Noticias

La reapertura de la Casa da Troia recupera la esencia del ambiente universitario de finales del siglo XIX

La Casa da Troia de Santiago de Compostela ha reabierto sus puertas en la mañana y permanecerá a disposición de los visitantes durante todo el verano, de forma que se podrá apreciar el ambiente y la forma de vivir de los estudiantes que llegaban a la capital gallega a finales del siglo XIX.

El emblemático edificio compostelano fue una residencia de estudiantes desde el año 1986 hasta 1906. Posteriormente, el libro A Casa da Troia, escrito en el año 1915 por Alejandro Pérez Lugín, la elevó a la categoría de mito tras convertirse en una de las obras literarias más populares de la época. La Casa da Troia permanecerá abierta todo el verano, exceptuando domingos por la tarde y lunes al completo, con un horario de 11.00 a 14.00 horas por la mañana y de 16.00 horas a 20.00 por la tarde.

Su actividad como casa museo se inició en 1993 gracias a la recuperación de este edificio impulsada por la Asociación de Antigos Tunos Compostelanos, entidad gestora de la Casa da Troia.

Esta casa museo, situada en el casco histórico compostelano, reabre sus puertas durante el período estival por tercer año consecutivo, luego de su recuperación durante el último Xacobeo tras dos años cerrada. Mientras la Casa da Troia ha permanecido cerrada a lo largo del último año se realizaron diversas tareas de acondicionamiento y rehabilitación de este edificio histórico.

El acto de reapertura del edificio contó con la presencia del conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez; el alcalde de Santiago de Compostela, Ángel Currás; el presidente de la Asociación de Antigos Tunos Compostelanos, Benigno Amor; y el rector de la Universidad de Santiago, Juan Casares Long. El titular de Cultura de la Xunta ha destacado la Casa da Troia como "un lugar que sentimos como nuestro todos los que llegamos a esta ciudad para estudiar", además de destacar el papel de las generaciones de estudiantes como los "mejores embajadores de Santiago". Para Jesús Vázquez, se trata de un "museo vivo" que recoge las primeras experiencias que "reviven y actualizan" los actuales estudiantes que, según el conselleiro de Cultura y Educación, están "cada vez más formados y con más oportunidades".

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, fixo referencia ao valor testemuñal da Casa da Troia, “que acolleu a xeracións e xeracións de mozos que durante o século XIX pasaron pola ilustre institución académica que é a Universidade de Santiago de Compostela”. Así o salientou no acto de reapertura deste museo, onde cualificou este espazo como “un lugar que sentimos como noso todos aqueles que viñemos a esta cidade para estudar. Milleiros de galegas e galegos, de españois, de cidadáns doutros países, que gardan Santiago no corazón ao longo da vida, converténdose nos seus mellores embaixadores polo mundo”.

No acto reuníronse o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Casares; o alcalde da cidade, Ángel Currás; a xerente do Consorcio de Santiago, María Antón; e o presidente da Asociación de Antigos Tunos Composteláns – entidade que xestiona o museo-, Benigno Amor; entre outras autoridades.

O conselleiro quixo ademais agradecer á USC, ao Concello e ao Consorcio de Santiago, e á Asociación de Antigos Tunos Composteláns –todos eles membros do Padroado do museo- “o esforzo feito para recuperar este espírito auténtico vencellado de forma inseparable a Compostela”. “Malia que xa hai moitos anos que non acolle estudantes, estamos nun museo vivo, que nos fala das primeiras experiencias que reviven e actualizan cada día e cada curso as novas xeracións de estudantes, cada vez mellor formados e con máis oportunidades, pero moi similares no esencial aos que antano habitaron estes cuartos”, engadiu.

A Casa da Troia reabre as súas portas durante todo o verán, polas mañás en horario de 11 a 2 da tarde, e polas tardes de 4 a 8. Permanecerá pechado os domingos pola tarde e os luns durante todo o día.

Fotografía: Xunta de Galicia.

R., 2012-07-31

Actualidad

Foto del resto de noticias (6coreografas-2026.jpg) A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
Foto de la tercera plana (litoral-pobo.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.

Notas

Xerardo Quintiá gaña, co poemario Os cantos a Minha Senhor de Donsinda Christensen e baixo o lema «Cantos a Minha Senhor», a XXIV edición do Premio de Poesía Afundación, que a entidade convoca xunto ao Centro PEN de Galicia, á que se presentaron nesta edición un total de 46 obras inéditas. A resolución do xurado, presidido por Luís González Tosar, con Inés Mosquera Calvo como secretaria e vogal, e integrado por César Lorenzo Gil, Teresa Seara e Ismael Ramos Castelo, tivo lugar en Santiago.
As escavacións levadas a cabo este verán na Cova de Eirós, no lugar de Cancelo do concello lucense de Triacastela, e en Monte Penedo permitiron ampliar os períodos de ocupación humana das cavidades á vez que certificar que foron usadas como lugares de enterramento. Concretamente, a escavación do nivel 5 en Cova Eirós confirma a existencia na cova de ocupacións neandertais mais antigas e a realizada en Gruta dos Bloques descubriu a existencia dun enterramento infantil datado na Idade do Bronce.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES