
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O festival Rock in Way celebrará a súa primeira edición cun cartel ao que se une a banda The Charlatans, a última incorporación a este evento, que terá lugar os días 9 e 10 de setembro no Monte do Gozo, en Santiago de Compostela, e que conta co patrocinio da Consellería de Cultura e Turismo, a través da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo.
Pioneiros do son Madchester e puntais do mellor brit pop, The Charlatans completan unha relación de bandas internacionais na que xa figuraban The Offspring, The Specials, The View, Bad Manners, The Toy Dolls ou Rinôçérôse. Xunto a propostas do panorama musical español como Delorean, Sôber, Tote King e Muchachito Bombo Infierno, o cartel destaca pola ampla representación do mellor pop-rock feito en Galicia, encabezada por Triángulo de Amor Bizarro, Igloo, The Blows e Niño Y Pistola.
The Charlatans é con The Stone Roses e Happy Mondays unha das bandas que deu forma ao son Madchester. Formouse a finais da década dos 80. Co seu primeiro álbum, Some Friendly (1990), marcaron o seu propio camiño: cancións de pop ácido, guitarras rockeiras e efectos psicodélicos. Con esa receita conseguiron chegar aos primeiros postos das listas de éxitos británicas disco tras disco, e xa van once. O último titúlase Who We Touch (2010) e inclúe temas como Love Is Ending e My Foolish Pride. Novas racións de intensidade sonora que se suman a outras grandes cancións da súa carreira como The Only One I Know, Blackened Blue Eyes ou How High, para ofrecer nos seus directos pura enerxía.
Cartel por días
Venres 9 de setembro
The Offspring
Bad Manners
The View
Muchachito Bombo Infierno
Sôber
Triángulo de Amor Bizarro
Igloo
Niño Y Pistola
Los Chavales
Riff Raff
Dirty Socks
Sábado 10 de setembro
The Specials
The Charlatans
The Toy Dolls
Rinôçérôse
Delorean
Tote King
Las Pelotas
The Blows
Novedades Carminha
Temazo Showcase (Malandrómeda, Juanito Broders, Furier)
Abonos a 32 euros
O festival quere chegar a todos os petos, polo que aposta por ofrecer abonos de dous días con cámping incluído a un prezo de 32 euros máis gastos de distribución. Un acordo con Hotel Ciudad de Vacaciones Monte do Gozo permitirá aos que adquiran abonos reservar aloxamento con prezos especiais no albergue e o hotel situados ao lado do recinto dos concertos.
As entradas poden adquirirse nos seguintes puntos de venda:
- Ticketmaster: www.ticketmaster.es
- Novacaixagalicia: 902 43 44 43, www.novacaixagalicia.es, www.servinova.com
- A Reixa Tenda (Santiago) Pub A Reixa (Santiago).
- Discos Portobello (A Coruña).
- Discos Elepé (Vigo)
- Peggy Records (Ourense).
- Don Disco (Lugo)
- Hiper Froiz (Pontevedra).
Fotografía: Xunta de Galicia
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.