Noticias

Lalín celebra la XLIV Feria del Cocido de Galicia que este año pregona el periodista Pedro Piqueras

La Ciudad de la Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, acogió la presentación de la XLIV Feria del Cocido de Lalín (Pontevedra), calificada como "un dos acontecementos gastronómicos máis senlleiros" por el conselleiro de Cultura e Educación. El 12 de febrero se celebra esta feria declarada de Interés Turístico.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, destacou a importancia da Feira do Cocido para Galicia na presentación da XLIV edición da Feira do Cocido de Lalín, realizada na Biblioteca de Galicia da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.

No acto, no que xunto ao conselleiro estiveron presentes os alcaldes de Lalín e Santiago de Compostela, José Crespo e Gerardo Conde Roa, respectivamente, así como o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo e o vicepresidente de Cogami, Ramón Sestayo, destacouse a importancia deste encontro gastronómico que se celebrará o vindeiro 12 de febreiro no concello de Lalín. Asemade na rolda de prensa recordouse que a organización da feira aposta pola integración das persoas con discapacidade, polo que se realizarán melloras de cara a que todos os asistentes gocen plenamente do encontro.

Durante a súa intervención o conselleiro salientou a importancia desta cita “un dos sinais de identidade de Galicia, un referente gastronómico e cultural que, grazas ao impulso que cada ano lle dá o concello de Lalín, nos permite presumir de outro gran produto de calidade galega”. “Un produto –engadiu- que chega a todos os sitios, como o demostra a declaración de ben de Interese turístico, primeiro autonómico, concedido pola Xunta en 1999 e logo de ámbito nacional no 2010”.

Neste sentido o conselleiro explicou que esta cita gastronómica logra cada ano difundir a nosa cultura “máis aló de Lalín e de Galicia, achegándose a todos a través de distintas accións que se desenvolven nos máis diversos lugares, como Venezuela, Andorra, Alemaña, o Vaticano ou Portugal”.

A XLIV edición da Feira desenvolverase ao longo do domingo 12 no concello de Lalín, co desfile de carrozas, a lectura do pregón a cargo do xornalista Pedro Piqueras , a reunión da Encomenda do Cocido, o nomeamento da ex vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Teresa Pedroso, como nova comendadora e a degustación do cocido.

Cómpre sinalar que está festa, que o ano pasado reuniu a máis de 70.000 persoas sendo un impulso para o turismo da zona, foi declarada pola Xunta de Galicia de Interese Turístico en 1999, e desde o 201 e Festa de Interese Turístico Nacional.

NoticiaA Feira do Cocido compleméntase con numerosas actividades, así desde o pasado 15 de xaneiro, e ata o 14 deste mes, unha trintena de establecementos hostaleiros do concello de Lalín ofrecen o cocido. Asemade celebrase a matanza do porco, e convocase o Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico “Álvaro Cunqueiro” e os Premios da Gastronomía de Galicia que se entregan na gala que se realizará no Lalín Arena o 10 de febreiro.

Ademais todo isto se complementa con accións dirixidas a todos os públicos, como Divercocido para os máis cativos; o Ralli e o Enduro do Cocido como competicións deportivas do mundo do motor, e diversas e variadas actividades culturais e concertos que completarán o programa da XLIV edición da Feira do Cocido, como a semana gastronómica que se celebra en Madrid, co obxectivo de seguir dando a coñecer esta festa galega.

http://entroido.galiciadigital.com

R., 2012-02-01

Actualidad

Foto del resto de noticias (6coreografas-2026.jpg) A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
Foto de la tercera plana (litoral-pobo.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.

Notas

Xerardo Quintiá gaña, co poemario Os cantos a Minha Senhor de Donsinda Christensen e baixo o lema «Cantos a Minha Senhor», a XXIV edición do Premio de Poesía Afundación, que a entidade convoca xunto ao Centro PEN de Galicia, á que se presentaron nesta edición un total de 46 obras inéditas. A resolución do xurado, presidido por Luís González Tosar, con Inés Mosquera Calvo como secretaria e vogal, e integrado por César Lorenzo Gil, Teresa Seara e Ismael Ramos Castelo, tivo lugar en Santiago.
As escavacións levadas a cabo este verán na Cova de Eirós, no lugar de Cancelo do concello lucense de Triacastela, e en Monte Penedo permitiron ampliar os períodos de ocupación humana das cavidades á vez que certificar que foron usadas como lugares de enterramento. Concretamente, a escavación do nivel 5 en Cova Eirós confirma a existencia na cova de ocupacións neandertais mais antigas e a realizada en Gruta dos Bloques descubriu a existencia dun enterramento infantil datado na Idade do Bronce.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES