorial de Contaminación Mariña Accidental de Galicia (Plan CAMGAL) nace co propósito de “gañar en eficacia, en operatividade e en anticipación” de resposta ante unha hipotética continxencia de contaminación no litoral galego. Así o manifestou na rolda de prensa posterior á reunión semanal do Executivo galego que esta mañá aprobou o novo texto.

O obxectivo, en palabras de Feijóo, é poder “contar cunha folla de ruta completamente actualizada para os vindeiros catro anos e facelo de xeito paralelo ao Goberno central, que tamén ten anunciada a súa intención de actualizar a súa normativa nas competencias estatais”.

Como principais novidades, este plan establece, en primeiro lugar, unha maior cobertura de risco, ao incluír por primeira vez apartados específicos na loita contra a contaminación mariña accidental provocada por substancias nocivas e potencialmente perigosas.

En segundo lugar, tal e como detallou o presidente, o novo texto simplifica os órganos de resposta. “Ante unha eventualidade temos que saber que é o responsable, o único responsable. E, polo tanto, mellor organización e mellor activación”, apuntou. Segundo explicou, no eido da organización, a estrutura da Xunta de Galicia estará liderada exclusivamente pola Consellería do Medio Rural e do Mar. E no que se refire ao proceso de activación, redúcense as fases a activar a dúas: nivel de alerta, para cando se sospeite dunha contaminación significativa, e nivel de emerxencia, cando se confirme un episodio destas características.

En terceiro lugar, a nova normativa fixa unha maior definición e cobertura dos procedementos de reposta e establece a regulación da actuación do voluntariado nas tarefas de resposta, diferenciando entre o voluntariado profesional e o non profesional en operacións en terra.

Así mesmo, por primeira vez, contémplase e foméntase a recollida de evidencias para a xestión das compensacións posteriores; e, ademais, establece guías operativas coa fin de facilitar a súa actualización polos distintos actores implicados nas tarefas de resposta. “Polo tanto, -sinalou Feijóo-, os distintos actores, os distintos colectivos, as distintas autoridades terán guías con procedementos concretos e específicos de como actuar en cada caso”.

Feijóo destacou como unha das novidades relevantes deste novo plan a inclusión, por primeira vez, da obrigatoriedade da elaboración de plans locais por parte dos concellos litorais. Deste xeito, resaltou, “todas as administracións quedamos implicadas na loita contra a contaminación mariña”.

O presidente da Xunta referiuse, tamén, á ampliación da información e soporte, ao considerar que “é imprescindible contar con toda a información posible para prever e, no seu caso, para xestionar un accidente mariño”. Así, indicou que a Xunta ten “catalogados e parametrizados todos os bancos marisqueiros, todas as bateas e todas as instalacións acuícolas da comunidade”. “Sabemos, en consecuencia, desde o punto de vista técnico, como actuar en cada caso”, agregou.

Feijóo salientou, ademais, que o Goberno galego “ten balizado, desde o punto de vista informático, todos os perímetros de bateas de bancos marisqueiros e de instalacións acuícolas” e ten “un censo de todas as industrias do mar con risco de contaminación”. “Unha infraestrutura de datos espaciais e específica para o plan que permite visualizar toda a información que sexa necesaria e prever as consecuencias e os movementos das distintas manchas de hidrocarburos, ou outras, no mar”, afirmou.

Por último, o mandatario galego quixo destacar o dinamismo da actualización técnica do plan, posto que inclúe a posibilidade de ser actualizado “en calquera momento, dunha maneira sinxela, cumprindo uns protocolos, para que esa actuación forme parte do plan unha vez aprobado”.

“Actualizamos un plan de xestión de contaminacións mariñas tratando de mellorar a coordinación de todas as unidades e das distintas unidades que teñen que participar, tratando de garantir o uso racional de medio materiais existentes e tentando avanzar na preparación de Galicia fronte a unha hipotética continxencia mariña”, concluíu.

R., 2012-09-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (6coreografas-2026.jpg) A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
Foto de la tercera plana (litoral-pobo.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.

Notas

Xerardo Quintiá gaña, co poemario Os cantos a Minha Senhor de Donsinda Christensen e baixo o lema «Cantos a Minha Senhor», a XXIV edición do Premio de Poesía Afundación, que a entidade convoca xunto ao Centro PEN de Galicia, á que se presentaron nesta edición un total de 46 obras inéditas. A resolución do xurado, presidido por Luís González Tosar, con Inés Mosquera Calvo como secretaria e vogal, e integrado por César Lorenzo Gil, Teresa Seara e Ismael Ramos Castelo, tivo lugar en Santiago.
As escavacións levadas a cabo este verán na Cova de Eirós, no lugar de Cancelo do concello lucense de Triacastela, e en Monte Penedo permitiron ampliar os períodos de ocupación humana das cavidades á vez que certificar que foron usadas como lugares de enterramento. Concretamente, a escavación do nivel 5 en Cova Eirós confirma a existencia na cova de ocupacións neandertais mais antigas e a realizada en Gruta dos Bloques descubriu a existencia dun enterramento infantil datado na Idade do Bronce.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES