
Nueve conferencias magistrales, cinco mesas redondas y más de 30 comunicaciones serán parte del programa del certamen cultural «Mil e un Cunqueiros», que comienza el día 28 de septiembre y tendrá carácter itinerante por las ciudades de Santiago, A Coruña y Vigo. Las sesiones se celebraran en el salón de actos del CCG (28 y 30 de septiembre), en el Paraninfo de la Universidad de A Coruña (29 de septiembre) y en el Auditorio Municipal de Vigo (1 de octubre).
El escritor y exministro de Cultura César Antonio Molina abrirá el programa con la conferencia «As miñas lecturas de Cunqueiro» y el hispanista inglés promotor de la cultura gallega John Rutherford será el encargado de clausurar el congreso hablando sobre «Álvaro Cunqueiro e a tradición literaria anglófona».
Nota de prensa do Consello da Cultura Galega:
Nove conferencias maxistrais, cinco mesas redondas e máis de trinta comunicacións contribuirán a facer do congreso Mil e un Cunqueiros un referente para a proxección futura do universal fabulador galego. Así o ven Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega (CCG), organizador do magno encontro xunto coas tres universidades galegas, Dolores Vilavedra e Teresa López, da comisión organizadora, e Henrique Monteagudo, coordinador do programa Ano Cunqueiro, impulsado e realizado polo CCG para conmemorar o centenario do escritor (Mondoñedo, 1911-Vigo, 1981). Os catro presentaron hoxe este acto central do centenario cunqueiriano, que comezará o 28 de setembro e itinerará durante catro días por Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo.
As sesións do congreso Mil e un Cunqueiros celebraránse no salón de actos do CCG (28 e 30 de setembro), no Paraninfo da Universidade da Coruña (29 de setembro) e no Auditorio Municipal de Vigo (1 de outubro). César Antonio Molina, . escritor e exministro de Cultura, abrirá o programa coa conferencia As miñas lecturas de Cunqueiro e o galaicista John Rutherford (Universidade de Oxford) clausuraráo disertando sobre Álvaro Cunqueiro e a tradición literaria anglófona. Entre eses dous fitos irán expoñéndose achegas á biografía e a peripecia do escritor, á súa relación determinante e ricaz cos medios de comunicación, ó seu particular diálogo coa cultura popular e ó seu compromiso como intelectual, entre outros epígrafes.
Dolores Vilavedra (Universidade de Santiago de Compostela), integrante da comisión organizadora xunto con Teresa López (Universidade da Coruña) e Manuel Forcadela (Universidade de Vigo), agarda que o congreso sirva para entender mellor o papel de Cunqueiro como intelectual do seu tempo e para coñecer as lecturas da súa obra desde fóra e desde novos paradigmas teóricos. Nese sentido, Ramón Villares, presidente do CCG, subliñou o feito de que dous dos conferenciantes, Fernando Valls e Jordi Gracia, procedan de Catalunya, da Universidade de Barcelona, xa que a cultura catalana foi a primeira en recoñecer a Cunqueiro como escritor en 1934. Espera asemade que as contribucións congresuais permitan achegar ao escritor á xente nova máis polo seu alento literario que polas referencias situacionais da súa obra.
Teresa López, que salientou a importante e exemplar cooperación entre o CCG e as trres universidades galegas para facer realidade o congreso, chamou a atención sobre o seu carácter aberto a todas as aportacións científicas e académicas.
Henrique Monteagudo, coordinador do programa Ano Cunqueiro, co que o CCG queixo conmemorar o centenario do autor de Cantiga nova que se chama Riveira, significou o carácter central do congreso que ven culminar un conxunto de actividades divulgativas da biografía e da obra do escritor en forma concertos, exposicións, representacións teatrais ou faladoiros. Faladoiros ou coloquios que pasaron por Madrid e Barcelona e por todas as cidades galegas para rematar o periplo en Pontevedra (6 de outubro), Ferrol (3 de novembro) e Vigo (1 de decembro).
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.