Noticias

Editan la obra completa de Lois Pereiro en edición bilingüe por el Día das Letras Galegas

La Consellería de Cultura e Turismo y Libros do Silencio coeditan la obra completa del poeta Lois Pereiro, homenajeado este año en el Día das Letras Galegas, para conmemorar la figura de este "clásico contemporáneo" de la literatura universal que fue el "bardo de una generación que contribuyó como pocos a la lírica" autóctona, en palabras del titular autonómico del ramo, Roberto Varela.

La biblioteca de la Ciudad de la Cultura fue el escenario de presentación de esta edición conmemorativa sobre el autor monfortino, que se enmarca en una serie de iniciativas editoriales y actividades planificadas por la Xunta de Galicia con motivo del Año das Letras dedicado a Pereiro.

El primero de ellos, Obra completa. Edición bilingüe de Lois Pereiro, recorre la trayectoria del autor a lo largo de sus 750 páginas, con prólogo de Pere Gimferrer, introducción de Xosé Manuel Pereiro (hermano del homenajeado) y traducido por Daniel Salgado. La publicación incluye los libros 'Poemas para una loia', 'Poemas 1981-1991', 'Poesía última de amor y enfermedad' (1992-1995), 'Náufragos del paraíso', 'Modesta proposición para renunciar a hacer girar la rueda hidráulica de una cíclica historia universal de la infamia' y 'Conversación ultramarina'. Asimismo, impulsan junto a la editorial Small Station la compilación 'Lois Pereiro Collected Poems' en lengua inglesa, traducido por el prestigioso Jonathan Dunne y que abarca su obra elaborada entre el 81 y el 96. La tercera de las publicaciones es la novela gráfica 'Breve encontro', centrada en al vida y obra del poeta monfortino y elaborada por "uno de los creadores gráficos gallegos más importantes del momento", Jacobo Fernández Serrano, y coeditado con Edicións Xerais.

Durante el acto de presentación de esta aportación editorial "espectacular", el director xeral do Libro, Francisco López, ha enmarcado esta acción en un intento de "tratar de difundir la obra" de Lois Pereiro a los diferentes públicos, tanto gallego, como español e inglés. Por su parte, el titular de Cultura y Turismo, Roberto Varela, se ha referido a estas publicaciones como una serie de volúmenes "necesarios" para las letras que, "15 años después" del fallecimiento del poeta monfortino, ofrecen su obra íntegra "como un icono de modernidad" de la literatura gallega. Asimismo, Gonzalo Canedo, editor de Libros do Silencio, ha agradecido la "llamada" del Gobierno gallego para impulsar estas ediciones, para trasladar su predisposición a que sea "la primera de una serie dedicada a autores gallegos".

Parafraseando a Manuel Rivas, Roberto Varela ha recordado a Pereiro, "heredero" de Uxío Novoneyra, Manuel Antonio y Rosalía de Castro, como "el clásico que la literatura gallega tiene, sin saberlo". "Creo que Galicia ya lo sabe", ha puntualizado el mandatario autonómico, ante el movimiento social generado alrededor de su figura. "Una vez que se lee sus versos, resultan imposibles de olvidar", ha considerado Varela, quien manifestó su preferencia personal por 'Poesía última de amor y enfermedad', un "ejemplo de honradez" a veces "desgarrada". Un ejemplo, prosigue Varela, de como "extraer arte de la permanente amenaza de la muerte" y que "simboliza la vitalidad" de la creación gallega, de "lucidez universal" y que habla "con voz muy clara de sentimientos que no conocen ningún tipo de fronteras".

Xosé Manuel Pereiro, periodista, escritor y hermano del poeta monfortino, agradeció el "esfuerzo" por celebrar un día das letras "raro y sorprendente", ante unas circunstancias económicas "que no son para facturas". Así mismo, ha reivindicado la figura de su hermano como "alguien bastante consciente de que la posterioridad le iba a tratar mejor que el presente", y ha destacado la conmemoración de las Letras Galegas como una festividad "que no tiene similitud en ninguna cultura".

Entre las actividades programadas por la Xunta a través de las Consellerías de Cultura e Turismo y Educación e Ordenación Universitaria, se encuentra una instalación multimedia itinerante que recorrerá varias bibliotecas gallegas y que rinde homenaje de un modo "dinámico e innovador" a la vida y obra del autor monfortino. Colaboran, además, con la celebración del espectáculo escénico 'Mundo Lois', una idea original de Antón Reixa e interpretada por Lino Braxe y Antela Cid, que se representará el próximo 17 de mayo en el Salón Teatro de Santiago de Compostela. Del mismo modo, la Consellería mantiene su apoyo a la web 'http://loispereiro.blogaliza.org/' como lugar de referencia para las personas interesadas en su figura para buscar los contenidos propios e inéditos.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Cidade da Cultura de Galicia acolleu a presentación dos libros ‘Lois Pereiro. Obra completa [ed. bilingüe]’ e ‘Lois Pereiro. Collected Poems, editados en homenaxe ao poeta monfortino con motivo do Día das Letras Galegas 2011. O acto, celebrado na Biblioteca de Galicia, contou coa participación do conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela; o director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, Francisco López; o editor de Libros del Silencio, Gonzalo Canedo; e o xornalista Xosé M. Pereiro. Na súa intervención, o conselleiro Roberto Varela definiu a Lois Pereiro como “un clásico moderno, un grande da nosa lírica –digno herdeiro de Rosalía, Manuel Antonio ou Novoneyra–, é un dos mellores poetas europeos das últimas décadas”.

En palabras do conselleiro, Lois Pereiro foi “un poeta capaz de extraer arte da permanente ameaza da morte, ou, o que é o mesmo, foi quen de facer agromar a beleza combatendo a dor”. Para Roberto Varela, Lois Pereiro pode cualificarse como “o bardo dunha xeración enteira de galegos e contribuíu como poucos a renovar a lírica da nosa terra”. Asemade, o responsable de Cultura e Turismo afirmou que a obra de Pereiro é “universal, porque fala con voz moi clara de sentimentos que non coñecen fronteiras: a vida, o amor, a enfermidade, a dor, a morte”.

Segundo o conselleiro, o volume bilingüe presentado hoxe, prologado por Pere Gimferrer e traducido por Daniel Salgado, e a edición en inglés, que conta coa tradución de Jonathan Dunne, son “unha mostra do compromiso da Xunta de Galicia coa difusión da obra de Lois Pereiro”. A edición destes dous libros, máis a próxima publicación da novela gráfica Breve encontro sobre a vida de Pereiro, a exposición itinerante interactiva que achega a figura do escritor polas bibliotecas de toda Galicia, a colaboración co espectáculo escénico Mundo Lois, e a participación na páxina web oficial do autor enmárcase, segundo Varela, “no conxunto de iniciativas que estamos a levar a cabo neste 2011 para celebrar a Lois Pereiro”.

Neste sentido, Roberto Varela sinalou como “un privilexio” para a Consellería de Cultura e Turismo “poder contribuír a espallar o legado de Lois Pereiro, en Galicia e no resto do mundo, porque a súa obra, escrita integramente en galego, é unha obra de linguaxe e lucidez universal”. “Queremos sumarnos á homenaxe ao poeta co convencemento de que a mellor forma de facelo é axudar a que a súa obra sexa coñecida, lida e estudada, e coido que é de xustiza que nós recoñezamos e divulguemos a absoluta beleza da obra que el nos legou”, engadiu.

A Consellería de Cultura e Turismo co obxectivo de difundir a obra do poeta monfortino participa na edición de tres libros sobre a súa vida e obra. O primeiro deles é a Obra completa. Edición bilingüe de Lois Pereiro, coeditada con Libros del Silencio, co prólogo de Pere Gimferrer, cunha introdución de Xosé Manuel Pereiro, e a tradución ao castelán de Daniel Salgado. As fotografías do autor de cuberta e interior son de Vari Caramés e Nacho Santás, e a ilustración da cuberta de Antón Patiño. Esta obra de 750 páxinas inclúe os libros Poemas para una loia, Poemas 1981-1991, Poesía última de amor y enfermedad (1992-1995), Náufragos del paraíso, Modesta proposición para renunciar a hacer girar la rueda hidráulica de una cíclica historia universal de la infamia y Conversación ultramarina.

A Xunta de Galicia xunto a editorial Small Stations coeditan a Lois Pereiro Collected Poems, en lingua inglesa. A tradución realizouna Jonathan Dunne, tradutor de gran prestixio e cunha sólida traxectoria no mundo anglófono. Este volume recolle os tres poemarios legados polo poeta: Poemas 1981-1991 (1992), Poesía última de amor e enfermidade (1995) e Poemas para unha Loia (publicado postumamente, en 1996). Segundo a descrición do propio Jonathan Dunne, “son 110 poemas que revelan ao lector de fala inglesa o mundo poético de Lois; el xa era universal, a edición inglesa só serve para confirmar este feito”.

A terceira publicación é Breve encontro, unha novela gráfica sobre a vida e a obra do poeta, realizada por un dos creadores gráficos galegos máis importantes do momento, Jacobo Fernández Serrano, e en coedición con Edicións Xerais de Galicia.

A Xunta de Galicia, a través das Consellerías de Cultura e Turismo e de Educación e Ordenación Universitaria xunto ao equipo de Ouvirmos, organizan polas seis bibliotecas nodais e os centros escolares de Galicia a itinerancia dunha instalación multimedia sobre Lois Pereiro que rende homenaxe ao poeta monfortino e permite achegarse dun xeito dinámico e innovador á vida e á obra do autor. Un gran muro estático, de 2 metros de alto e 3,5 de ancho, mostra unha liña temporal cos fitos principais da biografía de Lois Pereiro e textos explicativos das súas diferentes etapas vitais. Dúas pantallas incrustadas no muro exhibirán en continuo preto de cen fotografías pertencentes ao álbum familiar do poeta. A exposición inclúe unha pantalla multitáctil de 46” que presenta un programa interactivo, dinámico e sensible á manipulación con dedos e xestos, que consta de catro apartados: ‘Fotobiografía’, ‘A voz do poeta’, ‘Xogando coas palabras’ e ‘A música’.

A Consellería de Cultura e Turismo colabora na celebración do Día das Letras Galegas 2011 no espectáculo escénico Mundo Lois, unha idea orixinal de Antón Reixa interpretada por Lino Braxe e Antela Cid. A obra, que pretende universalizar o coñecemento de Lois Pereiro, reperesentarase o vindeiro martes 17 no Salón Teatro. En virtude desta colaboración, a versión audiovisual do espectáculo será exhibida en bibliotecas públicas, centros de ensino e casas de cultura.

Do mesmo xeito, a Consellería de Cultura e Turismo mantén o seu apoio á páxina web oficial de Lois Pereiro: http://loispereiro.blogaliza.org/, un lugar de referencia onde as persoas interesadas na súa obra e biografía poden procurar os contidos propios e inéditos sobre a súa figura. Tamén pode ser utilizada como plataforma de visualización en directo de eventos relevantes vencellados á homenaxe do escritor mediante a técnica de emisión en streaming.

R., 2011-05-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (castelao-isaacdiazpardo.jpg) 'Castelao. Mirar por Galicia' incluirá unha experiencia inmersiva con videoproxección cúbica: un resumo do periplo vital e creativo de Castelao, relatado en primeira persoa, que presentará tamén unha selección de obras dotadas de vida mediante técnicas de animación 3D e intelixencia artificial nunha recreación artística do seu espírito creativo. Ademais, estase a realizar un traballo de recreación da voz do intelectual, da que se conserva un único rexistro sonoro: a mensaxe que gravou en fonopostal na Central de Correos de Bos Aires, co gallo da estrea de Os vellos non deben de namorarse en Montevideo en 1941, conservada no Arquivo Sonoro de Galicia do Consello da Cultura Galega. O arquivo someteuse a un depurado do son para, a continuación, adestrar unha intelixencia artificial para reproducir con fidelidade o timbre, entoación e textura da voz.
Foto de la tercera plana (teatro.jpg) Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas, e Hamlet, de William Shakespeare, serán as producións centrais do Centro Dramático Galego para a próxima temporada 2025-2026, na que porá o foco nos clásicos tanto galegos como universais. A unidade teatral acaba de lanzar a convocatoria do proceso de selección dos 23 intérpretes destes espectáculos, que teñen prevista a súa estrea para o primeiro semestre de 2026. Das prazas convocadas, sete corresponden ao elenco da adaptación teatral do emblemático libro de Xosé Neira Vilas, para o que o CDG contará na dramaturxia e dirección con Cándido Pazó. Da súa man, o personaxe de Balbino volverá cobrar vida nunha proposta evocadora que combinará teatralidade e poesía.

Notas

Como cada mes de xuño desde hai catro anos, a Universidade de Vigo convértese durante dous días no punto de encontro de especialistas nacionais e internacionais nos eidos da nanociencia, a nanomedicina e a nanoquímica, co gallo da celebración do The Thinking Institute. Este mediodía arrancou no edificio de Ciencias Experimentais do campus universitario de Vigo a cuarta edición deste encontro científico internacional, impulsado polo catedrático e investigador Luis Liz Marzán co apoio do Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da UVigo (CINBIO).
Desde o luns ata o venres 6, máis de 900 profesionais da Ciencia Ecolóxica procedentes de máis de 100 institucións de 20 países diferentes participan en Pontevedra no III Congreso da Sociedade Ibérica de Ecoloxía (SIBECOL) e o XVII Congreso Nacional da Asociación Española de Ecoloxía Terrestre (AEET). Este ano, desenvólvense coa colaboración das Universidades de Santiago e de Vigo, o CSIC, a Misión Biolóxica de Galicia, o Concello e a Deputación de Pontevedra.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES