Noticias

Xesús Vázquez Abad mantén conversacións con representantes do Concello de Berlín co obxectivo dun futuro intercambio de accións a prol da formación do profesorado

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Berlín acordaron levar a cabo un programa de acollida recíproca do profesorado e alumnado de FP entre centros galegos e da capital xermana. A iniciativa, que permitirá fomentar o intercambio de coñecementos entre docentes e enriquecer as competencias do alumnado que sexa seleccionado para as estadías en Galicia e Berlín, servirá así mesmo para coñecer de preto e mesmo avanzar cara o modelo paradigmático da educación dual alemá.

O encontro entre o conselleiro de Educación e unha representación do Concello berlinés tivo como obxectivo buscar bases para realizar unha futura colaboración a prol da formación continua do profesorado de formación profesional. Tal e como sinalou Xesús Vázquez Abad, “a finalidade do acordo é o de lograr o perfeccionamento dos docentes e que este repercuta positivamente no proceso de aprendizaxe dos estudantes que tamén poderán mellorar no coñecemento de linguas”.

Dominio das linguas comunitarias

Co acordo, que se substanciará proximamente nun documento definitivo, as dúas institucións seguirán as recomendacións recollidas no Tratado da Unión Europea respecto das accións relativas ao dominio das linguas comunitarias. Vázquez Abad dixo que “o obxectivo de estas accións é favorecer a empregabilidade e a calidade das ensinanzas de FP. Ao mesmo tempo búscase a promoción da cooperación entre os centros de ensino e incrementar o intercambio de información e experiencias sobre cuestións comúns nos sistemas de formación dos estados membros da Comunidade Europea”.

No devandito documento cada unha das partes asinantes seleccionará centros en Berlín e Galicia, en distintos sectores profesionais, para acoller as estadías dun número determinado de profesores e alumnos. Así, Xesús Vázquez Abad destacou que “estivemos a tratar a posibilidade de elaborar un programa de acollida e participación en centros educativos para os docentes galegos en Berlín e viceversa. Uns custes que serían asumidos a partes iguais entre a Consellería e o Concello de Berlín”.

Foro inserción laboral

Doutra banda, o conselleiro participou onte como relator na xornada ‘A Inserción Laboral de mozos a través da mobilidade transnacional’ na Unión Europea, un encontro de expertos no que tamén participou o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Jose Luis Mira. Esta xornada celebrouse na embaixada española, e nela abordouse como tema principal a integración no mercado laboral dos mozos e mozas en situación desfavorecida a través dos intercambios.

No encontro o responsable educativo de Galicia expuxo os diferentes mecanismos cos que traballa a Consellería de Educación para o impulso da empregabilidade, a través das opcións que presenta a FP en Galicia.

Tendencia europea na FP

O conselleiro de Educación explicou que a Formación Profesional está a gañar peso no sistema educativo galego, seguindo así a tendencia da Unión Europea, onde o 60% do alumnado se decanta pola FP fronte ao 40% que o fai polo Bacharelato. DE feito, a matriculación en ciclos formativos e Programas de Cualificación Profesional Inicial incrementouse nun 23,1% no que vai de lexislatura, ata chegar este curso aos 42.755 estudantes.

A Consellería de Educación vén implementando diferentes iniciativas para fomentar a empregabilidade do alumnado de FP. Así, tal e como explicou Vázquez Abad, achégase cada vez máis a modelos como o de formación dual alemá. Non en balde en todos os ciclos adaptados á Lei das Cualificacións Profesionais - un total de 47- inclúese un módulo obrigatorio de Formación en Centros de Traballo (FCT), co fin de que o alumnado se familiarice co mundo laboral. Deste xeito o curso pasado colaboraron nesta FCT 7.342 empresas, que formaron a 10.976 alumnos mediante 5.488.000 horas en empresas.

“Falamos -dixo- de 1.234 empresas máis das que colaboraban nesta tarefa no curso 2008/2009", o que favoreceu a inserción laboral dos alumnos. “Un 80% dos titulados da FP galega atopan emprego antes de 6 meses tras terminar a súa formación”, salientou.

Doutra banda o conselleiro presentou as eixos estratéxicos do Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, eduemprende, que buscan a sensibilización e motivación do alumnado, a capacitación emprendedora e o fomento e apoio da empresarialidade. “Para iso estanse a desenvolver actuacións específicas en FP tales como programas de simulación empresarial, formación específica a alumnado en proxectos empresariais, concursos de promoción e motivación, ou a Rede de Viveiros de empresa nos Centros Integrados de Formación Profesional”.



R., 2011-12-05

Actualidad

Foto del resto de noticias (terceira-idade.jpg) A posta en marcha do Rexistro galego de persoas centenarias, Regace, sitúa Galicia nunha posición de referencia para o estudo da lonxevidade, posibilitando coñecer mellor as claves deste fenómeno e afrontar os retos que presenta. Preto de 1.800 persoas de cen ou máis anos viven na comunidade galega, o que supón ao redor do 12 % de toda a poboación centenaria de España, un dato que fala da realidade demográfica de Galicia e reflicte unha oportunidade única para aprender, investigar e avanzar. Deste xeito, Galicia presenta un dos mellores resultados no que a esperanza de vida se refire: 81,19 anos para os homes e 86,83 para as mulleres, superando en ambos os casos a media estatal.
Foto de la tercera plana (cgac-2021.jpg) A mostra a 'Illa ignorada' estará aberta ata o 12 de febreiro de 2027 e toma o seu título do primeiro poemario da escritora Gloria Fortes. Nela cabe destacar os traballos tanto dos artistas galegos Alberto Ardid, Vicente Blanco, Andrea Costas, Caxigueiro, Fina Mantiñán, Juan Carlos Meana, Ariadna Silva, Seoane e María Elena Montero, como os de Abel Azcona, Amparo Garrido, Regina Giménez, Antoni Muntadas, Sonia Navarro, Íñigo Royo, Regina Silveira. Ademais desta nova mostra, o centro tamén inaugurou a ampliación, no dobre espazo do Centro Galego de Arte Contemporánea, da exposición Misha Bies Golas, que abriu ao público o pasado 22 de maio cunha escolma de máis de dúas décadas da creación heteroxénea do lalinense Miguel Calvo Ulloa, un dos fundadores do colectivo Nova Escultura Galega.

Notas

'A Galicia inédita' reúne obras de profesionais do fotoxornalismo que desenvolven o seu quefacer en medios de comunicación de Galicia, complementadas con lendas de corte literario ou informativo, elaboradas por membros da APG e outros xornalistas que tamén traballan na nosa comunidade autónoma. As imaxes captan todo tipo de acontecementos, lugares e personaxes, dende a vertente máis costumbrista ata sucesos de actualidade.
Persoal investigador do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da Universidade da Coruña (UDC) desenvolveu unha nova estratexia para o transporte de material xenético ao interior das células mediante vesículas formadas por lipopéptidos catiónicos autoensamblables. O traballo representa un avance no desenvolvemento de sistemas non virais para terapia xénica, un dos campos con maior potencial para o tratamento de enfermidades de base xenética e para a medicina rexenerativa.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES