Noticias

Constituido el Cluster de la Salud con el que empresas y centros de investigación gallegos pretenden convertir la salud en motor de empleo

Empresas públicas y privadas, junto con centros de investigación de Galicia, han constituido bajo el amparo de la Consellería de Sanidade, el Cluster de la Salud, que trabajará en el ámbito de la innovación sanitaria para hacer de las salud un "motor de empleo" y de "fortalecimiento económico", según afirmó la conselleira Pilar Farjas.

Así lo ha asegurado la conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, durante la constitución de esta "iniciativa transversal inédita en Galicia", que "apostará" de forma "decidida" por la "excelencia" y la "innovación" en el ámbito sanitario y tratará de "garantizar la sostenibilidad" del sistema y "reactivar la economía gallega" con la salud como herramienta.

Entre otras cuestiones, esta iniciativa posibilitará que el tejido empresarial gallego "pueda aprovechar las oportunidades que le brindan los fondos regionales, nacionales y europeos en materia de investigación, desarrollo e innovación", ha señalado Farjas.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A conselleira de Sanidade, Pilar Farjas Abadía, presidiu a constitución do Cluster Saúde de Galicia, impulsado pola Xunta de Galicia e que unirá a empresas públicas e privadas e a centros de investigación para desenvolver a excelencia empresarial no eido da saúde e innovación, agrupando as áreas de biomedicina, biotecnoloxía, tecnoloxía médica, alimentación, farmacia e servizos de saúde, entre outros.

Así, segundo destacou, o sector saúde non deixou de crear emprego en Galicia pese á grave situación económica. Polo tanto, a creación deste Cluster –que “dá resposta a unha demanda histórica da sociedade”- constitúe un exercicio de responsabilidade para converter a saúde en panca de activación económica e creación de emprego.

Os membros fundadores do Cluster Saúde de Galicia, baixo o liderazgo da Consellería de Sanidade, son as entidades públicas Fundación Escola Galega de Administración Sanitaria (Fegas), Galaria; os centros de investigación Fundación Xenómica e CiberOBN; as compañías alimentarias Pescanova Alimentación S.A. e Feiraco; e as empresas Telefónica, Arteixo Telecom, Coremain (tecnolóxicas); Advancell, Cembimo, Nanoinmunotech (biotecnolóxicas); e Povisa, Zygos e Severiano Gestión (de servizos sanitarios).

Pescanova Alimentación S.A. presidirá o Cluster Saúde de Galicia durante os tres primeiros anos. Estas 15 primeiras empresas en formar parte do Clúster facturan máis de 450 millóns de euros anuais e xeran máis de 3.500 empregos directos na Comunidade Autónoma. Así mesmo, nel terán un papel moi activo as tres universidades galegas.

Xunto coa conselleira, no acto, estiveron a secretaria xeral da Consellería de Sanidade, Sagrario Pérez Castellanos; a xerente do Servizo Galego de Saúde, Rocío Mosquera Álvarez; o director xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, Manuel Varela Rey; así como os reitores das tres universidades galegas, Juan José Casares Long, Salustiano Mato de la Iglesia e José María Barja Pérez.

O Cluster Saúde, explicou Farjas, nace como unha aposta pola innovación e a internacionalización das empresas e centros de coñecemento da Comunidade Autónoma. Desta forma, a Consellería de Sanidade impulsará, por medio del, que o tecido empresarial galego poida aproveitar as oportunidades que lle brindan os fondos rexionais, nacionais e europeos en materia de investigación, desenvolvemento e innovación.

Así, salientou o compromiso da Xunta coa modernización das infraestruturas sanitarias, pola implantación das TICs ou por novos retos como a implantación da teleasistencia en novas especialidades, a potenciación da hospitalización domiciliaria, a formación do paciente ou a xestión do coñecemento dos profesionais sanitarios; que se unen a outras encamiñadas a mellorar a sostenibilidade do sistema, como o Plan Integral de Eficiencia Enerxética ou a posta en marcha da Plataforma Loxística e a central de compras.

“Todos estes retos terán máis éxito e serán máis de todos se a Administración sanitaria pública camiña coas empresas e centros de coñecemento implantados en Galicia –sinalou-. Porque contamos con extraordinarios referentes e líderes nos seus sectores para os que tamén é unha oportunidade esta modernización do sistema público de saúde.”

Así, a conselleira explicou que no contexto actual, de grave crise económica, é preciso aproveitar as oportunidades que presenta este reto adoptando decisións encamiñadas a garantir a sostenibilidade dos servizos públicos e o fortalecemento da propia economía.

“Por iso, estamos convencidos de que o sistema sanitario é un elemento clave do estado de benestar, e queremos que sexa tamén un verdadeiro motor de desenvolvemento económico e social en Galicia e unha das pezas fundamentais na recuperación económica”, confiou Farjas.

R., 2011-09-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (6coreografas-2026.jpg) A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
Foto de la tercera plana (litoral-pobo.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.

Notas

Xerardo Quintiá gaña, co poemario Os cantos a Minha Senhor de Donsinda Christensen e baixo o lema «Cantos a Minha Senhor», a XXIV edición do Premio de Poesía Afundación, que a entidade convoca xunto ao Centro PEN de Galicia, á que se presentaron nesta edición un total de 46 obras inéditas. A resolución do xurado, presidido por Luís González Tosar, con Inés Mosquera Calvo como secretaria e vogal, e integrado por César Lorenzo Gil, Teresa Seara e Ismael Ramos Castelo, tivo lugar en Santiago.
As escavacións levadas a cabo este verán na Cova de Eirós, no lugar de Cancelo do concello lucense de Triacastela, e en Monte Penedo permitiron ampliar os períodos de ocupación humana das cavidades á vez que certificar que foron usadas como lugares de enterramento. Concretamente, a escavación do nivel 5 en Cova Eirós confirma a existencia na cova de ocupacións neandertais mais antigas e a realizada en Gruta dos Bloques descubriu a existencia dun enterramento infantil datado na Idade do Bronce.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES