
Así lo ha anunciado el conselleiro de Cultura, Roberto Varela, que ha presentado las principales citas culturales de este verano en Galicia, los programas Camiños de Cultura y Galicia é música, que se celebrarán hasta finales de septiembre. Según ha explicado Varela, estos programas obedecen al objetivo de "descentralizar" la oferta cultural gallega dentro de la Comunidad, lo que permitirá llegar a 200 localidades, así como de apostar por la cultura creada en Galicia, dado que más del 97 por ciento de las propuestas son de origen gallego.
Algunos de los principales nombres de la música gallega de diferentes estilos participarán este verano, coincidiendo con la celebración del Año de la Música, en la primera edición del ciclo Galicia é música, que programará hasta el 30 de septiembre un total de 63 conciertos en 46 ayuntamientos gallegos. En concreto, dentro de este programa participarán grupos y artistas de la talla de The Homes, Susana Seivane, Quempallou, Cristina Pato, The Blows, Banda Crebinsky, Di Elas, Nordestinas, Budiño, Marful, Roi Casal o Nadadora, hasta un total de 41 artistas entre los que se encontrarán los cuatro "embajadores" del Año de la Música, Mercedes Peón, Berrogüetto, Luar na Lubre y Xoel López.
El ciclo Camiños da Cultura, que celebra este año su segunda edición, programará hasta el final de septiembre 564 citas culturales en 163 ayuntamientos con el objetivo de dar una "programación estable" a la red de espacios culturales fuera del periodo oficial de temporada. En concreto, se celebrarán 241 representaciones de teatro y danza, 128 conciertos, 116 funciones de magia y 79 actuaciones de nuevo circo; a cargo de 162 formaciones artísticas, todas ellas gallegas. Este programa, que cuenta con un presupuesto de 800.000 euros, está financiado al 55 por ciento por la Consellería de Cultura, mientras que los ayuntamientos asumen la parte restante.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, presentou as principais citas escénicas e musicais dos programas Camiños de Cultura e Galicia é Música, que se estenden ata finais de setembro por preto de 200 concellos cun total de 627 concertos e funcións de teatro, danza, maxia e novo circo. Segundo explicou o conselleiro, esta intensa carteleira foi deseñada co obxectivo de chegar ao máis amplo número posible de espectadores, utilizando como valores engadidos o potencial do período estival como tempo de ocio, así como a celebración de moitos destes espectáculos en recintos ao aire libre.
Roberto Varela convidou a todos os galegos a participar desta festa cultural, con opcións para públicos de todas as idades e preferencias artísticas. Destacou, ademais, o absoluto protagonismo galego, de acordo co se ofrecen as últimas propostas dun total de 220 compañías escénicas e grupos musicais, dos que máis dun 97% son galegos. Segundo salientou na súa intervención, a prioridade compartida por ambas programacións é espallar a nosa cultura desde unha dobre perspectiva: intensiva na actividade e variedade da oferta e extensiva en percorrido xeográfico e nos atractivos de retorno, que incidirán particularmente na dinamización da nosa activa cultura de base, asegurou.
O titular de Cultura estivo acompañado nesta presentación por Camino Triguero, directora-xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, e Juan Carlos F. Fasero, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), entidades promotoras destas programacións que a Consellería de Cultura e Turismo desenvolve en colaboración cos concellos participantes.
Algúns dos principais nomes da música galega en estilos como o folk, o jazz, a canción de autor ou o pop-rock, nas súas diferentes variantes, configuran o cartel de Galicia é Música, un programa que como explicou Roberto Varela se incorpora este ano ás redes galegas de espectáculos como unha das ofertas singulares da celebración do Ano da Música de Galicia.
Son un total de 63 concertos os que se desenvolverán en 46 concellos galegos ata o vindeiro 23 de setembro. Susana Seivane, The Homes, Quempallou, Cristina Pato, The Blows, Banda Crebinsky, Di Elas, Nordestinas, Budiño, Marful, Roi Casal ou Nadadora son algúns dos 41 artistas e grupos que actuarán dentro deste programa, no que figuran así mesmo os catro embaixadores do Ano da Música: Berrogüetto, Mercedes Peón, Luar na Lubre e Xoel López.
O conselleiro de Cultura sinalou que este novo programa foi deseñado de xeito que se garante tanto a promoción da variedade de estilos musicais que actualmente se desenvolven en Galicia, como a descentralización territorial que salvagarda o acceso de todos os galegos e galegas á mellor música en vivo.
Ambas son prioridades compartidas co circuíto Camiños de Cultura, a través do que se impulsa a programación estable en espazos públicos dos concellos, favorecendo a ampliación da súa oferta cultural aos meses de verán e atendendo tamén a unha demanda variada canto a tipos de público e estilos artísticos. A través deste programa, que deu comezo o pasado 1 de xuño e se prolonga ata o 30 de setembro, un total de 163 concellos acollerán 564 citas culturais, das que 241 son representacións de teatro e danza, 128 concertos, 116 funcións de maxia e 79 de novo circo.
Nesta caso, a programación está protagonizada por 162 formacións artísticas, todas elas galegas, e conta cun orzamento total de 800.000 euros, do que a Consellería de Cultura achega un 55%, mentres que o resto corresponde aos concellos implicados.
Tanto en Galicia é Música como en Camiños de Cultura foron os propios concellos os encargados de seleccionar as compañías, grupos e solistas participantes a partir das numerosas propostas recibidas nas respectivas convocatorias abertas pola Consellería de Cultura e Turismo.
A estas dúas programacións estivais súmanse, ademais, os 146 concertos e funcións que se celebran entre xullo e setembro no marco das tres canles de distribución de espectáculos que promove a Agadic durante todo o ano Rede Galega de Teatros e Auditorios, Rede Galega de Salas e Rede Galega de Música ao Vivo, configurando deste xeito a máis ampla oferta escénico-musical deste verán en Galicia.
Fotografías: Xunta de Galicia
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.