Noticias

La USC incorpora la lengua de signos a la oferta académica del Centro de Linguas Modernas

El Centro de Linguas Modernas (CLM) de la Universidade de Santiago de Compostela (USC) abre la matrícula de su programa de cursos para el año académico 2012-2013, en el que ofertará cursos en 13 lenguas, entre ellas, como novedad, la lengua de signos. La inscripción a través de la web del CLM permanece abierta hasta el 13 de septiembre.

Los alumnos podrán asistir a cursos de catalán, checo, chino, español para extranjeros, gallego para no gallegoparlantes, portugués, ruso, japonés, alemán, francés, inglés, italiano y lengua de signos. Todas las personas interesadas en cursar estudios en una lengua en la que ya posean conocimientos previos tendrán que hacer una prueba de nivelación los días 10 o 18 de septiembre. Hasta el 13 de septiembre podrán inscribirse en ella a través de la web del CLM.

El único requisito para tomar parte en estos cursos es tener por lo menos 16 años de edad. El plazo de matrícula para los de iniciación que no necesitan prueba de nivel, termina el 21 de septiembre. En el campus de Santiago están previstos cursos cuatrimestrales de 40 horas presenciales de catalán, checo, chino, portugués, ruso y japonés, además de dos de lengua de signos. En Lugo habrá cursos semipresenciales de inglés. Los cursos anuales de 80 horas semanales serán los de alemán, francés e inglés, que serán impartidos en ambos campus; así como el de italiano en Santiago de Compostela.

El alumnado tendrá además a su disposición una nueva edición de los cursos semestrales de gallego para no gallegoparlamentes y de los intensivos y cuatrimestrales de español para extranjeros. Asimismo, se impartirá un curso semipresencial de preparación para los exámenes de catalán del Instituto Ramón Llull.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la USC:

Catalán, checo, chinés, español para estranxeiros, galego para non galegofalantes, portugués, ruso, xaponés, alemán, francés, inglés, italiano... O Centro de Linguas Modernas (CLM) da Universidade de Santiago de Compostela abriu a matrícula do seu programa de cursos para o ano que comeza, que inclúe por vez primeira a lingua de signos na súa oferta académica habitual.

Todas as persoas interesadas en cursar estudos nunha lingua da que xa posúan coñecementos previos mais non teñan o nivel asignado polo CLM terán que facer unha proba de nivelación os días 10 ou 18 de setembro. Ata o 13 de setembro poden inscribirse nela a través da páxina web do CLM.

O único requisito para tomar parte nestes cursos é ter 16 anos de idade. O prazo de matrícula para os de iniciación que non necesitan a proba de nivel comeza o 3 de setembro e remata o 21 de setembro. Como todos os anos, membros da comunidade universitaria da USC pagarán un prezo reducido.

En concreto, no Campus de Santiago están previstos cursos cuadrimestrais de 40 horas presenciais (e 10 de traballo titorizado) de catalán, checo, chinés, portugués, ruso e xaponés, ademais de dous de lingua de signos, e en Lugo semipresenciais de inglés. Os anuais de 80 horas presenciais e de 20 horas de traballo titorizado de alemán, francés e inglés serán impartidos en ambos os dous campus, coa oferta de italiano tamén en Santiago.

Ademais, o alumnado terá á súa disposición unha nova edición dos cursos semestrais de galego para non galegofalantes e de intensivos e cuadrimestrais de español para estranxeiros. Así mesmo, impartirase un curso semipresencial de preparación para os exames de catalán do Instituto Ramón Llull.

Como lembrou a directora do CLM, Katerina Vlasakova, o estudantado que aprobe un curso de nivel B1 segundo o Marco de Referencia Común para as Linguas terá acreditado o coñecemento dunha lingua estranxeira, “requisito imprescindible para rematar os estudos de Grao ou realizar a matrícula no Master”. Quen aprobe un curso de nivel B2 do MCER terá acreditado ese nivel e poderán recibir créditos transversais para os seus estudos de Grao.

Ademais dos cursos ao longo do ano, o CLM organiza en colaboración con entidades de prestixio internacional (Goethe Institut, Instituto Cervantes, Japan Foundation e Università per Stranieri di Siena) varios exames de diferentes linguas estranxeiras así como as probas de acreditación do nivel B1.

As linguas ofertadas, as modalidades de cursos e o proceso de matrícula explicáronas en rolda de prensa este martes 4 o vicerreitor de Relacións Exteriores e Internacionalización, Victor Millet, e a directora do CLM, Katerina Vlasakova, acompañados pola profesora de lingua de signos, Irene Rivas.

R., 2012-09-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (6coreografas-2026.jpg) A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
Foto de la tercera plana (litoral-pobo.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.

Notas

Xerardo Quintiá gaña, co poemario Os cantos a Minha Senhor de Donsinda Christensen e baixo o lema «Cantos a Minha Senhor», a XXIV edición do Premio de Poesía Afundación, que a entidade convoca xunto ao Centro PEN de Galicia, á que se presentaron nesta edición un total de 46 obras inéditas. A resolución do xurado, presidido por Luís González Tosar, con Inés Mosquera Calvo como secretaria e vogal, e integrado por César Lorenzo Gil, Teresa Seara e Ismael Ramos Castelo, tivo lugar en Santiago.
As escavacións levadas a cabo este verán na Cova de Eirós, no lugar de Cancelo do concello lucense de Triacastela, e en Monte Penedo permitiron ampliar os períodos de ocupación humana das cavidades á vez que certificar que foron usadas como lugares de enterramento. Concretamente, a escavación do nivel 5 en Cova Eirós confirma a existencia na cova de ocupacións neandertais mais antigas e a realizada en Gruta dos Bloques descubriu a existencia dun enterramento infantil datado na Idade do Bronce.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES