Noticias

Galicia recibe entre enero y agosto de 2011 un 6,5% más de visitantes que en el mismo periodo del Año Santo 2010, según datos del INE

Entre los meses de enero y agosto de 2011, Galicia recibió más de dos millones y medio de viajeros, lo que implica un incremento del 6,5% respecto al mismo periodo del año anterior en que se celebró el Xacobeo 2010, según datos del Instituto Nacional de Estadística (INE). A estas cifras la Xunta suma los 3.814.114 excursionistas internacionales contabilizados por Frontur.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

Galicia recibiu nos oito primeiros meses do ano un total de 6.494.088 visitantes, un 6,5% máis respecto ao mesmo período do pasado Ano Santo. Esta cifra resulta de sumar o número de viaxeiros contabilizados na oferta de turismo regrado (2.679.974 viaxeiros) máis o total de excursionistas estranxeiros que chegaron a Galicia entre xaneiro e agosto (3.814.114 excursionistas).

De forma detallada, os últimos datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) revelan que a comunidade galega rexistrou entre xaneiro e agosto de 2011 un total de 2.679.974 viaxeiros procedentes do total da conxuntura turística regrada (hoteleira e extrahoteleira). Analizando as dúas partes por separado, o informe do INE contabiliza 2.324.132 viaxeiros nos establecementos hoteleiros e un total de 355.842 viaxeiros nos establecementos extrahoteleiros (apartamentos turísticos, campamentos e establecementos de turismo rural).

A estas cifras hai que sumar o número de excursionistas estranxeiros que chegaron a Galicia e que, segundo os datos provisionais de Frontur, que analiza os movementos en fronteira, suman un total de 3.814.114 persoas.

Respecto da conxuntura turística do mes de agosto nos establecementos extrahoteleiros (apartamentos, cámpings e turismo rural), os datos do INE amosan un incremento xeral do 3,7% no volume de viaxeiros e do 1,7% nas pernoitas respecto do ano 2009, último ano non Xacobeo. Considerando toda a oferta turística regrada do mes (hoteleiro e extrahoteleiro), o aumento no volume de viaxeiros respecto do Ano Santo foi tamén do 1,5%.

Este aumento débese sobre todo á suba da demanda nos apartamentos turísticos do 16,5% na cifra de viaxeiros e do 2,5% na das pernoitas en relación ao pasado Ano Santo, acadando esta modalidade no mes de agosto o máximo histórico dos últimos dez anos neste período.

As grandes cifras de demanda turística no segmento extrahoteleiro quedan por encima dos rexistrados no mes de agosto de 2009, último ano non Xacobeo, consecuencia dos mellores datos observados nos apartamentos turísticos, que presentan un incremento do 21,28% no volume de viaxeiros, e nos cámpings, cunha suba do 9,6%.

R., 2011-09-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (6coreografas-2026.jpg) A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
Foto de la tercera plana (litoral-pobo.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.

Notas

Xerardo Quintiá gaña, co poemario Os cantos a Minha Senhor de Donsinda Christensen e baixo o lema «Cantos a Minha Senhor», a XXIV edición do Premio de Poesía Afundación, que a entidade convoca xunto ao Centro PEN de Galicia, á que se presentaron nesta edición un total de 46 obras inéditas. A resolución do xurado, presidido por Luís González Tosar, con Inés Mosquera Calvo como secretaria e vogal, e integrado por César Lorenzo Gil, Teresa Seara e Ismael Ramos Castelo, tivo lugar en Santiago.
As escavacións levadas a cabo este verán na Cova de Eirós, no lugar de Cancelo do concello lucense de Triacastela, e en Monte Penedo permitiron ampliar os períodos de ocupación humana das cavidades á vez que certificar que foron usadas como lugares de enterramento. Concretamente, a escavación do nivel 5 en Cova Eirós confirma a existencia na cova de ocupacións neandertais mais antigas e a realizada en Gruta dos Bloques descubriu a existencia dun enterramento infantil datado na Idade do Bronce.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES