Noticias

La nueva estrategia turística de la Xunta de Galicia apuesta por 14 geodestinos como las Rías Altas y Baixas, A Mariña y O Ribeiro

El Gobierno gallego ha revelado, en una presentación ante representantes del sector turístico y del ámbito local, los 14 geodestinos que ha diseñado para concentrar esfuerzos y diversificar la oferta que ofrece la comunidad. El ejecutivo autonómico también hace un llamamiento a trabajar "unidos" y desde la "cooperación" para extraer "todo el potencial del destino Galicia". "Cada rincón de esta tierra engrandece el destino Galicia", ha dicho Nuñez Feijóo en el acto de presentación del proyecto.

Con el reto de incidir en la "singularidad" de cada zona para atraer a visitantes que quieran vivir "experiencias" variadas, los 14 geodestinos gallegos articulados por la Xunta son las Rías Altas, Costa da Morte, Terras de Santiago, A Mariña lucense, Lugo y A Terra Chá, Ancares-O Courel, Ribeira Sacra, O Ribeiro, Terras de Ourense y Allariz, Celanova-Limia, Verín-Viana, Manzaneda-Trevinca, Rías Baixas y Deza-Tabeirós.

Los hizo públicos el conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, en un acto que ha cerrado el presidente gallego, Alberto Núñez Feijóo, y en el que ha concretado que, dentro de estos 14 geodestinos, las Rías Altas contarán con dos zonas diferenciadas -Ferrolterra y A Coruña-As Mariñas-, mientras que las Rías Baixas tendrá, a su vez, cuatro zonas específicas -Ría de Muros y Noia, Ría de Arousa, Ría y Terras de Pontevedra, y Ría de Vigo y Baixo Miño-.

Agradecido y satisfecho por el trabajo de Varela y de la secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, el presidente ha manifestado su confianza en que esta nueva estrategia de diversificación contribuya a incrementar la estancia media de los visitantes en Galicia y se ha reafirmado en que "cada parte" de la comunidad "cuenta para el todo". "Cada rincón de esta tierra engrandece el destino Galicia", ha sentenciado, tras constatar que, en medio de las "dificultades" actuales, "ninguna" opción puede ser "relegada a un lugar secundario" puesto que el "atractivo" de la comunidad se reparte "entre rías y montes, caminos y ciudades, viejos símbolos como la Catedral de Santiago y nuevos como la Cidade da Cultura".

El presidente ha insistido en que la estrategia que ahora "echa a andar" es un ejemplo de voluntad de cooperación para beneficiar al conjunto de Galicia puesto que "promueve" la Administración -la Xunta, en colaboración con los ayuntamientos-, al tiempo que se implica uno de los sector clave (que representa más del 11 por ciento del PIB gallego) y se involucra "a la sociedad en general". "Ante el peligro de competir entre nosotros mismos, elegimos ser un país que se ve capaz de destacar conjuntamente en la oferta turística, española, europea e internacional", ha resumido, convencido de que, en momentos difíciles, la comunidad debe "moverse como nunca" para buscar "la mejor localización posible" en el futuro.

Feijóo, que ha iniciado su discurso con una mención al Xacobeo como ejemplo de "renovación" de la tradición, ha afirmado que "no se puede caer en el error" de pensar que los instrumentos con los que cuenta uno de los sectores económicos "más importantes" son "estáticos". "Las preferencias, los gustos, las tendencias de los visitantes, van cambiando", ha enfatizado, para añadir que, como los impulsores del Xacobeo, ahora toca ser conscientes de que el "destino Galicia" se construye "constantemente". Para avanzar en esta tarea, ha dado por hecho que el mapa de geodestinos será una guía "ciertamente útil".

En la misma línea que el presidente, el conselleiro Roberto Varela ha incidido en la idea de que Galicia es "infinita" y un "destino único" que merece "una marca propia", en la que ya se está trabajando, aunque también ha destacado que, desde hoy y gracias a los 14 geodestinos presentados, será "mucho más fácil" orientarse en el aprovechamiento de sus destinos turísticos. Tras la presentación de las 14 zonas y de un vídeo promocional con el lema publicitario de 'Galicia, gárdasme o secreto?' -'Galicia, ¿me guardas el secreto?'-, el conselleiro ha incidido en que los turistas, en la actualidad, buscan "experiencias" y eso es precisamente, ha añadido, lo que pretende ofrecer la Xunta: "experiencias asociadas a un destino".

"Queremos que, quienes visitan la comunidad, se vayan con la sensación de que quedan muchos secretos por descubrir", ha subrayado, antes de garantizar que en los próximos meses se "multiplicarán" los esfuerzos para "reforzar" el conocimiento de las áreas más consolidadas, así como el desarrollo de los destinos que todavía no han podido aprovechar todo su potencial. Para ello, el conselleiro ha avanzado, entre otros pasos, la presencia de estos geodestinos en ferias turísticas nacionales e internacionales.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, presidiu o acto de presentación dos Xeodestinos Turísticos de Galicia, un mapa de 14 xeodestinos para extraer “todo o potencial do destino Galicia”, cunha oferta diversificada, que permita incrementar a estancia media dos visitantes. “Cada parte conta para o todo. Cada recuncho desta terra engrandece o destino Galicia e por iso, cómpre que os articulemos ben”, destacou Feijóo.

O titular da Xunta avogou por traballar unidos e coordinados para que cada un destes catorce xeodestinos lle poida ofrecer algo ao visitante e lle permita concluír “que non só merece a pena vir á nosa terra, senón tamén quedarse o maior tempo posible para abarcar todas as experiencias que ten ao seu alcance”. E salientou que “nunha etapa histórica na que as posibilidades de elección para o turista aumentaron de forma exponencial, Galicia completa hoxe o proceso que iniciamos desde o principio da lexislatura para distinguirnos no mercado se cabe un pouco máis que ata agora”.

Se ben, Galicia actúa, porque o é, como unha Galicia unida, Feijóo afirmou que “iso non significa que teñamos que presentarnos, porque non o somos, como unha Galicia uniforme. Ao contrario, en poucas terras coma a nosa se mesturan tantas tendencias e conflúen tantas posibilidades”. E engadiu que ningunha desas posibilidades amola, “porque todas serven a unha Galicia que ten precisamente na variedade unha das súas principais fortalezas turísticas”.

“O atractivo da nosa terra repártese entre rías e montes, santuarios e catedrais, camiños e cidades, cruceiros e augas termais, faros e murallas, xardíns e casas rurais, vellos símbolos como a Catedral de Santiago e novos como a Cidade da Cultura. En medio de tantas dificultades, Galicia non pode permitirse o luxo de relegar a un lugar secundario ningunha das moitas posibilidades que poden ofrecer as Rías Altas, a Costa da Morte, as terras de Santiago, a Mariña lucense, Lugo e a Terra Chá, Os Ancares e o Courel, a Ribeira Sacra, as Rías Baixas, O Ribeiro, as Terras de Ourense e Allariz, de Celanova e da Limia, de Verín e de Viana, de Manzaneda e Trevinca, ou do Deza e Tabeirós”.

Ante o perigo de competir entre nós mesmos, o titular do Executivo galego aseverou que escollemos ser un país que se ve capaz de destacar conxuntamente na oferta turística española, europea e internacional. “E, en lugar de estragar as nosas propias forzas, traballamos como unha realidade global que pon en marcha proxectos colectivos. O instrumento que hoxe botamos a andar é unha nova proba diso: promove a Administración –a Xunta, en colaboración cos concellos-; implícase un dos nosos sectores produtivos máis importantes; e involúcrase a sociedade en xeral”.

Nos momentos difíciles coma os que se están a vivir, Feijóo subliñou que Galicia ten que moverse como nunca para buscar a mellor localización posible no futuro e salientou que as decisións turísticas que se teñen materializado nos últimos anos, como a recente Lei do Turismo, a marca Galicia ou a propia celebración do Xacobeo 2010 mantiveron vixente ese dobre espírito de renovación e de concertación.

Feijóo afirmou que non se pode caer no erro de pensar que os instrumentos cos que conta un dos sectores económicos máis importantes son estáticos. “As preferencias, os gustos, as tendencias dos visitantes, van mudando. Por iso, ao igual que os impulsores do Xacobeo, agora tamén debemos ser conscientes de que o destino Galicia se constrúe constantemente”. E, neste sentido, amosouse convencido de que este mapa de xeodestinos vai ser unha guía certamente útil para avanzar nese camiño.

Fotografía: Xunta de Galicia

R., 2011-11-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

O XX aniversario do Festival Arteficial segue collendo forma de xeito inmellorable. Tras os encontros e concertos celebrados a finais de mayo na provincia de Ourense, a organización fai un balance extraordinario da acollida do público. Cidades e espazos singulares como Auriense, El Pueblo, Secret Bridge e, de forma moi especial, a Granxa D'Outeiro, foron as testemuñas do éxito absoluto destas presentacións.
Dar resposta aos retos derivados do envellecemento da poboación nas áreas rurais da fronteira entre España e Portugal é o obxectivo central do proxecto Activa Rural Transfronteirizo, no que participan 17 institucións e entidades destes dous países, entre as que se atopa a Universidade de Vigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES