Noticias

Santiago de Compostela celebra el centenario de Cunqueiro con la exposición itinerante No niño novo do vento

La Casa da Parra de Santiago de Compostela acoge hasta el día 26 de junio la exposición itinerante No niño novo do vento, una muestra que reúne documentos, objetos personales y manuscritos relacionados con Álvaro Cunqueiro para "celebrar" su figura coincidiendo con el centenario de su nacimiento.

Así lo ha asegurado este lunes Víctor Freixanes, comisario de la muestra, que ha incidido en la "misión didáctica" del conjunto, que tratará de acercar la figura del literato gallego a la población en general y, particularmente, a los jóvenes. La muestra, realizada gracias a una colaboración de la Xunta de Galicia, la Fundación Penzol, Merlín Comunicación y la Editorial Galaxia; reúne todo tipo de fondos documentales, objetos personales, manuscritos y primeras ediciones de la obra de Álvaro Cunqueiro.

En concreto, No niño novo do vento se estructura en cinco grandes apartados, que describen el universo de Cunqueiro a través de elementos como la reproducción de su escritorio de trabajo, la narración de su contexto histórico y vital o la exhibición de materiales empleados por el. Un espacio audiovisual reproduce asimismo distintos documentales, entrevistas y grabaciones de sus obras teatrales. En relación con su función didáctica, la exposición está compuesta por 16 paneles de textos informativos e imágenes en los que se hace un recorrido por la vida y obra de Cunqueiro. En ocho vitrinas se presenta además una selección bibliográfica de su obra gallega y castellana, además de traducciones a diferentes lenguas extranjeras, una pequeña recopilación de artículos periodísticos y una selección de prensa.

Durante la inauguración, el conselleiro de Cultura, Roberto Varela, ha elogiado la figura de Álvaro Cunqueiro y ha recordado que esta exposición se enmarca en los actos de conmemoración del centenario del nacimiento del escritor, del que ha destacado su "inigualable capacidad para la fantasía". "Nos acerca a un universo único en el que Galicia tienen un absoluto papel protagonista", ha indicado Varela, que ha atribuido a Cunqueiro la creación de una "auténtica mitología gallega" a través de sus obras. Al mismo tiempo, el conselleiro ha calificado la obra del literato de Mondoñedo de "universal, intemporal e imperecedera" y ha elogiado la "inagotable" producción de Cunqueiro.

Siguiendo un paralelismo con la propia vida de Cunqueiro, la exposición se instaló el pasado 15 de abril en el Auditorio Pascual Veiga de Mondoñedo, ciudad natal del literato, para trasladarse ahora a Compostela, donde Cunqueiro realizó sus estudios. Posteriormente, la muestra visitará también Ourense, Lugo, A Coruña, Pontevedra, Ferrol y Vigo.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Casa da Parra de Santiago de Compostela acolle ata o 26 de xuño a exposición itinerante No niño novo do vento. Cen anos con Álvaro Cunqueiro 1911-2011, coa que se conmemora o centenario do nacemento do escritor mindoniense mediante a mostra de todo tipo de fondos documentais, obxectos persoais, manuscritos e primeiras edicións das súas principais obras. O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, presidiu hoxe a presentación desta iniciativa que promoven a Xunta de Galicia, a Fundación Penzol e a Editorial Galaxia baixo o comisariado de María García Liñeira e Víctor F. Freixanes. Ao acto asistiron ademais o director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, Francisco López; o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares; o director xeral da Editorial Galaxia, Víctor F. Freixanes; e o representante da Fundación Penzol, Henrique Monteagudo.

No niño novo do vento estrutúrase en cinco grandes apartados, que describen o universo cunqueirano a través de elementos tan íntimos como a reprodución do seu escritorio de traballo, a narración biográfica no seu contexto histórico e vital ou a exhibición de materiais de grande valor tanto emocional como patrimonial. Un espazo audiovisual reproduce en vídeo distintos documentais, entrevistas e gravacións das súas obras teatrais; e dous computadores con pantallas interactivas permiten a consulta de datos, fotos e bibliografía. Editouse así mesmo, como material complementario, un catálogo sobre os contidos da exposición.

Segundo o conselleiro de Cultura e Turismo, a mostra No niño novo do vento “concédenos a oportunidade de pasear polo singular mundo que Cunqueiro creou e afondar nas raíces mesmas do noso país a través dos lentes do escritor de Mondoñedo”. “Neste Ano Cunqueiro no que estamos inmersos esta exposición e a mellor forma de festexar a perenne vixencia e modernidade dun dos meirandes escritores das nosas letras”, engadiu.

En palabras de Roberto Varela, “a lectura e a relectura de Cunqueiro, ademais do xenuíno pracer da literatura, achéganos un universo único, un universo no que Galicia ten o papel protagonista”. Varela mostrouse convencido de que Galicia “seguirá viaxando durante moitos anos na prosa e nos versos de Cunqueiro, porque a súa obra –como ocorre sempre cos autores orixinais e xeniais– é universal, intemporal e imperecedoira”.

NoticiaO titular de Cultura e Turismo afirmou que “a inigualable capacidade para a fantasía, sempre da man dunha amplísima cultura, fan de Cunqueiro un escritor inesgotable”. “A súa obra é –en conxunto– unha sorte de enciclopedia fantástica sobre Galicia e os galegos, aos que definía como homes e mulleres moi particulares: credores e máxicos, e, ao mesmo tempo, escépticos e racionalistas”, asegurou.

Cun afán eminentemente didáctico e accesible para todos os públicos, a exposición está composta por 16 paneis de textos informativos e imaxes nos que se fai un percorrido pola vida e a obra de Álvaro Cunqueiro. En 8 vitrinas preséntase unha selección bibliográfica da súa obra galega e castelá, ademais de traducións a diferentes linguas estranxeiras, unha pequena compilación dos seus artigos xornalísticos, e unha escolma de prensa sobre as distintas etapas da súa traxectoria.

Entre os obxectos que se poden atopar figuran galardóns, diplomas, os seus carnés de identidade e de xornalista, postais, correspondencia recibida dos seus amigos, axendas privadas, medallas, condecoracións, etc.

A parte máis identificativa da mostra é o espazo escenográfico realizado por Rodrigo Roel, que reproduce o estudio no que traballaba Cunqueiro nos anos 50 no seu Mondoñedo natal. Trátase de transmitir un efecto de intimidade dentro do ambiente de creación do escritor nunha das súas épocas máis produtivas, ao que contribúen as cartas a Paco del Riego ou os orixinais de Merlín e familia que pousan na mesa a carón da súa máquina de escribir. Tamén, diante do escritorio, están as figuras, en volume e a tamaño natural, de Merlín e Felipe de Amancia, dous dos seus personaxes máis populares.

No niño novo do vento inaugurouse o pasado 15 de abril no Auditorio Pascual Veiga de Mondoñedo e, despois da súa estadía en Compostela, ten previsto visitar ao longo de todo o ano Ourense, Lugo, A Coruña, Pontevedra e Ferrol, para acabar o seu percorrido en Vigo cunha instalación que ocupará a Fundación Penzol a finais de decembro.

Na Casa da Parra, a exposición, de acceso gratuíto, poderá ser visitada dende hoxe e ata o 26 de xuño, de martes a sábado de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 horas e os domingos de 11:00 a 14:00 horas.

Esta é primeira actividade do emblemático espazo expositivo da Xunta de Galicia ubicado na compostelá Praza da Quintana que se leva a cabo despois da súa incorporación á estrutura orgánica da Axencia Galega das Industrias Culturais, como resultado da reordenación de competencial interna emprendida pola Consellería de Cultura e Turismo.

R., 2011-05-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando así ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
Foto de la tercera plana (autopista-ap9.jpg) A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.

Notas

O próximo 12 de agosto a Península Ibérica vivirá un dos eventos astronómicos máis importantes do século: unha eclipse total de Sol. Pola súa posición xeográfica, a súa climatoloxía e a súa contorna histórica-monumental, a cidade de Lugo foi sinalada como un dos mellores destinos de toda Europa para contemplar este fenómeno na súa máxima plenitude.
A VIII edición do congreso da Sociedad de Estudios de Cerámica Antigua en Hispania (SECAH) está estes días celebrándose no campus de Ourense, cunha visita tamén a Lugo. A cita reúne a 80 especialistas de España e Portugal e conta cun programa formado por 50 relatorios e 35 pósters nos que se abordan as últimas novidades e proxectos neste eido de investigación.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES