Noticias

La música gallega de los 80 regresa a los escenarios de la mano del musical Galicia Caníbal, de Antón Reixa

El musical Galicia Caníbal, ideado por Antón Reixa, iniciará una gira a partir del mes de julio que lo llevará por los escenarios de distintos puntos de la Comunidad y hasta Madrid, con la idea de representar, en una trama actual, la historia musical gallega de los años 80 con grupos míticos como Los Limones, Siniestro Total, Aerolíneas Federales, Os Resentidos o Golpes Bajos.

Con un texto escrito por Fran Peleteiro y Antela Cid y dirigido por Quico Cadaval, el musical cuenta con la participación de actores como Víctor Mosqueira, Teté Delgado, María Costas, Iolanda Muíños o Ana San Martín que interpretarán, dentro de la trama, piezas claves de la música de los 80 en Galicia de grupos míticos como Los Limones, Siniestro Total, Aerolíneas Federales, Os Resentidos o Golpes Bajos, entre otros.

El espectáculo, que está producido por Estrella Galicia, Filmanova y Agadic; gira alrededor de una historia narrada desde el año 2012 que, sin embargo, transportará a los asistentes a la movida gallega de los 80. "El musical parte de la idea elemental de que, en los años 80, la música que se hacía en Galicia era una manifestación cultural muy valorada dentro y fuera" de la Comunidad, ha explicado Antón Reixa durante la presentación de la gira de un espectáculo que "enseña lo que fue la Galicia de los años 80".

Con un equipo "100 por cien gallego" y con un presupuesto de 800.000 euros, Galicia Caníbal intentará que las personas que vivieron 'la movida' gallega "recuerden" este periodo y que los más jóvenes "lo conozcan". Dentro de su ambiente festivo, los actores han animado a los espectadores a cantar las canciones del espectáculo durante la representación.

Galicia Caníbal se estrena el día 12 de julio en el Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo, donde permanecerá hasta el día 15. Posteriormente, el espectáculo se trasladará al Auditorio de Galicia de Santiago, entre el 18 y el 21 de julio; al Auditorio Municipal de Vilagarcía, entre el 2 y el 5 de agosto; y al Teatro Colón de A Coruña, del 9 al 12 del mismo mes. Una versión traducida al castellano del musical se estrenará el 13 de septiembre en el Teatro Nuevo Alcalá de Madrid para, posteriormente, volver en gira por otros puntos de Galicia -Monforte, Pontevedra, Ourense y Lugo-. Con motivo del estreno del musical, Estrella Galicia pondrá a la venta una edición especial de su cerveza con la etiqueta 'Galicia Caníbal'.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora con Filmanova Invest e Estrella Galicia na produción do espectáculo Galicia Caníbal. O musical, que traslada a este xénero escénico a movida galega dos anos oitenta a través dos éxitos de grupos como Siniestro Total, Os Resentidos, Golpes Bajos ou Aerolíneas Federales, entre outros.

A partir dunha idea orixinal de Antón Reixa, plasmada nun texto escrito por Fran Peleteiro e Antela Cid e dirixida por Quico Cadaval (escena) e Pablo Novoa (música), a montaxe está a desenvolver os seus últimos ensaios cara a estrea o vindeiro 12 de xullo no Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo, onde permanecerá ata o día 15. Será o inicio dunha xira galega de verán que se desenvolverá por Santiago de Compostela (do 18 ao 21 de xullo), Vilagarcía de Arousa (do 2 ao 5 de agosto) e A Coruña (do 9 ao 12 de agosto) antes de poñer rumbo cara a Madrid para unha estadía de dous meses. A venda anticipada de entradas para as funcións neste catro primeiros destinos galegos está dispoñible a través do teléfono 902 504 500 ou das páxinas webs www.servinova.es e www.obrasocialncg.com.

A contribución da Consellería de Cultura e Educación a este proxecto materializase a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) que, como explicou hoxe o seu director, Juan Carlos F. Fasero, presta un “importante apoio” á produción articulado mediante un novo xeito de colaboración coas empresas privadas. Na presentación do musical, Fasero subliñou que se trata dun procedemento testado xa con outras compañías e outros proxectos escénicos, aberto a todas as empresas galegas, e que consiste en involucrar directamente os medios técnicos e humanos da institución como complemento en calquera plano de produción e mesmo de financiamento.

Para o director da Agadic, que se referiu ao proxecto como unha “homenaxe merecida á música galega dos 80”, esta é unha fórmula con moitas posibilidades de futuro, a través da que se alcanza ademais o dobre obxectivo de optimización de medios da administración e a súa posta a disposición para unha significativa minoración de custos en calquera proposta externa. Neste sentido, destacou que a Axencia conta cun “importante conxunto de recursos, tanto en infraestruturas como en capital humano, destinado á actividade das súas unidades de produción (Centro Dramático Galego e Centro Coreográfico Galego), pero susceptible, precisamente pola súa calidade, profesionalidade e especificidade, de ser posto ao servizo das propostas de iniciativa privada, na medida en que as necesarias compatibilidades o permitan”. No caso de Galicia Caníbal. O musical, a Agadic colaborou directamente con Filmanova na cesión de distintos espazos para a celebración de ensaios e audicións, así como na prestación de sistemas de iluminación e son, materiais escenográficos e atrezzo, entre outros.

Juan Carlos F. Fasero fixo estas declaracións no transcurso da presentación deste espectáculo aos medios de comunicación na que participaron, así mesmo, o produtor Antón Reixa, de Filmanova; Pepe Cabanas, de Estrella Galicia; o director Quico Cadaval e os integrantes do elenco.

Galicia Caníbal. O musical é unha produción de gran formato, na que os 10 integrantes do elenco (Ana San Martín, Sergio Zearreta, Víctor Mosqueira, María Costas, Teté Delgado, Juanillo Esteban, Rosalía Castro, Iolanda Muíños, José Carlos Illanes e Iván Marcos) actúan, cantan e bailan en oito decorados diferentes durante as máis de dúas horas que dura o espectáculo.

En ton de comedia de enredo, o musical preséntanos 10 personaxes pertencentes a tres xeracións diferentes a través dos que se conta a historia de Ana, unha adolescente que –cos seus país e o seu irmán– vive un momento de crise persoal. A partir dun acontecemento extraordinario, a rapaza descubre a música dos oitenta e, con ela, a súa salvación e a da súa familia.

Xunto con eles, o público percorrerá unha época mítica que catapultou a toda unha xeración de músicos galegos a través de hits como Bailaré sobre tu tumba de Siniestro Total; Sitio distinto, Sector naval e Galicia Caníbal dos Resentidos, Malos tiempos para la lírica e Fiesta de los maniquíes de Golpes Bajos, ou No me beses en los labios e Soy una punk de Aerolíneas Federales, entre moitos outros.

De volta a Galicia a partir de novembro, Galicia Caníbal. O musical ten previsto visitar tamén Monforte, Pontevedra e Ourense, para viaxar despois a outras cidades como Barcelona, Zaragoza, Bilbao e Santander.

Fotografías: Xunta de Galicia

R., 2012-06-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

A USC impulsa un marco institucional para integrar a IA de maneira responsable, segura e transparente na docencia, na aprendizaxe, na investigación, na transferencia de coñecemento e na xestión universitaria. A iniciativa, aprobada en Consello de Goberno, articúlase a través dun regulamento de aplicación xeral ao que se suma o Plan de Formación en Intelixencia Artificial Responsable (FIAR).
O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES