Noticias

Lois Pereiro llega a los centros educativos gallegos a través de Letras Galegas 2011

El CEIP de Laredo y la Escola Superior de Arte Dramática de Galicia resultaron ganadores del Concurso-Exposición Letras Galegas 2011 que promueve la Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de la Xunta de Galicia y que permite acercar la figura del homenajeado Lois Pereiro a todos los centros escolares gallegos.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, entregaron os premios do Concurso-Exposición Letras Galegas 2011, que este ano recaeron no CEIP de Laredo, en Redondela, e na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. Os premios están organizados, un ano máis, pola Xunta de Galicia.

O conselleiro de Educación gabou o traballo realizado polos centros gañadores. “Coa base da obra e da vida do poeta de Monforte creastes unha realidade diferente, única e auténtica”, afirmou. “Os vosos traballos –engadiu– partiron da obra extraordinaria e inmortal de Lois Pereiro, que trata temas cruciais do ser humano, como a vida, os soños, o amor, a enfermidade ou a morte”.

Xesús Vázquez afirmou que estes temas da literatura universal se abordan “xeración tras xeración en diversas linguas, pero Lois Pereiro decidiu transmitírnolos en galego, na súa lingua creativa”. “Por iso –asegurou– a súa mensaxe nos chega máis directa e profundamente”.

Pola súa parte, Anxo Lorenzo destacou o labor dos equipos de dinamización da lingua galega dos centros de ensino. Neste sentido, asegurou que constitúen “un amplo tecido de dinamización lingüística que traballa desde hai anos no ensino con resultados moi positivos grazas a dúas características principais: que inciden na mesma poboación durante anos de maneira continuada e que o profesorado que está detrás dos equipos a miúdo ten unha implicación e un entusiasmo pola tarefa dinamizadora e pola tarefa educativa que soborda os límites do estrito deber”.

Por iso, “a secretaría xeral leva facendo un esforzo grande de recoñecemento, financiamento, orientación, coordinación e difusión do labor dos equipos que deu froitos especialmente positivos nos últimos anos”, declarou.

No acto de entrega de premios tamén participaron a delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Lucía Molares; o xefe territorial de Educación de Pontevedra, César Pérez, e mais o concelleiro de Cultura de Redondela, Eduardo Reguera.

Distribución dos carteis gañadores en todos os centros de ensino
Os grupos de traballo que realizaron as exposicións premiadas recibiron cadanseu diploma acreditativo e mais un premio en metálico por importe de 4.000 euros, nun acto celebrado esta mañá no CEIP de Laredo, en Chapela, Redondela. Os carteis gañadores foron distribuídos este mes das letras pola consellería en máis de 2.000 puntos de Galicia e do exterior, nos que se inclúen centros de ensino, centros de estudos galegos, centros da emigración, bibliotecas municipais e casas da cultura.

O departamento que dirixe Xesús Vázquez quixo sumarse á conmemoración do Día das Letras Galegas 2011 a través da convocatoria deste concurso-exposición que está dirixido a todos os centros de ensino non universitario de titularidade da consellería. Con esta iniciativa pretende impulsar o estudo da obra de Lois Pereiro entre o alumnado, favorecer a reflexión sociolingüística sobre o contexto en que viviu, impulsar a realización de actividades que fomenten a colaboración interdepartamental e que potencien a implicación activa do profesorado e do alumnado e enriquecer a oferta de materiais existentes en lingua galega.

R., 2011-05-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (costa-feira-2026.jpg) Sanxenxo volverá converterse este verán nun dos grandes referentes da música en directo en Galicia coa celebración da cuarta edición de Costa Feira, un evento que ofrecerá máis dunha decena de concertos e propostas musicais entre os meses de xullo e agosto no recinto do Polígono de Nantes. O ciclo arrancará o 24 de xullo con Wake Up! in Costa Feira e continuará o 28 de xullo e os días 4, 11 e 18 de agosto coa proposta Electrolatino, que reunirá artistas destacados neste xénero como Henry Méndez, Danny Romero, Jose de Rico, Anthony & Yeigo, Jay Santos, Marc Magán ou Mar Lucas.
Foto de la tercera plana (abril-cultura-camino.jpeg) Ponse en marcha a programación da 14ª edición de Cultura no Camiño, que este verán ofrecerá 316 espectáculos escénicos e concertos a cargo de 147 formacións artísticas en 87 concellos galegos situados nas diferentes rutas xacobeas. Trátase dunha proposta enmarcada na campaña Para gustos, cultura, que este ano chegará a 200 localidades con máis de 3.600 propostas. O calendario de Cultura no Camiño para este ano, que se abriu esta semana con paradas en Ribadumia, onde Marta Ortiz presentou Canta, Bugina, canta! na Escola Infantil, e en Miño coa proposta A maxia dos libros, do Mago da Boina e Nami, no Centro de Día, continuará hoxe de novo en Ribadumia con Donas do lugar, un espectáculo de narración oral a cargo de María da Pontragha.

Notas

O vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Roberto Bande, e a directora do Campus Terra, Marta Miranda, inauguraron este xoves 18, no edifico Cactus do Campus de Lugo, unha nova edición do Foro empresarial Galicia–Asia que xirou na súa primeira xornada arredor do ecosistema da saúde. Alimentación e lonxevidade, así como as posibilidades da robótica asistencial, foron outros dos aspectos abordados na reunión.
O transporte marítimo enfróntase a un dos grandes desafíos da súa transición enerxética: decidir que combustibles alternativos empregar nun contexto no que aínda existe pouca experiencia operativa e escasean os datos sobre o seu comportamento real. Metano, metanol, amoníaco ou hidróxeno aparecen como alternativas para reducir as emisións do sector, pero a súa implantación introduce novas incógnitas relacionadas coa seguridade, o almacenamento e a operación dos buques.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES